Esta colección ten a súa orixe nas pezas recompiladas polo coleccionista Blanco Cicerón. Despois do seu falecemento, foron adquiridas e depositadas por Gil Varela no Museo de Lugo, en 1974, incrementando o seu número.
En 2015 foi declarada Ben de Interese Cultural. No ano 2018, a Deputación de Lugo rematou a adquisición da totalidade da colección e procedeuse coa renovación museográfica.
A colección completa fórmana un total de 56 pezas: 44 da antiga colección Gil Varela ademais doutras 12 onde se amosa, ademais, material en bruto como as tortas áureas. Máis do 95% proceden do territorio galego e moitas delas son lucenses. O resto son pezas de orixe incerta ou descoñecida. Aínda que a súa descontextualización é destacada, na maioría dos casos hai referencias de procedencias, a pesar dalgunhas evidentes inconcrecións.