Saltar al contenido principal

Búsqueda de Editorial : IRMÁS CARTONÉ 46 resultados

Gobernadores Do Resio

Gobernadores Do Resio

Roumain, Jacques

"Imos morrer todos", así comeza Gobernadores do resío, coas palabras desesperadas que unha seca persistente lle arrinca á nai do protagonista. Ese é o estado da xente e da terra á que regresa Manuel tras anos emigrado en Cuba, e del loitará por sacalos a ambos, buscando a auga pero buscando tamén reparar os vencellos rotos durante a súa ausencia. Publicada en 1944, Gobernadores...

17,00 €

A Filla Do Reitor

A Filla Do Reitor

Mayor, F. M.

Aos seus trinta e moitos anos, Mary Jocelyn, a discreta e solícita filla do reitor de Dedmayne, leva unha vida rutineira consagrada ao coidado dos demais -a irmá doente, o pai ancián, a parroquia- coa que está aparentemente conforme. Mais a chegada á zona doutro clérigo, o reverendo Robert Herbert, remove nela décadas enteiras de emocións contidas. ...

18,75 €

Noites Brancas

Noites Brancas

Dostoievski, Fiodor

Unha longa noite de verán, un mozo soñador e solitario vaga polas rúas de San Petersburgo para lle atopar algo de sosego á súa inquedanza. Cando bate cunha moza aflita, supera a súa timidez e achégase a ela. Será este o primeiro de varios encontros, durante os que o seu vínculo se irá volvendo máis profundo noite tras noite. ...

9,50 €

Canto Máis Negra é a Amora..

Canto Máis Negra é a Amora..

Thurman, Wallace

A pel de Emma Lou Morgan é negra, tanto que lle provoca tristeza e humillación non só na comunidade maioritariamente branca da súa cidade natal de Boise (Idaho), senón tamén entre a súa familia e amizades, de pel máis clara. Na procura dun círculo onde a acepten, aos dezaoito anos deixa o fogar familiar e viaxa primeiro a Los Angeles e despois a Nova York, onde nun Harlem en pl...

18,50 €

O Axente Secreto

O Axente Secreto

Conrad, Joseph

Na súa vida diaria, o señor Verloc é propietario dun comercio no Soho, mais baixo esa máscara de normalidade agóchase un axente provocador que, a soldo dunha embaixada, finxe ser membro dun grupo revolucionario. Cando, obrigado polo seu xefe, se ve envolto nun complot terrorista para poñer unha bomba no observatorio de Greenwich e desacreditar así os anarquistas, os acontecemen...

17,00 €

Maria Zef.

Maria Zef.

Drigo, Paola

Maria Zef é unha humilde rapazola friulana que percorre vilas e aldeas vendendo cacharros de cociña coa súa nai e a súa irmá pequena. O traballo é duro, pero Mariutine afróntao con alegría e afouteza. Porén, a prematura morte da nai lánzaa de súpeto a unha terrible vida adulta. Considerada hoxe a gran novela de referencia do Novecento, Maria Zef retrata con tanta dureza como me...

16,50 €

Jane Eyre

Jane Eyre

Charlotte Brontë

Orfa e rexeitada polos parentes a quen se lles encomendou o seu coidado, Jane Eyre pasa nos seus primeiros anos dunha casa hostil a un internado. Alí, con todo, consegue unha boa educación e, tras un tempo exercendo de profesora, marcha para traballar de institutriz na espléndida mansión do señor Rochester. A vida por fin parece sonrrirlle, pero algo terrible espreitano faiado ...

26,00 €

A Campá de Vidro

A Campá de Vidro

Syvia Plath

Este é o verán soñado de Esther Greenwood, o verán en que os esforzos académicos desta brillante universitaria a levan a obter un posto en prácticas nunha revista femenina de Nova York. É a oportunidade perfecta para coñecer a gran cidade e relacionarse con xente interesante e influente. En teoría, é o mellor momento da súa vida. En teoría, está ás portas dun futuro prometedor....

17,50 €

O Conto Da Criada

O Conto Da Criada

Atwood, Margaret

Tras un golpe de Estado , os Estados Unidos de América convértese na República de Galaad , un réxime teocrático cristián no que as mulleres fértiles que os seus mandatarios consideran indignas de exercer como nais son condenadas a servir como >. Pero os servizos que deben prestar non son domésticos , senón reprodutivos : a súan función é exendrar os fillas das mulleres estérile...

