Saltar al contenido principal
A Balada Do Exilio

A Balada Do Exilio

Cid Neira, Xulio

Este libro ten un propósito solidario: os beneficios recadados coa súa venda serán enviados directamente a familias palestinas afectadas.A balada do exilio narra a desposesión e o borrado do pobo palestino, dunha cultura e da súa historia. Conta tamén o sufrimento e o trauma das persoas que se ven privadas da posibilidade de retornar ao seu lugar de orixe.Xulio Cid Neira poetiz...

Editorial:
Saurobuks
ISBN:
978-92-0-400900-2
Páginas:
100
Encuadernación:
Rústica
20,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

Este libro ten un propósito solidario: os beneficios recadados coa súa venda serán enviados directamente a familias palestinas afectadas.

A balada do exilio narra a desposesión e o borrado do pobo palestino, dunha cultura e da súa historia. Conta tamén o sufrimento e o trauma das persoas que se ven privadas da posibilidade de retornar ao seu lugar de orixe.

Xulio Cid Neira poetiza esta fuxida de grande maneira. Hai que ter en conta o dificultoso que é facer este exercicio desde aquí, en Occidente, e desde o ámbito poético e ao mesmo tempo resultar rigoroso e nada impostado cun tema tan delicado como este. Sae máis que airoso e imprime coa súa voz razóns coma puños de grandes para denunciar toda a inxustiza que leva pasado este pobo ao longo das décadas.

Dar as gracias a todas e todos as e os participantes que ilustrastes este artefacto (por orde de aparición): José Lameiras, Paula Pereira Carreiro, Helena Quintela, Marita Carmona, Corporación Semiótica Galega, Xavier Carvajal, Eva Fernández Canalejo, Augusto Metztli, Tareixa Taboada, Alba Fernández, David Castro, Óscar Sánchez Suárez, Alan Balzac, Velpister, Xosé Vilamoure, Xosé Luís de Dios, Simona Gaila, Xosé Poldras, Adriana Pérez, Saxo, Theresa P. Lousame, Idoia de Luxán, Sara Carrasco González, Xosé Aciñeiras, Mickey Abuín Vázquez, Baldomero Moreiras, Alba Vázquez Carpentier e Sapoconcho. Un traballo colaborativo e de grande calidade que oxalá sirva para aportar o noso gran de area solidario para algo tan necesario.

Este libro foi impreso en agosto de 2024, 10 meses despois do comezo do actual xenocidio sobre o pobo palestino, un capítulo máis dun conflito que dura xa desde 1948, e que foi motivación para a creación deste artefacto co propósito solidario de colaborar economicamente con familias palestinas afectadas.

Artículos relacionados

50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €

Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €