Saltar al contenido principal

Búsqueda de Editorial : EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A. 846 resultados

Criaturiña

Criaturiña

Fraga, Antonio M.

Ulises, un neno que adora a rutina e soña cunha vida tranquila, recibe un estraño ovo da súa tía Artemisa. Por outra parte, Francisco Bestilleiro, coñecido como o Efebeí, aspira a ser o mellor policía da vila, aínda que as súas misións sempre acaban en desastre total. Cando, na Noiteboa, do ovo sae unha criaturiña tan doce como perigosa, todo se complica: vampiros, cans desapar...

12,95 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

As Malas Ideas

As Malas Ideas

Solar, María

Elías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecerá a Mer...

19,50 €

Seixas Johnson en o Dragón Anoado

Seixas Johnson en o Dragón Anoado

Varela Ferreiro, Alberto

Antón Seixas era un mozo galego que tivo que emigar cara a Cuba cando estoupa a Guerra Civil española. Na Habana traballa no ultramarinos do seu tío Manolo e, por casualidade, descobre que un mafioso chinés planea un gran roubo... Ameazado de morte, ten que fuxir a Nova York e mudar de indentidade... Converténdose en: Xeixas Johnson. ...

15,95 €

O Pazo Das Marismas

O Pazo Das Marismas

Blanco Casal, Alberte

Durante a Primeira Guerra Mundial, os señores do Pazo das Marismas teñen que enfrontarse a conflitos xeracionais e protestas obreiras, mentres que unha serie de ataques violentos e asasinatos descubrirán as conexións entre crimes locais e plans militares secretos. Nunha atmosfera chea de misterio, tensión e cambios sociais, o pazo do fondo da Ría de Vigo convértese nun escenari...

21,50 €

Buscaletras

Buscaletras

Sendón, Olaia

Este é un libro para xogar. Aquí, as historias non están escritas, están agochadas e agardan por ti. Cada páxina é un mundo distinto: a neve, a estrada, a festa, o mar... E as letras e palabras xogan ás escondidas. Atoparalas todas Aprende ortografía mentres buscas e encontras. Un libro divertido, visual e cheo de sorpresas. ...

12,95 €

A Zapateira Mecánica

A Zapateira Mecánica

Toro, Xelís De

A Lucía sempre lle gustaron as chaves inglesas, a graxa e os motores, pero, de repente, a fábrica onde traballa como mecánica pecha e decide aceptar un traballo que nunca imaxinou: aprendiza de zapateira. Co seu enxeño, os zapatos do barrio comezan a facer cousas extraordinarias. A xente amoréase para conseguir cita con Lucía, e esta convértese, sen pretendelo, na mellor zapate...

12,95 €

Requiem

Requiem

Outeiro, Eugenio

Os versos de «Réquiem», estruturados como un acto relixioso, conforman un poemario coral que honra os asasinados pola barbarie fascista na Illa de Arousa. A memoria das vítimas mestúrase coa paisaxe e co mar, símbolo de dor mais tamén de esperanza, e as súas voces resoan coma ecos na auga, reclamando xustiza e descanso. A través da evocación dos nomes e das súas historias, o po...

13,50 €

Principio de Superposicion

Principio de Superposicion

Fernandez Davila, Fran

Sofía López Fiz desaparece. Para atopar a verdade detrás da súa ausencia, deberás escoitar as múltiples voces que a definen: a da súa nai, a das súas compañeiras de clase, a dos profesores e, sobre todo, a da propia Sofía a través dos poemas do seu caderno. «Principio de superposición» é unha novela polifónica e trepidante. Unha crónica sobre o acoso escolar, a identidade, as a...

12,95 €

Curriño 4. Salchichas Picantes

Curriño 4. Salchichas Picantes

Costas, Ledicia

A vida no parque é xenial... ata que alguén decide deixar trampas para cans. Gordon come unha salchicha envelenada e Curriño e a súa cuadrilla póñense a investigar para descubrir quen está detrás do terrible acto, mentres adoptan un gato que quere ser can. Quen odia tanto os cans como para envelenalos Curriño e os seus amigos darán localizado o culpable E o máis importante: a v...

10,95 €

Mariña e o Balon. O Primeiro Gol

Mariña e o Balon. O Primeiro Gol

Tobaruela, Pere

Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Despois dalgunhas dúbidas, por fin decide anotarse no equipo de fútbol feminino da vila coas súas mellores amigas. Empezan os adestramentos e elas pásano de marabilla practicando o seu deporte favorito. Cando se achega o primeiro partido, Mariña relouca por demostrar o moito que aprendeu e por axudar as compañeiras a marcar gol. Unh...

