Saltar al contenido principal
A Arbore Desvelada.

A Arbore Desvelada.

Seoane, Xavier

A deste libro é unha voz que entende a poesía como o labor de tecer verbas e urdir signos e sons cos vimbios esvaradíos do tempo e do aire. Isto é, á fin, o mellor que o poeta ten para dar as grazas en homenaxe e celebración de persoas, feitos ou lugares que o acompañaron ao longo dos anos, deixándolle un pouso impagable. Son versos que nos levan desde o abraio ante a obra ou a...

Editorial:
Faktoria K de Libros, S. a.
Año de edición:
2025
ISBN:
978-84-19213-56-3
Páginas:
168
Encuadernación:
Otros
Colección:
Tambo
15,00 €
IVA incluido
Añadir a favoritos

Sinopsis

A deste libro é unha voz que entende a poesía como o labor de tecer verbas e urdir signos e sons cos vimbios esvaradíos do tempo e do aire. Isto é, á fin, o mellor que o poeta ten para dar as grazas en homenaxe e celebración de persoas, feitos ou lugares que o acompañaron ao longo dos anos, deixándolle un pouso impagable.
Son versos que nos levan desde o abraio ante a obra ou a sensibilidade dunha figura exemplar ata a exaltación dunha feliz experiencia ou das vivencias que propician as viaxes. Versos, ao tempo, que tampouco non esquecen deixar un testemuño de repudio dos acontecementos que ensombrecen o mundo que nos tocou vivir. Xorden así, nos labirintos da palabra, poemas que acaban por compoñer unha posible constelación, un vago mapa, unha certa paisaxe afectiva e moral...

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €

50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €

Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €

Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Da Cor Da Soidade. Poesía Reunida 1986-2026

Gonzalez Tosar, Luis

Luís González Tosar publicou A caneiro cheo en 1986 (Premio Esquío e Premio Losada Diéguez). Nestas catro décadas, o seu labor poético foise incrementando cos títulos: Seis cánticos labrados co recordo de seis cidades mouras (1987), Remol das travesías (1989, Premio da Crítica Española), Coa forza da palabra (1993), Madeira do meu canto (1997), Invocación dun tempo (2001), Estú...

23,00 €

Val Tan Doce e Sombrío

Val Tan Doce e Sombrío

Fernández Naval, Francisco X.

Cando o home enfermouela deixou a casa da cidadee regresou á aldea;á casa familiar; á xaneladende a que falarcoa lúa. Estamos ante un autor que sabe poñerse ás ordes da emoción cando unha luz que chega sen previo aviso; desde un algures moitas veces descoñecido; lle dita o primeiro verso. O camiño que arrancou na vaga epifanía inicial vai medrando daquela arredor da libre e dis...

15,00 €

Otros libros del autor

Espiral de Sombras

Espiral de Sombras

Seoane, Xavier

15,00 €

O Lapis Do Mono

O Lapis Do Mono

Seoane, Xavier

14,90 €

A Rocha Imantada

A Rocha Imantada

Seoane, Xavier

O presente libro recolle longos anos de creación aforística. O seu autor xa se estreara, no mesmo xénero, con Irispaxaros / Arca Cotiá, en 1984, así como coa carpeta de artista Irispaxaros, unha edición reducida e numerada de aforismos e gravados realizada sobre papel arches e acetato transparente en colaboración co artista Manuel Facal.O aforismo é unha iluminación. Un pequeno...

12,00 €