19,50 €

Pierre e Jean

Pierre e Jean

Maupassant, Guy De

16,50 €

O Cuarto de Giovanni

O Cuarto de Giovanni

Baldwin, James

15,50 €

Os Caravanistas

Os Caravanistas

Elisabeth Von Arnim

Comenza o verán e o barón Von Ottringel e a súa esposa queren ir de viaxe para celebrar o seu aniversario de voda. Tras unha visita á viúda Von Eckthum, esta convénceos para unirse a ela e ás súas amizades nunhas saludables e económicas vacacións ptracticando o caravanismo pola campiña inglesa. Cun estilo agudísimo, Elizabeth von Arnim ofrécenos un hilarante relato no que, ade...

17,50 €

Persuasión

Persuasión

Austen, Jane

14,00 €

Axenda 2026. Mostrario de Técnicas para Coser, Bordar E, no Seu Caso, Zurcir Momentos que Com

Axenda 2026. Mostrario de Técnicas para Coser, Bordar E, no Seu Caso, Zurcir Momentos que Com

Irmás Cartoné

Chegou o outono e con el chega, un ano máis, a Axenda Cartoné para ofrecerlles aos lectores a súa compaña literaria para o ano que vén. Desta volta inspirámonos en mostrarios de técnicas de zurcido europeos e americanos dos séculos XVIII e XIX, cos que compuxemos a colaxe da capa. Porque aínda que a nosa intención sexa sempre que as cousas saian «bordadas», moitas veces as circ...

19,50 €

A Casa Do Calello

A Casa Do Calello

Messina, Maria

Antonietta, filla dun labrego endebedado, casa con don Lucio, un usureiro acredor de seu pai. A súa irmá máis nova, Nicolina, acompáñaa no seu traslado á cidade para que non se sinta soa na súa nova vida, pero o que nun principio ía ser unha curta estadía convértese nunha longa e abafante convivencia en que ambas as irmás se ven sometidas á férrea autoridade de don Lucio. ...

15,00 €

O Vento

O Vento

Scarborough, Dorothy

Tras quedar orfa e sen recursos aos dezaoito anos, Letty Mason ten que abandonar o seu cómodo fogar en Virxinia para se instalar no rancho do seu primo Beverly, o seu único parente, en Sweetwater (Texas). No tren de camiño á súa nova residencia, coñece a Wirt Roddy, un peculiar personaxe que lle desaconsella o lugar. Letty trata de enfrontarse a este cambio con optimismo, pero ...

18,50 €

Rashômon e Outros Relatos

Rashômon e Outros Relatos

Ryünosuke Akutagawa

14,50 €

A Obra Mestra Ignota

A Obra Mestra Ignota

Honoré De Balzac

Nicolas Poussin, un xove pintor que acabad e chegar a París, traba relación con François Porbus, retratista oficial do rei Henrique IV, e mais co mestre Frenhofer, un veterano e recoñecido artista que leva anos traballando na súa grande obra mestra para axudarlle a rematala, Poussin ofrécelle a súa moza Gillette como modelo, coa condición de poder ver a obra xunto con Porbus. M...

9,50 €

Carta Ao Pai

Carta Ao Pai

Kafka, Franz

Cando o seu derradeiro intento de compromiso matrimonial fracasa debido á oposición paterna, Franz Kafka escríbelle unha carta a seu pai para tentar atopar algún punto de entendemento nunha relación chea de desencontros. Porén, a misiva nunca chegará ao seu destinatario: a nai de Franz, a quen o autor lle pide que faga de emisaria, decide destruíla, convencida de que só servirí...

9,50 €

Axenda 2025. Conciso Herbario para a Conservación Das Herbas, Plantas e Ideas Recollidas Ao Longo Do Ano

Axenda 2025. Conciso Herbario para a Conservación Das Herbas, Plantas e Ideas Recollidas Ao Longo Do Ano

Irmas Cartoné

Este ano a axenda Cartoné rende homenaxe na súa capa á poeta estadounidense Emily Dickinson, de cuxo herbario persoal extraemos as imaxes que compoñen o collage. Tamén da poeta é a cita da contraportada, >, unha invitación a recollermos todos os pequenos momentos que compoñerán o vindeiro 2025. ...

