Saltar al contenido principal

Búsqueda de Editorial : RINOCERONTE EDITORA 118 resultados

Bartek o Vencedor

Bartek o Vencedor

Sienkiewicz, Henryk

Este relato narra a traxedia de Bartek, un labrego polaco que volve da guerra franco-prusiana crendo na súa importancia tras derrotar tantos inimigos. Ao regresar á súa vila, vese envolto en situacións que fan que se sinta estranxeiro na súa propia patria e coa súa familia. Por medio do seu protagonista, Sienkiewicz revela o verdadeiro e silencioso prezo das guerras e a difícil...

16,00 €

Cuentos de San Petersburgo

Cuentos de San Petersburgo

Gógol, Nikolai Vasílievich

Cuentos de San Petersburgo reúne cinco relatos de Nikolai Gógol, publicados entre 1835 y 1842, que pivotan sobre la majestuosa capital de la Rusia del siglo xix. Los personajes de estos relatos son seres comunes y solitarios que viven algún conflito universal abordado con ironía, fantasía y ternura. ...

20,00 €

Medea Fedra

Medea Fedra

Séneca, Lucio Anneo

A traxedia de Séneca ten algo que a fai especialmente moderna: os deuses non moven os fíos. Son os seres humanos —coas súas paixóns, as súas decisións, os seus abismos interiores— os verdadeiros protagonistas do drama. E dentro da súa obra, Medea e Fedra son as criaturas máis vivas e complexas que creou: dúas mulleres devastadas por conflitos que non teñen saída fácil, dúas her...

18,00 €

Brillante Coma o Amor, Negro Coma a Morte

Brillante Coma o Amor, Negro Coma a Morte

Uzun, Mehmed

Brillante coma o amor, negro coma a morte narra a traxedia de dous amantes na súa última viaxe cara á execución. Baz («falcón»), un oficial de mediana idade, e Kevok («pomba»), unha moza idealista, viven un amor intenso e breve, marcado pola violencia e a fatalidade. Baz, o falcón disciplinado, reflexiona sobre a súa vida militar e os actos de violencia que quedan atrás. Kevok,...

22,00 €

Servir os Ricos

Servir os Ricos

Delpierre, Alizée

Detrás das fachadas de luxosos edificios parisienses, das inmensas portas dos castelos, dos vans de vastas vilas na Costa Azul, agóchase un persoal invisible pero presente a diario ao servizo das grandes fortunas. Amas de chaves, mordomos, camareiras, lavandeiras, cociñeiros e choferes traballan da mañá á noite, e moitas veces tamén de noite, para satisfacer as necesidades e de...

20,00 €

Un Anaco de Mazá Seca

Un Anaco de Mazá Seca

Feijoo Fariña, Begoña

Entre as décadas de 1940 e 1980 moitos nenos e nenas suízos de familias pobres, fillos ilexítimos ou considerados problemáticos foron vítimas de «medidas coercitivas con fins asistenciais». Rapazas na súa maioría, eran internadas á forza e enviadas a traballar como serventas ou explotadas en granxas.Esta novela conta a historia dunha destas nenas, Lidia Scettrini, a quen separa...

18,00 €

Mulleres Empilladas

Mulleres Empilladas

Melo, Patrícia

Para fuxir dunha relación abusiva, unha avogada de São Paulo trasládase a Acre, no medio da selva amazónica, onde debe seguir unha serie de xuízos por feminicidio. Ao tempo que se involucra nos arrepiantes e numerosos casos de asasinatos de mulleres, descobre a vida da comunidade indíxena e participa en rituais con ayahuasca, grazas ao cal consegue recordar os feitos que presen...

20,00 €

Correr

Correr

Echenoz, Jean

Emil Zátopek comeza a correr de casualidade e dun xeito pouco convencional pero invencible. Tras a guerra, o atleta checoslovaco cambia a fábrica de zapatos na que traballaba polo exército, participa en campionatos que sempre gaña e bate todas as marcas. Alcumado a Locomotora Checa, convértese nun ídolo e nun instrumento de propaganda para o réxime do seu país, ata que a súa fi...

18,00 €

O Amor Dos Homes Avulsos

O Amor Dos Homes Avulsos

Víctor, Heringer

Na década de 1970, Camilo vive nunha vila burguesa dentro dun dos suburbios máis pobres do Río de Xaneiro. Un día chega á súa casa Cosme, un rapaz da súa idade, apadriñado polo seu pai. Pouco despois de pasaren do odio ao amor e descubriren xuntos o desexo e a vida nas rúas do Río, Cosme morre de forma tráxica, acontecemento que perseguirá a Camilo no transcurso dos anos e mar...

18,00 €

Senilidade

Senilidade

Italo, Svevo

Emilio Brentani, oficinista e escritor, está condenado a vivir baixo o sufocante ambiente provinciano da cidade de Trieste. Quere consolidar a súa carreira literaria, pero cada día cédelle máis terreo a unha realidade dominada pola culpa e un moralismo hipócrita. Vive coa súa irmá Amalia, pero cando esta se namora dun amigo seu escultor, Emilio sofre unha culpa que non pode san...

