Corona-Bíos xurde como proxecto persoal de autoterapia para facer máis levadeiras as miñas horas de confinamento a causa do Coronavirus e reflexionar en clave de humor e sentido crítico sobre todo o que está ocurrindo nestes meses de crise.
Ao inicio da corentena, comencei a compartilas na miña conta de Instagram, publicando unha media de entre 3 e 6 viñetas diarias. Ao pouco de facer isto, algúns amigos e seguidores comenzaron a preguntar se pensaba reunilas nun libro, e aquí estamos.
Corona-Bíos aspira agora a ser un libro a modo de memoria gráfica en clave de humor da crise do COVID-19, editado en galego e en castelan.