Saltar al contenido principal
As Obras Postumas

As Obras Postumas

Premio Blanco Amor de Novela 2024

Giraldez, Diego

Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á venta do seu cuarto. Mais o vínculo d...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Año de edición:
2025
ISBN:
978-84-1110-693-1
Páginas:
128
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
17,50 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra póstuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompaña algunhas pasaxes da súa vida e, sobre todo, a súa particular relación co centro psiquiátrico San Simeón, que contemplou dende pequena asomada á venta do seu cuarto. Mais o vínculo de Pilar co centro non é de simple veciñanza, senón que vai moito máis lonxe do esperado. Nin ela mesma imaxinou nunca que a conexión coas persoas que o habitan chegaría a ser tan poderosa. Entre o realismo máxico e a dúbida constante de canto é froito da memoria, Diego Giráldez guía os nosos pasos a través dun relato cargado de sensibilidade pero tamén de frescura. Acompáñanos ata unha casa vella chea de mobles protexidos por sabas que imos retirando para descubrir os estragos do paso do tempo.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

O Teito e de Pedra

O Teito e de Pedra

Alonso, Alex

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

«Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da em...

19,95 €
A Inquilina de Wildfeld Hall

A Inquilina de Wildfeld Hall

Bronte, Anne

Rinoceronte Editora

A mansión de Wildfell Hall recibe unha nova inquilina, unha misteriosa muller chamada Helen Graham, acompañada polo seu fillo pequeno. A chegada desta habitante desata todo tipo de rumores entre a veciñanza. Grazas ás páxinas do seu diario, que chega ás mans do seu namorado, Gilbert Markham, coñeceremos o pasado turbulento do que fuxiu a protagonista.Presentada a miúdo como unh...

22,00 €
O Albatros Negro

O Albatros Negro

Oruña, María

Edicions Do Cumio, S. a.

O albatros negro de María Oruña presenta unha trama de misterio e suspense ambientada en Vigo, unha cidade que, co seu mar e a súa historia, se converte nun personaxe máis da narración. A autora entrelaza o presente e o pasado nunha investigación que conecta un crime recente con feitos do pasado, guiando os lectores a través dunha serie de pistas que os levarán a descubrir segr...

24,95 €
Os Médicos Tamén Enferman

Os Médicos Tamén Enferman

Noriega Sánchez,Martiño

Alvarellos Editora

O ex-alcalde de Santiago e Teo, Martiño Noriega, publica Os médicos tamén enferman (Alvarellos Editora), unha crónica persoal onde relata o seu regreso á Medicina despois de doce anos na política activa. Escrito entre 2021 e 2024, este libro permítenos descubrir directamente o sentir dun médico no duro contexto da sanidade pública nestes anos, mais tamén está inspirado nas voce...

16,90 €
Birken

Birken

Alfonsin, Diego

Editorial Galaxia, S. a.

Birken só quere saber onde comezan e onde acaban as preguntas, por iso pon os signos de interrogación ao comezo e ao final. Birken quere saber por que os holandeses si e os galegos non. Birken acaricia as árbores da horta coma se fosen seres queridos. Durante unha viaxe en tren, recoñece un antigo compañeiro da facultade no mesmo vagón e descobren que van visitar a mesma exposi...

15,20 €
Ata que a Morte nos Separe

Ata que a Morte nos Separe

Gallego Abad, Elena

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural do «Xacobus», un cruceiro deseñado para proporcionar unha experiencia única aos pasaxeiros de alto nivel económico que buscan facer a ruta marítima do Camiño de Santiago sen renunciar a todo luxo de comodidades. Entre a selecta pasaxe, parten de Vigo unha parella multimill...

20,50 €

Otros libros del autor

Nas Horas Do Seu Reloxo:unha Viaxe de Antonio Palacios

Nas Horas Do Seu Reloxo:unha Viaxe de Antonio Palacios

Giraldez, Diego

Editorial Galaxia, S. a.

Antonio Palacios viaxa en tren de Madrid a Galicia na última etapa da súa vida, acompañado pola súa parella, Adela Ramírez. O arquitecto leva varios cadernos de debuxo que lle farán rememorar lembranzas da súa vida e da súa traxectoria profesional. Son unha segunda pel enchida de tatuaxes da que o escritor, Diego Giráldez, se vale para achegarnos a figura de Palacios dun xeito ...

23,10 €
Xulia e As Cóxegas Das Nubes

Xulia e As Cóxegas Das Nubes

Giráldez, Diego

Aira

Xulia decidiu nacer antes do previsto. Xusto o día que ficou sen electricidade a TurboBarloventa, a máquina que fabrica nubes de vida. Haberá algo que a poida substituír ...

16,00 €
O Meu Sangue

O Meu Sangue

Giraldez, Diego

Editorial Galaxia, S. a.

Empatizarías con alguén que humilla o teu sangue? Ata onde serías capaz de chegar para defender o que máis queres?Para David Ledesma, que soña con ser un escritor de éxito de novela negra, un disparo ridículo nunha perna é o colofón da súa vida con Belén e o comezo dunha relación tráxica con María. A partir de aquí, o protagonista mergúllase nunha trama onde a violencia, a mald...

17,20 €

Otros clientes también compraron

Punto de Araña

Punto de Araña

Pallares, Nerea

Editorial Galaxia, S. a.

Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo. Fartas do egoísmo dos homes anfibios e au...

17,35 €
Illa de Sangue (Premio Narrativa Breve Repsol 2025

Illa de Sangue (Premio Narrativa Breve Repsol 2025

V. Valiña, Carmen

Editorial Galaxia, S. a.

Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulía a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucía e María, que...

18,50 €