20,00 €

Con e de Curcuspín

Con e de Curcuspín

García Obrero, Mario

O primeiro día nunha escola asturiana o mestre, castelanfalante, ensina as vogais. O e aparece á vez que un ourizo ocupa o encerado. «Es la e de...». Os gua?es, sen dubidalo, retrucan: ¡ye la e de curcuspín!Mario Obrero retrata con este exemplo a convivencia entre as linguas do Estado. Con e de curcuspín está composto por varias cartas de amor á diversidade lingüística e recoñ...

17,00 €

Da Cor Do Leite

Da Cor Do Leite

Leyshon, Nell

«este é o meu libro e escríboo da miña propia man.neste ano mil oitocentos trinta e un do noso señor fixen quince anos.non son moi alta, e o meu pelo é da cor do leite.chámome mary e aprendín a soletrear o meu nome. eme a erre i grego. así é como se escribe.»Nunha localidade rural británica, Mary ten que abandonar a granxa familiar para coidar da muller do vigairo, gravemente e...

18,00 €

A Adultez e un Mito:unha Escolma de 'Sarah's Scribbles'

A Adultez e un Mito:unha Escolma de 'Sarah's Scribbles'

Andersen, Sarah

Estás por riba do ben e do mal?Pásalo ben facendo contactos para avanzar na túa carreira?A vida adulta é un reto emocionante para o que te sentes completamente preparada?Agh. Lisca.Este libro é para o resto de nós. Estes cómics documentan como estragar marabillosas fins de semanas en internet, a inaturable agonía de ir da man pola rúa con quen che gusta, o desexo de chegar á ca...

12,00 €

Eneida

Eneida

Virxilio

A Eneida, unha das obras cumio da literatura universal, foi escrita orixinalmente en doce volumes de papiro, e contén un total de 9896 versos (unha media duns 824 versos por libro).Para compoñer o seu poema épico, Virxilio inspirouse na Ilíada e mais na Odisea de Homero. A primeira metade da Eneida contén a viaxe dun heroe na procura dun destino; a segunda é o relato da guerra...

23,00 €

Contos de San Petersburgo

Contos de San Petersburgo

Gógol, Nikolai Vasílievich

Contos de San Petersburgo reúne cinco relatos de Nikolai Gógol, publicados entre 1835 e 1842, que pivotan sobre a maxestosa capital da Rusia do século XIX.Os personaxes destes relatos son seres comúns e solitarios que viven algún conflito universal que Gógol aborda con ironía, fantasía e tenrura. ...

18,00 €

Aprendede Dos Lirios

Aprendede Dos Lirios

Smith, Iain Crichton

Esta novela está ambientada na época dos desaloxos das Terras Altas escocesas entre 1792 e a década de 1850, cando os terratenentes expropiaron a terra aos pequenos agricultores para sacarlle un maior rendemento co pastoreo de ovellas e obrigaron a poboación a trasladarse á costa para dedicarse á pesca.O proceso de desaloxo levouse a cabo con grande inhumanidade, e o nome que m...

18,00 €

O Loito e esa Cousa con Plumas

O Loito e esa Cousa con Plumas

Porter, Max

Nun piso de Londres dous nenos enfróntanse á insoportable tristeza pola morte repentina da súa nai. O seu pai, un sentimental experto na obra de Ted Hughes,?imaxina un futuro baleiro.Neste momento de desesperación, visítaos o Corvo (antagonista, trapalleiro, curandeiro e neneiro), que ameaza con quedar nesta familia ata que xa non o necesiten. ...

17,00 €

Medio Sol Amarelo

Medio Sol Amarelo

Ngozi Adichie, Chimamanda

Medio sol amarelo ambiéntase nun momento clave da historia contemporánea africana: o da loita de Biafra por conseguir a independencia de Nixeria, a finais da década de 1960, e a guerra civil a que deu lugar. Este conflito cambiará a vida de Olanna, que abandona a comodidade da capital nixeriana para vivir nunha cidade pequena e poeirenta con Odenigbo, profesor universitario de ...

23,00 €

O Nadador no Mar Secreto

O Nadador no Mar Secreto

Kotzwinkle, William

Johnny e Diane Laski esperan o seu primeiro fillo nunha recuada localidade do Canadá. Porén, todo se complica ao chegaren á sala de partos.Este breve libro conta a historia dun difícil nacemento dende o punto de vista do pai, quen narra con naturalidade os sentimentos que esperta a chegada dunha nova vida e a delgada liña que separa a vida da morte. ...

12,00 €

A Inquilina de Wildfeld Hall

A Inquilina de Wildfeld Hall

Bronte, Anne

A mansión de Wildfell Hall recibe unha nova inquilina, unha misteriosa muller chamada Helen Graham, acompañada polo seu fillo pequeno. A chegada desta habitante desata todo tipo de rumores entre a veciñanza. Grazas ás páxinas do seu diario, que chega ás mans do seu namorado, Gilbert Markham, coñeceremos o pasado turbulento do que fuxiu a protagonista.Presentada a miúdo como unh...