18,90 €

Winesburg, Ohio

Winesburg, Ohio

Sherwood Anderson

17,00 €

Raparigas de Uniforme

Raparigas de Uniforme

Winsloe, Christa

Manuela é a filla menor do tenente coronel Meinhardis. Cando a súa nai morre inesperadamente, o tenente coronel decide enviar a Manuela a un internado. Alí, sometida á férrea disciplina da directora da institución, Manuela atopa refuxio no cariño dunha das profesoras, da que inevitablemente se namora.Raparigas de uniforme é o relato dun primeiro amor prohibido, da descuberta da...

17,00 €

Os Malagana

Os Malagana

Giovanni Verga

Na vila de Aci Trezza, en Catania, vive a laboriosa familia de pescadores Toscano, alcumada os Malagana. Do noutrora extenso clan, só fican o viúvo ´Ntoni, o seu fillo Bastianazzo, Maruzza, a muller deste, e mais a súa pequena prole.Nesta súa obra mestra, Verga relátanos a historia de varias xeracións dunha familia de pescadores sicilianos que se esforzan por alcanzar un benest...

17,50 €

O Doutor Glas

O Doutor Glas

Hjalmar Söderberg

A monótona e sosegada vida do doutor Glas vese profundamente alterada o día que a fermosa Helga Gregorius visita a súa consulta. A moza, casada cun pastor protestante moito máis vello ca ela, non soporta as esixencias sexuais dun marido a quen non ama e, na súa deseperación, recorre ao médico para que lle axuda a evitalas. O doutor enfróntase entón a todo un dilema moral do que...

15,50 €

Expiación

Expiación

Edith Wharton

Unha escritora novel que atopa o éxito a través da polémica, unha doncela que se enfronta a estrañas circunstancias no seu novo emprego, un científico que escribe un best-seller a pesar de si mesmo e un marido que ten que adaptarse a convivir cos anteriores cónxuxes da súa esposa son os protagonistas destes catro relatos breves de Edith Wharton en que a grande escritora estadou...

14,50 €

Canas Ao Vento

Canas Ao Vento

Grazia Deledda

Do esplendor doutro tempo non resta na casa das nobres irmás Pintor máis que o seu teimudo orgullo e a lealdade inquebrantable de Efix, o seu criado, que se esforza día e noite por manter o pouco que sobrevive da facenda. A chegada do aposto Giacinto, fillo da menor das irmás, Lia, que fuxiu da casa paterna moitos anos atrás, fará acordar novamente dores, paixóns e culpas que p...

17,00 €

Kyra Kyralina

Kyra Kyralina

Istrati, Panait

Kyra Kyralina é a primeira novela de Istrati, coa que inicia o ciclo deos relatos de Adiren Zograffi. Nela, como unha Sherezabe balcánica, o narrador vai debullando a historia de Stavro, un salepgiu romanés que vaga polo mundo á procura de Kyira, a súa irmá perdida. ...

15,00 €

Axenda 2023 Compendio Das Bestas e Criaturas Avistadas Durante o Ano 2023

Axenda 2023 Compendio Das Bestas e Criaturas Avistadas Durante o Ano 2023

Irmás Cartoné

Un ano máis, as Irmás Cartoné ofrecémosche a compaña literaria da nosa axenda. Desta volta, con ilustracións e citas relativas á bichería e tamén con algunha novidade organizativa. Preme nas lentes de aí abaixo para lle botar un ollo ás primeiras páxinas! ...

18,90 €

O Grande Hotel Babylon

O Grande Hotel Babylon

Bennett, Arnold

Todo transcorre con elegante normalidade no Grande Hotel Babylon -o mellor establecemento da súa categoría en Londres- até que Theodore Racksole, un potentado americano de visita na cidade, e mais a súa filla se empeñan en pedir un bisté e unha cervexa para cear. O que parece un capricho insignificante desencadeará unha serie de curiosas peripecias nas que nada é o que parece. ...

14,00 €

Mathilda

Mathilda

Wollstonecraft Shelley, Mary

14,50 €