Saltar al contenido principal

Eventos

Club de lectura
17/03/2026 - 17:00 - Librería Trama

Club de lectura

'Da cor do leite', de Nell Leyshon

O club de lectura de Lugo Patrimonio e Librería Trama reúnese este mércores, 18 de marzo, para comentar a lectura 'Da cor do leite', de Nell Leyshon, traducida por Estela Villar Nogueira e publicada por Rinoceronte. 

Sobre 'Da cor do leite': 

«este é o meu libro e escríboo da miña propia man.

neste ano mil oitocentos trinta e un do noso señor fixen quince anos.

non son moi alta, e o meu pelo é da cor do leite.

chámome mary e aprendín a soletrear o meu nome. eme a erre i grego. así é como se escribe.»

Nunha localidade rural británica, Mary ten que abandonar a granxa familiar para coidar da muller do vigairo, gravemente enferma. Alí farase maior, experimentará moitas vivencias e aprenderá a ler e escribir, o que lle permitirá contar a súa historia para atopar sosego.