22,00 €

Guerra en Gaza

Guerra en Gaza

Sacco, Joe

Joe Sacco é coñecido como un inquebrantable cronista da inxustiza inflixida sobre o pobo palestino (Palestina, 1993; Notas a pé de Gaza, 2010). Continúa a súa misión con Guerra en Gaza, un conxunto de comentarios gráficos sobre o masacre israelí que comezou hai máis dun ano e continúa sen descanso ata hoxe. ...

10,00 €

Ghost World

Ghost World

Clowes, Daniel

A principios dos anos noventa, Enid e Rebecca, dúas mozas moi cínicas e intelixentes que acaban de terminar a secundaria, pasan os días de verán vagando sen rumbo pola súa vila, criticando a cultura popular e todas aquelas persoas coas que se van cruzando, mentres se cuestionan cal será o seu futuro.Entre toques de comedia negra e drama, Daniel Clowes reflicte en GhostWorld o p...

15,00 €

Medea. heracles

Medea. heracles

Eurípides

Medea chegou a ser unha das traxedias máis valoradas xa non só do seu autor, senón do conxunto da traxedia grega clásica conservada. A día de hoxe, poucos estudos e poucas edicións omiten a etiqueta de "obra mestra" coa que se recoñece a Medea, unha traxedia na que Eurípides exhibe con amplitude o seu talento e os seus recursos como dramaturgo.Eurípides foi un dos primeiros en ...

18,00 €

En Canto Agonizo

En Canto Agonizo

Faulkner, William

En canto Addie Bundren agoniza, o seu fillo máis vello, Cash, comeza a construírlle o cadaleito. Así que falece, en pleno mes de xullo, o seu marido e mais os cinco fillos cargan o corpo nun carro tirado por mulas para ir enterrala a Jefferson, cos seus parentes.Todos os personaxes van narrando, cada un á súa maneira, os pormenores desta odisea, que transita entre a traxedia e ...

20,00 €

Felicidade Clandestina

Felicidade Clandestina

Lispector, Clarice

Felicidade clandestina contén unha serie de relatos escritos en diferentes épocas da vida da autora e recollidos por primeira vez en 1971.Tras o banal e cotián atopamos revelacións inesperadas arredor das grandes cuestións existenciais, como a amizade, o amor ou o pensamento. Mediante a técnica do fluxo de conciencia, a autora consegue dotar de gran profundidade psicolóxica per...

18,00 €

Fun Home: Unha Familia Traxicomica. (Novela Grafica)

Fun Home: Unha Familia Traxicomica. (Novela Grafica)

Bechdel, Alison

Bruce Bechdel é profesor de inglés e dirixe unha funeraria, ademais de ser o pai esixente e distante de Alison. Só cando esta admite, xa na universidade, que é lesbiana, descobre que o seu pai tamén é homosexual.Pouco despois desta revelación, Bruce falece nun accidente, e déixalle á súa filla un legado de misterio, complexos e soidade. Gañadora do Premio Eisner, Alison Bechdel...

21,00 €

Delicioso Suicidio en Grupo

Delicioso Suicidio en Grupo

Paasilinna, Arto

Onni Rellonen, un home de negocios golpeado pola vida, e o coronel Hermanni Kemppainen, oficial frustrado, atópanse nunha vella pallota, ambos co mesmo propósito de suicidarse. Tras o estraño encontro deciden levar a cabo un plan: xuntar todas as persoas do país que están pensando en suicidarse e pasar os seus últimos días no grupo axeitado.Paasilinna trata a sombría cuestión d...

21,00 €

Persépole

Persépole

Satrapi, Marjane

Marjane Satrapi, unha das artistas iranís máis aclamadas, galardoada con varios premios entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême, ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán, que é a súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e unha época. Grazas á súa gran carga emotiv...

24,00 €

O Verán no que Miña Nai Tivo os Ollos Verdes

O Verán no que Miña Nai Tivo os Ollos Verdes

Tibuleac, Tatiana

Aleksy rematou os seus estudos e planea pasar as vacacións cos seus amigos en Amsterdam, pero todo se torce cando a súa nai -a persoa que máis odia no mundo- o suborna para que pase con ela un último verán nunha pequena vila de Francia. Alí deberá enfrontarse ao seu vínculo roto e ao segredo que garda súa nai.Mediante un relato cru, agresivo e convulso -feito polo propio Aleksy...

20,50 €

Sempre Vivimos no Castelo

Sempre Vivimos no Castelo

Jackson, Shirley

Na casa dos Blackwood, onde viven Merricat, a súa irmá Constance e o tío Julian, tratan de manter o seu modo de vida. Pero dende que Constance foi exculpada de asasinar o resto da familia, a xente non os deixa en paz. Cando chega o curmán Charles para facerse un oco entre eles, Merricat fará todo o posible por protexer o seu mundo. ...

20,00 €