12,95 €

Maña, Cando Sexamos Luns

Maña, Cando Sexamos Luns

Nuñez, Xaquin

Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendi...

19,50 €

Tempo de Correspondencia

Tempo de Correspondencia

, Fraga Xesús / , Quintiá Xerardo

Xurdido do azar, da carencia e, en maior medida, da relación persoal entre Xesús Fraga e Xerardo Quintiá, «Tempo de correspondencia» valora a comunicación, non só como un acto de achegamento entre eles, senón como forma de reclamar un espazo onde entendernos a nós mesmos e, á vez, entendermos o outro, a outra. Se a maior capacidade da palabra é a de contar, os autores destes t...

17,50 €

Marcopola 5. Terra a dentro

Marcopola 5. Terra a dentro

Fernandez Serrano, Jacobo

Marcopola acaba de estrear pernechas e xa está preparada para recuperar o remo roubado. Acompañada dos seus inseparables Libro e Dragoneta, deixará a Costa das Patacas e irá cara ao interior a través de fabulosas paisaxes na procura de pistas que lles axuden a dar con el. No camiño atoparán novos amiguiños, vellos e perigosos inimigos e outros seres que non se sabe que son. Cal...

13,50 €

Dipnoi

Dipnoi

Canosa, Maria

Sabela, Manu, Claudia, Fabio e Lois conforman un grupo en que a amizade convive coa sospeita, os prexuízos e o que nunca se di en voz alta. Sen pretendelo, Manu destaca por diferente. Coida o seu aspecto con esmero, fala pouco do seu pasado e non sempre encaixa nos moldes. Algúns admírano. Outros desconfían. Nin sequera quen o defende se atreve a preguntarlle o que todos calan....

12,95 €

Alguen Ao Lado

Alguen Ao Lado

Quiroga, Xabier

Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe. Esa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en qu...

17,95 €

Guía Ilustrada Do Entroido Galego

Guía Ilustrada Do Entroido Galego

De Evan, Alba / Domínguez, Xabier

Dende os peliqueiros de Laza ata os xenerais da Ulla, pasando polos cigarróns ou os boteiros, este libro é unha viaxe chea de cor, festa e tradicións únicas. Unha guía divertida e amena para coñecer algúns dos Entroidos máis sorprendentes de Galicia, con ilustracións e curiosidades que farán rir, aprender e querer saír a correr tras as máscaras. Prepárate para o mellor Entroido...

15,50 €

Alicia e a Mestra de Oza

Alicia e a Mestra de Oza

Carballeira, Paula

«Agora as mestras non baten nas alumnas, pero daquela... canto máis duras eran as mestras, máis ríxidas e estritas, mellor sona tiñan. Pero tamén estaban as tolas, as que cantaban, as que tiñan unha maneira diferente de aprenderlles a vida. Esas non duraban moito tempo. Denunciábanas porque eran tan libres que metían medo e ninguén quería que os nenos e, sobre todo, as nenas se...

16,50 €

A Casa Grande

A Casa Grande

Sendón, Olaia

A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos e Paulina) regresan á vila para repartir os restos da herdanza, mais cada obxecto garda a pegada dunha memoria e a ameaza dun axuste de contas. No corazón desa casa, que xa non é fogar, latexan o pasado e os silencios dunha familia que camiña na corda frouxa entre a pert...

17,95 €

A Novela Do Bravu

A Novela Do Bravu

Souto, Xurxo

Isto non é (só) un libro de música. Velaquí a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos noventa, decidiu saír do rego do discurso dominante e -co poder da lingua galega- dialogar con vehemencia coa súa propia realidade. Proclama que transcendeu dende as marxes e deixou pegada en toda a súa xeración. A ruta continúa. Porque, como dixo Miguel Anxo Murado: «Na ant...

24,95 €

Astérix en Lusitania

Astérix en Lusitania

Goscinny, René / Fabcaro

Un antigo escravo lusitano, xa coñecido, acode á aldea gala na procura dos poderosos efectos da poción máxica. Para Astérix e Obélix comeza unha nova viaxe e unha nova aventura! ...

