Saltar al contenido principal
A Compostela de Begoña Caamaño

A Compostela de Begoña Caamaño

Letras Galegas 2026

Encarna Otero Cepeda / Pascale Lee

«Begoña Caamaño —xornalista de profesión e escritora de vocación, como ela mesma confesou— fixo máis rico o territorio de Compostela cun camiño de pegadas, un ronsel feito de traballo, de loitas, de amizades, de cultura e relatos, de xustiza, de músicas, de sorrisos e luz».Con estas palabras, a historiadora Encarna Oteroachégase, nesta terceira entrega da serie Mulleresen Compo...

Editorial:
El Patito Editorial
Año de edición:
2026
Materia:
Galicia
ISBN:
979-13-990778-2-7
Páginas:
72
20,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

«Begoña Caamaño —xornalista de profesión e escritora de vocación, como ela mesma confesou— fixo máis rico o territorio de Compostela cun camiño de pegadas, un ronsel feito de traballo, de loitas, de amizades, de cultura e relatos, de xustiza, de músicas, de sorrisos e luz».
Con estas palabras, a historiadora Encarna Otero
achégase, nesta terceira entrega da serie Mulleres
en Compostela, á personalidade de Begoña Caamaño —autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026—, a propósito daqueles espazos de Santiago nos que se desenvolveu a súa vida, ilustrados pola sobresaínte acuarelista taiwanesa Pascale Lee. Esta edición conta ademais cun retrato da autora realizado polo afamado artista madrileño Fernando Vicente, ben coñecido pola súas colaboracións no suplemento cultural
Babelia, e cunha fermosa ilustración do galego Miguelanxo Prado, creada especialmente para agasallar a memoria desta escritora
prematuramente desaparecida.

Encarna Otero segue a ofrecer sucintas biografías
de mulleres «que traballaron e viviron iluminando a contorna de Compostela; mulleres
que coidaron, amaron e fixeron andainas de sosego e de loitas. Elas crearon novos territorios e, por esas andainas que elas abriron, circulan hoxe miles e miles de mulleres novas que pisan terreos xa consolidados». novidades Edicións de luxo ao alcance de todos!

Artículos relacionados

O Salmon Do Ulla

O Salmon Do Ulla

Piñeiro, Miguel / Torres, Alberto

Cada ano, o nobre salmón remonta os ríos galegos para completar o seu ciclo vital, entre eles o Ulla, cos seus afamados coutos salmoneiros. Os xornalistas e escritores, Miguel Piñeiro e Alberto Torres, ofrécennos un percorrido histórico desde mediados do século pasado, cando Galicia aínda vivía o esplendor da cultura do salmón, ata hoxe, onde se analizan cuestións de senlleira ...

24,50 €

Domingo Garcia Sabell a Voz e a Palabra

Domingo Garcia Sabell a Voz e a Palabra

Teresa Garcia-Sabell Tormo

A partir dunha serie de cadernos, escritos entre 1957 e 1980, aos que Domingo García-Sabell denominaba Xornal, complementados coas conversas que Siro López Lorenzo mantivo con el ao longo de 1993, neste libro trázanse as liñas que caracterizaron, unha personalidade de variadas facetas. Nestas páxinas maniféstase a voz e a palabra do eminente médico e destacado membro da xeració...

23,50 €

Do Baile Da Gaita a Muñeira

Do Baile Da Gaita a Muñeira

Alonso, Julio

Julio Alonso ofrécenos un estudo da muiñeira, froito da súa tese de doutoramento, dentro do contexto global que propicia a súa conformación como elemento simbólico de carácter identitario, desde a aparición das primeiras fontes escritas ata a súa consolidación como xenuína representante da música galega. Neste pormenorizado traballo analízanse os mecanismos que levaron á consol...

27,40 €

Imperialismo: Unha Aproximación Crítica

Imperialismo: Unha Aproximación Crítica

Sussman Vilaverde, Daniel

A comprensión científica dos fundamentos do imperialismo preséntase como unha necesidade para a acción revolucionaria. No contexto actual, marcado pola crise capitalista e pola escalada bélica promovida polo bloque imperialista liderado polos EUA contra os pobos do mundo, a cuestión do imperialismo recobra plena actualidade. Porén, esta obra vai alén das súas manifestacións mái...

13,00 €

Un Demócrata Fronte á Barbarie Fascista

Un Demócrata Fronte á Barbarie Fascista

Redondio Abal, Francisco Xavier

Enrique Peinador Porrúa morreu fusilado o 27 de abril de 1940 en Madrid cando acababa de cumprir 38 anos. Avogado, galeguista,militante de Izquierda Republicana e masón, o seu compromiso coas liberdades democráticas e coa Galiza que en 1936 comezaba a entrever un futuro de seu, fican fóra de toda dúbida. O golpe de Estado de xullo rachou coas primeiras e tronzou as aspiracións ...

17,95 €

Fontenla Leal

Fontenla Leal

Lopez Fernandez, Jaime / Gomez Echemendia, Sixto

Un émulo pacífico de Breogán, a alma de Galicia en Cuba, José Fontenla Leal (Ferrol, 1864 - A Habana, 1919), home autodidacta, feito a si mesmo, con poucos estudos, mais cunha intelixencia innata que lle permitía convencer e aglutinar, tiña unha idea clara e unha vontade de ferro que converteu o amor á súa terra en feitos duradeiros. Bandeira, Himno, Academia? débense, en boa m...

24,00 €

Otros clientes también compraron

As Tolas que Non o Eran: Mulleres no Manicomio de Conxo

As Tolas que Non o Eran: Mulleres no Manicomio de Conxo

V.valiña, Carmen

Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan. As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas ...

17,35 €

Os Rotulos Da Nosa Vida (Reportaxe)

Os Rotulos Da Nosa Vida (Reportaxe)

Cocho, Ana / Lens, Jorge / Willemse, Robert

Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreo...

24,40 €

Guía Ilustrada Do Entroido Galego

Guía Ilustrada Do Entroido Galego

De Evan, Alba / Domínguez, Xabier

Dende os peliqueiros de Laza ata os xenerais da Ulla, pasando polos cigarróns ou os boteiros, este libro é unha viaxe chea de cor, festa e tradicións únicas. Unha guía divertida e amena para coñecer algúns dos Entroidos máis sorprendentes de Galicia, con ilustracións e curiosidades que farán rir, aprender e querer saír a correr tras as máscaras. Prepárate para o mellor Entroido...

15,50 €