Saltar al contenido principal

Eventos

Presentación de 'Manual de camuflaxe'
10/04/2026 - 19:00 - Librería Trama

Presentación de 'Manual de camuflaxe'

Con Samuel Merino e Luís Valle

O venres, 10 de abril, terá lugar na librería a presentación de 'Manual de camuflaxe', de Samuel Merino. O autor estará acompañado de Luís Valle, poeta. 

Sobre Manual de Camuflaxe (Ed.Xerais):

XIII Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, é unha expedición creativa que nos envolve e nos interroga, coma unha fenda luminosa. Máis aló da adaptación á contorna, a camuflaxe sinala o paradoxal desexo de ser visto, de ser recoñecido no mesmo medio da disolución. Nesa tensión entre o visíbel e o velado, os versos de Samuel Merino adquiren unha calidade especular, devolvéndonos a nosa propia fraxilidade.