10,90 €

Mulleres que Viven Xuntas

Mulleres que Viven Xuntas

Camino, Abril

En 1955, despois da morte de seu pai, Isabel, que aínda non fixo os dez anos, vese na obriga de marchar para Londres, onde será acollida polos tíos. Cando en 1968 regresa á súa aldea, preto de Compostela, coñece a Chus, unha mestra que coidou da súa nai mentres ela non estaba e con quen vai iniciar unha relación de amor que durará toda a vida. O medo ao que dirán e a manifestar...

18,95 €

Erin e o Lobo

Erin e o Lobo

Esmoris, Èrica

Erin vive no máis fondo do bosque, nunha cabana construída polos seus pais para afastarse da civilización. Nunca viu unha cidade nin un colexio nin outro neno. Un día, o pai regálalle un libro vello e, ao lelo en voz alta, esperta un feitizo: a súa voz de cóxegas sacode o bosque enteiro. Erin faise bosque e o bosque faise nena. As súas palabras chegan a todas as criaturas (o ra...

12,95 €

O Corvo Sobre a Neve

O Corvo Sobre a Neve

Maceiras, Andrea

Na era glacial, os Países Temperados pecháronlles as fronteiras aos emigrantes climáticos. A neve sepultou toda esperanza. E mentres os cidadáns lexítimos son controlados por asistentes persoais, os parias do frío son obrigados a tatuar a marca dun carrán ártico no fémur. Dryas e a súa familia viven afastados de todo. El sabe que os seus pais agochan un escuro segredo. Por iso,...

12,95 €

Heartstopper 5

Heartstopper 5

Oseman, Alice

O Nick e o Charlie están namorados. Por fin dixeron esa pequena palabra: «quérote», e o Charlie xa case convenceu a súa nai para que o deixe durmir na casa do Nick. Quere levar a súa relación un pasiño máis alá... mais será quen de encontrar a confianza que precisa? E agora que o Nick vai marchar á universidade o ano que vén... estará todo a piques de mudar? Este é o quinto vol...

15,95 €

Guía Dos Seres Fantásticos que Viven en Galicia Sen que Talvez o Saibas

Guía Dos Seres Fantásticos que Viven en Galicia Sen que Talvez o Saibas

Rodríguez, Anair

Sabías que en Galicia habitan unha chea de seres marabillosos e que en calquera momento podes atoparte con eles Algunhas destas criaturas son moi coñecidas (bruxas, trasnos, lobishomes...), pero hai outras que se cadra ignoras e, polo teu ben, non deberías. Que habilidades teñen En que lugares é máis frecuente atopalas Son perigosas Neste libro, ademais de coñecer algúns dos fa...

15,95 €

Ventre de Madeira

Ventre de Madeira

Carou, Jose

Ás tres menos vinte da madrugada do xoves 11 de outubro de 1990 Filucha pousou a súa copa na barra dun local das aforas de Santiago e dixo que era mellor marchar porque había exame á segunda hora. Xiao caía co sono e pasou a noite no meu cuarto, na miña cama. Erguémonos ás oito e media e saímos os dous en dirección ao campus. A cidade notábase distinta, triste. Despois, na cafe...

17,95 €

Incidencia Muller Pedra

Incidencia Muller Pedra

Pèrez, Avelina

Ela e mais el. Ela é obrigada a recibir terapia, acusada de escándalo público. El, terapeuta, executa a sentenza. «Incidencia muller pedra» fálanos do poder presente nas supostas medidas de reinserción e da incapacidade de aceptación de sensibilidades diferentes. Nun mundo cada vez máis tendente ao normativo, ela loita por manterse fóra dos canons e das perversas lóxicas sociai...

18,50 €

Voces Da Memoria Na Lix

Voces Da Memoria Na Lix

Red Temática De Investigación Lijmi

A memoria, no seu sentido máis amplo, é o centro de interese de «Voces da memoria na LIX», o novo monográfico da Rede Temática de Investigación «Las Literatura Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI) que, cada ano, achega unha publicación co propósito de que sirva de ferramenta nas tarefas de investigación e mediación entre o libro e a lectura. Aquela...

25,50 €

Lela, a Superavoa

Lela, a Superavoa

Tomás, Xosè

Lela non é unha avoa calquera. Cos superpoderes da retranca, da astucia e da experiencia, pode resolver calquera obstáculo ou situación da vida. A súa familia sabe que non hai medo que a deteña, aínda que ás veces acabe metida nalgunha enleada das súas!Un divertido cómic con breves historias autoconclusivas que, a través do humor, lles rende unha homenaxea ás avoas. ...

13,50 €