Saltar al contenido principal
A Voz Das Anemones

A Voz Das Anemones

Esteban Sanesteban

A voz das anemones é sobre todo un canto á vida. Os poemas deste poemario foron nacendo aos poucos e algúns afástanse entre eles ata en máis dunha década. O seu lento abrollar esténdese sobre unha época de metamorfose: a maduración do autor que vai deixando atrás o neno que foi, preocupado por perderse a si mesmo no camiño. A procura do sentido percorre tanto os pequenos detall...

Editorial:
Medulia Editorial S. l.
Año de edición:
2024
ISBN:
978-84-10324-32-9
Páginas:
56
14,90 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

A voz das anemones é sobre todo un canto á vida. Os poemas deste poemario foron nacendo aos poucos e algúns afástanse entre eles ata en máis dunha década. O seu lento abrollar esténdese sobre unha época de metamorfose: a maduración do autor que vai deixando atrás o neno que foi, preocupado por perderse a si mesmo no camiño. A procura do sentido percorre tanto os pequenos detalles dos días como as experiencias máis intensas e transcendentais que nos cambian para sempre. O primeiro amor e o desamor; o sabor do fracaso e a frustración que acompaña un presente diferente ao soñado; a denuncia social; a morriña; a familia, a amizade e o amor tranquilo; a fraxilidade extrema e a falta de control do destino; a morte, o medo e a enfermidade; a empatía e a dor, todos eles arremuíñanse nestes versos sobre un mar omnipresente que o calma todo, onde en silencio as voces das neuronas e das anemones atópanse nun canto catártico

Artículos relacionados

Nu 63

Nu 63

Vázquez Liste, José

Coma ben di no Limiar Suso Bahamonde "Espirse no inverno é duro" e aínda así "Escribo en primeira persoa" dende o convencemento de que "Este é un xardín de augas excarceradas", un remanso de "Pozas primaverais onde baixan beber tódalas sedes".Mais ese recendo de "Roupa branca e lenzaría vermella no único caixón da casa" acende a "Lava orgástica derretida no padal dos desexos" e...

13,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €

A Virxe Do Cristal

A Virxe Do Cristal

Curros Enriquez, Manuel

Unha das máis enigmáticas lendas galegas revive nesta coidada reedición d´"A Virxe do Cristal", un dos poemas narrativos máis emblemáticos e conmovedores de Manuel Curros Enríquez.Entre o misterio, a tradición popular e a forza da paisaxe galega, este libro mergúllanos nun universo onde o sabrado e o humano se entrelazan nun delicado equilibrio. ...

12,00 €

Sempre Lela

Sempre Lela

Piñeiro, Esther

Os poemas deste novo libro, Sempre Lela, seguen a liña do poemario anterior Anacos dunha vida, volvo a reflectir as experiencias da vida, coas súas tristuras, desencantos e ledicias, momentos con sentimento e tamén inquedanzas sobre a Nosa Terra, a emigración e a decadencia da nosa marabillosa lingua. ...

12,00 €