Saltar al contenido principal
Á Mesa

Á Mesa

Grupo Oportunista de Drama

Santiago, Carlos / Paredes, Zé / Gayo, Clara / G.o.d. Flavia Antonia

O encontro feliz no 2019 entre o Teatro do Pichel e o Grupo Oportunista de Drama "G.O.D Flavia Antonia", integrado pola dramaturga Clara Gayo e os dramaturgos Carlos Santiago e Zé Paredes, tivo como froito a presente peza, estreada o 27 de Xuño do mesmo ano na sala do Centro Social Gentalha do Pichel, en Santiago de Compostela. A procura dunha escrita performativa na que non fo...

Editorial:
Edicións Positivas, S. l.
Año de edición:
2023
ISBN:
978-84-126233-8-3
Páginas:
54
Encuadernación:
Rústica
8,00 €
IVA incluido
Reservar
Añadir a favoritos Avisar disponibilidad

Sinopsis

O encontro feliz no 2019 entre o Teatro do Pichel e o Grupo Oportunista de Drama "G.O.D Flavia Antonia", integrado pola dramaturga Clara Gayo e os dramaturgos Carlos Santiago e Zé Paredes, tivo como froito a presente peza, estreada o 27 de Xuño do mesmo ano na sala do Centro Social Gentalha do Pichel, en Santiago de Compostela. A procura dunha escrita performativa na que non fosen determinantes os condicionalismos da personaxe, historia, circunstancia, ou xénero, aliouse coa vontade de reducir ao absurdo o propio acto creativo. Dúas foron as premisas asumidas para despregar as velas do espectáculo: unha mesa e dez persoas. A mesa converteuse así na única protagonista garantida nun xogo escénico no que as identidades loitan por definirse sen descanso, con incertos resultados mais cómicos efectos colaterais. A propia peza é un enigma que nin sequera o sadismo autoral, sempre pronto a someter actrices e actores a un guión infame, é quen de resolver.
A peza constituíu deste xeito a sétima produción do Teatro do Pichel, proxecto nacido en 2012 como parte do programa cultural do CS do Pichel, impulsado por Zé Paredes no papel de director escénico. Textos de Luisa Costa Gomes, Alfred Jarry, Clara Gayo ou o propio Zé Paredes, foron conformando o soño de dotar ao centro social, con sede en Santa Clara, dunha compañía de teatro amador capaz de sosterse no tempo e ofrecer ao público picheleiro unha alternativa teatral radicalmente contemporánea. O elenco desta nova produción está integrado por: Andrea Freire, Fernando "Fumaces", Olalla G.R., Maca Igrejas, Nuria Lestegás, Isa Mordía, Raquel Paz, Eva Ramos, Xoan Reices e Paz Romai, con direcciõn de Zé Paredes.
A presenza no mesmo barrio compostelán do G.O.D Flavia Antonia, con sede oficial nunha mesa do Café Bar Trece, e que toma o nome da mística galega Flavia Antonia de Andrade, fundadora do veciño convento carmelita do Carme de Arriba, veu acrecentar ao proxecto a súa propia singularidade como colectivo creativo e inconformista. Iniciado por Clara Gayo, Zé Paredes e Carlos Santiago, na secuencia do nacemento da Asociación de Dramaturxia Galega DRAMATURGA, como un espazo de reflexión e creación teatral con base en Compostela, o Grupo Oportunista de Drama definiuse axiña como resposta perante a precariedade do propio oficio dramático, e apelación activa á cooperación, o intercambio e a experimentación conxunta. Acto de Hixiene, peza de teatro breve estreado na Regadeira de Adela en 2018, ou o recital Crónica dos Poetas Suicidas, realizado en 2018 dentro do I Festival "Alguén que respira!", foron os seus primeiros traballos, completados agora por Á Mesa!, a súa primeira peza teatral de longa duración.

Artículos relacionados

Obra Dramática Inédita en Castelán

Obra Dramática Inédita en Castelán

Otero Pedrayo, Ramon

Manuel F. Vieites achéganos tres textos dramáticos inéditos de Ramón Otero Pedrayo —Clara, Helena e La madreselva — escritos en castelán, onde, cando menos un deles, antecede o comezo da súa carreira literaria en lingua galega, cara a 1929, e supoñen o inicio da súa traxectoria como escritor. ...

18,50 €

Tú que Bailas con la Muerte

Tú que Bailas con la Muerte

Uzcanga Meinecke, Francisco

Anita Berber tuvo una personalidad poliédrica y difícilmente clasificable: innovadora bailarina expresionista, actriz talentosa, provocadora incorregible, protofeminista, adicta a las drogas, víctima de la sociedad de su época o estandarte tempranero de lo queer... Lo que sí está claro es que su corta vida —murió a los 29 años— y sus bailes la convirtieron en una representante ...

19,90 €

El Bibliófilo Enamorado

El Bibliófilo Enamorado

Alexis, Martin

Aglaüs tiene dos amores: los libros y Margot. Cuando un famoso tratado de cocina -un libro tan bello y raro que, se dice, es capaz de devolver el hambre a las personas- es robado en la casa del vecino, las sospechas recaen sobre Aglaüs, apasionado de los libros. Alexis, alcalde del pueblo de Madrid y padre de Margot, quiere recuperar el tratado, impartir justicia muy a su maner...

12,00 €

Todo Ubú

Todo Ubú

Jarry, Alfred

El gran ciclo de Ubú se compone de las obras: Ubú, rey, Ubú encadenado, Ubú cornudo y Ubú en la colina. La presente edición, a cargo de Julio Monteverde .la más completa hasta la fecha en lengua castellana. recoge todas estas obras en una nueva traducción, y suma otros documentos inéditos y esenciales, como por ejemplo los dos «Almanaques», por primera vez traducidos íntegramen...

29,90 €

Khôra (I Premio Castelao de Textos Teatrais 2026)

Khôra (I Premio Castelao de Textos Teatrais 2026)

Baños De Cos, Jose Luís

Noa e Enzo mercan un modesto piso en Vigo a onde trasladan as reunións que, cada venres, manteñen co seu grupo de amigos. A través destes encontros, descubrimos a realidade de toda unha xeración: a dificultade de acceder a unha vivenda digna, o significado do fogar, as viraxes ideolóxicas e a transformación das nosas cidades en lugares cada vez menos habitables. Seremos testemu...

14,00 €

Después de Peter

Después de Peter

Jesús Marcelo Treviño

Peter Hujar (1934-1987) es uno de los fotógrafos más influyentes del último cuarto del siglo XX; publicista del Gay Liberation Front y retratista de personajes como William S. Burroughs, su reconocimiento llegó tras su muerte. En sus últimos años fue mentor y amigo de David Wojnarowicz (1954-1992), uno de los artistas insignes surgidos durante la epidemia del SIDA en Nueva York...

9,50 €