Saltar al contenido principal
A Vixilia Do Bosque

A Vixilia Do Bosque

Álvarez Torneiro, Manuel

Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito. Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que o bosque flota entre o sono e o real agasallándolle epifanías a quen ten os sent...

Editorial:
Kalandraka Editora, S. l.
Año de edición:
2024
ISBN:
978-84-19213-51-8
Páginas:
88
Encuadernación:
Rústica
15,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito. Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que o bosque flota entre o sono e o real agasallándolle epifanías a quen ten os sentidos alerta: é dicir, o poeta e, canda el, nós, os seus lectores. E os versos que Torneiro mediu pacientemente na báscula de precisión da Idea póñense ao servizo da Vida. E instálannos na festa da fala, e dispóñennos para a loita contra o esquecemento, e comprométennos á fin coa defensa da beleza necesaria. Axúdannos así a rectificar, ao abeiro da lectura e co guieiro da mellor poesía, a eternidade e un día da nosa condena a ser homes e mulleres, transformándoa, celebrativamente, no agasallo da eternidade e un día de sermos mulleres e homes únicos e irrepetibles. Na vixilia do bosque, territorio do soño, república da palabra. Coa dose xusta da harmonía posible.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Peixes de Luz

Peixes de Luz

Ferradáns, Miriam

Kalandraka Editora, S. l.

Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o c...

15,00 €
Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
Desenfundo a Pistola

Desenfundo a Pistola

Alfaya, An

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permane...

18,00 €
Douche o que Non Teño

Douche o que Non Teño

Ferreiro, Mar

Medulia Editorial S. l.

: Alén disto, prégolles aos lectores e lectoras que se deteñan nestas páxinas con todo o cariño e admiración que merecen, que escoiten as palabras de Yeats no seu poema "Ofrenda": "E se eu tivese o pano brocado dos ceos, entretecido con luz de ouro e prata, o pano azul-escuro, tebr...

14,90 €
50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Alvarellos Editora

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Otros libros del autor

Travesia del Conocimiento

Travesia del Conocimiento

Álvarez Torneiro, Manuel

Kalandraka Editora, S. l.

Como Manuel Ávarez Torneiro sabía muy bien, el auténticolegado de un poeta no son las palabras rimbombantes nilas grandes arquitecturas estilísticas, sino el logro defosilizar lo esencial y, gracias al lenguaje, dotarlo de eternidad.Y así lo hizo en ?Travesía del conocimiento?, su último librode poemas en castellano. Una obra en la que los versosdialogan con su otra faceta crea...

15,00 €
Clave de Bóveda

Clave de Bóveda

Álvarez Torneiro, Manuel

Faktoria K de Libros, S. a.

Este novo libro de Manuel Álvarez Torneiro, inédito e póstumo, é un agasallo que lles deixa o seu autor aos amantes da palabra. Tamén nesta obra volve ofrecer -algo propio dun servo da belezabálsamos para a alma. A súa é unha poesía contra a memoria dunha infancia rota, contra a fame de soños e de pan, contra os océanos da fatalidade e contra o medo que arrefría o corazón. É as...

15,00 €