Saltar al contenido principal
Afásia

Afásia

Cordal Fustes, Xabier

Terceira entrega en solitario de Xabier Cordal nunha obra que pon de manifesto o avance nos recursos literarios por parte dun dos máis prolíficos poetas da xeración dos 90. Unha fervenza de palabras, imaxes, vivencias disfrazadas, de palabras (re)coñecidas no mundo interior de quen procura saber -saborear- o pasado para avanzar nun novo camiño que, rompendo as propias palabras,...

Editorial:
Baía Edicións
Año de edición:
1997
ISBN:
978-84-89803-03-9
Páginas:
120
Encuadernación:
Otros
Colección:
Baía Branca
3,01 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Terceira entrega en solitario de Xabier Cordal nunha obra que pon de manifesto o avance nos recursos literarios por parte dun dos máis prolíficos poetas da xeración dos 90.



Unha fervenza de palabras, imaxes, vivencias disfrazadas, de palabras (re)coñecidas no mundo interior de quen procura saber -saborear- o pasado para avanzar nun novo camiño que, rompendo as propias palabras, as propias vivencias, sitúa ao viaxeiro, no que todas e todos nos podemos ver reflectidos, na dificultade de recuperar as pantasmas e os seres máis queridos do seu percorrido vital.



se o poema



anda con traballo



pola grava de pedra preciosas.

Artículos relacionados

Polos Fíos Da Memoria

Polos Fíos Da Memoria

Castro García, Matilde

O Bidueiro

iniciamos a colección con este pequeno libro de poemas que revisitan a paisaxe da guerra civil desde o relato dunha nai peneirado pola ollada dunha filla pequena, nunha linguaxe poética diáfana e agudamente contemporánea.Matilde Castro é unha poeta de Fene. A súa chegada (con outra xente) á directiva do CMI-Unidade propiciou a transformación do Premio Pérez Parallé no certame d...

10,00 €
Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
O Patio

O Patio

Eduardo Estévez / Marga Crespo

O Bidueiro

este libro é o froito do encontro de dúas maneiras moi diferentes de mirar o mundo que se encontraron por casualidade e comezaron a construír sen ter moi claro onde ir (como sucede case sempre).Marga Crespo é unha artista galega-arxentina. Naceu en Chacabuco, provincia de Buenos Aires, en 1960. Vive e traballa en Compostela desde hai moitísimo tempo. Pódese ver información sobr...

15,00 €
Calixe

Calixe

Sara Plaza / Blado Ramos

O Bidueiro

o segundo título da colección "folla de bido" é a primeira parte do intercambio poético entre dúas voces que, por camiños moi diferentes, teñen xa un lugar de relevo na poesía galega contemporánea. Son, ademais, dúas persoas moi queridas para a nosa casa.Sara Plaza, gañadora do Premio Pérez Parallé en 2020 co vibrante todos os pasos fan ruído leva desde aquela tecendo unha voz ...

14,00 €
Desenfundo a Pistola

Desenfundo a Pistola

Alfaya, An

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permane...

18,00 €

Otros libros del autor

A Vella Peneira a Noite

A Vella Peneira a Noite

Cordal Fustes, Xabier

Baía Edicións

Dinos o autor, a xeito de explicación do que podemos atopar coa lectura deste poemario que percorre as veas dunha biografía, que nalgunhas rexións, coa frase esta noite peneirou a vella, dise da xeada que caeu sobre o campo, á mañá. No escurecer, se o día esta calmo, saio para vela. O poeta percorre o seu mundo físico próximo, recorda a amizade e o espazo vital dos seus prime...

9,95 €