TO BA'EMMA THN EIP'HNH / A OLLADA DE EIP'HNH

TO BA'EMMA THN EIP'HNH / A OLLADA DE EIP'HNH

IRENE PIN

14,00 €
IVE incluído
Non dispoñible neste momento
Editorial:
URUTAU
Ano de edición:
2021
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-65-5900-025-8
Encadernación:
Rústica

A ollada de EIP'HNH intérnase no corazón real de Europa. Aquí o continente non é ese territorio repeiteado, descrito como apoteose de todas as virtudes e exemplo do que pode a humanidade conducida pola burguesía. Aquí Europa, pola contra, é toda esta violencia, a dimensión militar da súa existencia, unha orxía da idea e a práctica de fronteira, a economía política da expulsión. O seu rostro aparece desvelado, a guerra é o seu horizonte ético. Celso Emilio Ferreiro no frontispicio, poemas alimentados de rabia e remorso, neles hai nomes e apelidos e a cualidade básica, política, da compaixón.

***

A ollada de EIP'HNH sabe que o mundo é ancho e terríbel. Sabe que o mundo non remata en si mesmo: a poesía como antídoto contra o solipsismo. A historia condénsase e o poema combate con honor contra a actualidade. “Saberás que cada tempo / debe erguerse contra si mesmo”, escribe Irene Pin en Exharhia.

***

A ollada de EIP'HNH atoutiña. Dubida, intenta. Non impón. Indetermínase. Contrario á lóxica do lucro, á procura dunha solidariedade alén do humanitarismo, arrasado pola enerxía cegadora da vida material -rostros, un campo de refuxiados, o terrorismo neoliberal, o propio corpo solitario-, en fuga respecto da hipocrisía organizada, dá no beco sen saída en que se atopa o movemento real que abroga o estado de cousas existente. Pero a vella toupeira sempre segue a fozar e iso nutre, tamén, o poema.

***

Ningún corazón indemne, ningún contarse contos. A poeta traza tamén unha crónica da derrota das nacións. Grecia funciona como disparador. É concentración de ruínas do liberalismo realmente existente e núcleo da Europa culpábel, alfombra pola que o imperialismo se desprega e o intre en que todo estoupa. Sobre ese campo de batalla, os poemas testemuñan, fan constar. Arremeten. Inscriben unha experiencia e póñena en cuestión. Sen medo ao prosaísmo, sen medo a que ninguén nin nada entre e saia deles. Os poemas respiran, son carne da carne.

***

Hai na A ollada de EIP'HNH unha conciencia en crise e ese é talvez o fundamento da poesía. Nada resulta seguro, ás verdades pola incerteza. Porén, existe a presenza do outro e a súa imprecación moral. Existen as condicións obxectivas da acumulación e a pel ferida. Existen o país natal e a desaparición da chuvia e a terra de ninguén. Os centros sociais autoxestionados e o frío histórico. Tres flores sen nome coñecido ao bordo do cantil. A destrución do horizonte e un azul tan intenso que manca. Existe o mar, inconcibíbel, e ao norte, os anacos rotos dun espello. A poesía, ao cabo, tamén é un reconto de danos. É a linguaxe cando se atreve a responder á pregunta de Virxilio e afirmar, así, que o sol engana.

Daniel Salgado

Artículos relacionados

  • XANA IRIARTE (AMALIA)
    JOSÉ ESTÉVEZ LÓPEZ
    En stock

    13,00 €

  • CARTAS DE CONXO
    XURXO ALONSO
    Dúas irmás, as Távora, envían cartas contando o que está a suceder ao seu redor nos primeiros días da Guerra Civil. Un destes escritos é interceptado pola Garda Civil e elas acaban ingresadas no Manicomio de Conxo, en Compostela. A partir de aquí Xurxo Alonso tece unha historia, en verso, que podería ter acontecido en calquera lugar de Galcia. ...
    En stock

    16,50 €

  • OS EOAS
    PONDAL, EDUARDO
    Nunca publicados en vida do seu autor, Os Eoas –cuxa versión derradeira data de 1913-1914– veñen conformar o gran proxecto épico concibido por Eduardo Pondal. A figura de Cristovo Colón –a quen o autor bergantiñán, segundo as teses de García de la Riega e Constantino Horta, presenta como galego de nación– e mais a descuberta de América constitúen, daquela, o eixe ...
    En stock

    19,50 €

  • O ÚNICO E VERDADEIRO DEUS DAS COUSAS QUE ESTÁN FEITAS UN CRSITO
    L. PARÍS, SAMUEL
    En stock

    15,00 €

  • A TETA SOBRE O SOL
    NOVO, OLGA
    Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocac...
    En stock

    12,95 €

  • MÉDICA DE GARDA
    BEGOÑA GRAÑA
    "As páxinas que seguen servirán para manter ó lector, coma o título Médica de Garda indica, en garda, presentes no recordo para non repetir tanto os erros coma os sentimentos dos sanitarios que estiveron preto dos doentes naquelas datas. Nestas páxinas están, a carón das angustias, as dúbidas, os medos, a frustración, o sufrimentos e a morte..., a beleza que só conse...
    En stock

    11,90 €