Saltar al contenido principal

Eventos

Presentación de Adelina, premio Castelao de banda deseñada 2024
16/01/2026 - 19:00 - Librería Trama

Presentación de Adelina, premio Castelao de banda deseñada 2024

Presentación de Adelina en Trama

O venres 16 de xaneiro ás 19.00, teremos a presentación de ADELINA, Premio Castelao de Banda Deseñada 2024, de Sandra Lodi. 

Adelina está editado pola editorial Galaxia e fala dunha muller que foxe da residencia de anciáns onde está internada contra a súa vontade cun propósito tan teimudo coma ela: volver a súa casa.

Neste acto a autora estará acompañada por Alberto Guitián, debuxante e humorista gráfico.

 

Sandra Lodi (Lugo, 1990) é unha ilustradora, deseñadora e artista plástica lucense afincada en Santiago de Compostela. Estudou Belas Artes na Universidade de Salamanca, época en que tamén tivo a oportunidade de coñecer o método de produción creativa da Accademia di Brera (Milán).

Actualmente publica as súas ilustracións na revista satírica Mongolia e na publicación semanal El Estafador, ademais de colaborar con outros xornais como ilustradora de prensa.

En 2019 foi premiada co Segundo Premio Curuxa de Humor gráfico do Museo Xaquín Marín e en 2021 a súa obra pictórica foi seleccionada na XII Bienal de Pintura Eixo Atlántico. En 2022 recibiu o Primeiro Premio no combate mural do Culturbán (Lugo), e en 2023 no IV Certame de Pintura do Festival de Cans. Gañou, en 2024, o IV Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado coa obra Papóns, publicada en Editorial Galaxia, e ilustrou Sucos, de Ignacio Vidal Portabales (Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2023), publicado na colección Árbore de Editorial Galaxia.