Ata que os Mares Sequen
Unha Escocia en Clave Galega
Gago, Manuel
Ata que os mares sequen é un libro sobre Escocia para ler antes de consultar as guías... ou despois de esquecelas. Un ensaio literario que reivindica o Atlántico como espazo compartido e propón unha ollada adulta, crítica e contemporánea, máis alá dos mitos románticos do século XIX, sobre quen somos cando nos miramos desde a outra beira do mar.A través de paisaxes húmidas, músi...
Sinopsis
Ata que os mares sequen é un libro sobre Escocia para ler antes de consultar as guías... ou despois de esquecelas. Un ensaio literario que reivindica o Atlántico como espazo compartido e propón unha ollada adulta, crítica e contemporánea, máis alá dos mitos románticos do século XIX, sobre quen somos cando nos miramos desde a outra beira do mar.
A través de paisaxes húmidas, músicas comúns, vellos relatos e episodios esquecidos da historia europea, Manuel Gago percorre Escocia no espazo e no tempo para explorar as profundas resonancias culturais, históricas e emocionais entre Galicia e o mundo atlántico. Escocia non aparece aquí como un lugar exótico, senón como un territorio sorprendentemente familiar, que nos devolve preguntas incómodas sobre identidade, memoria, poder e futuro.
Comentarios
Sé el primero en comentar este libroArtículos relacionados
Otros libros del autor