TO BA'EMMA THN EIP'HNH / A OLLADA DE EIP'HNH

TO BA'EMMA THN EIP'HNH / A OLLADA DE EIP'HNH

IRENE PIN

14,00 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
URUTAU
Año de edición:
2021
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-65-5900-025-8
Encuadernación:
Rústica
14,00 €
IVA incluido
No disponible en este momento

A ollada de EIP'HNH intérnase no corazón real de Europa. Aquí o continente non é ese territorio repeiteado, descrito como apoteose de todas as virtudes e exemplo do que pode a humanidade conducida pola burguesía. Aquí Europa, pola contra, é toda esta violencia, a dimensión militar da súa existencia, unha orxía da idea e a práctica de fronteira, a economía política da expulsión. O seu rostro aparece desvelado, a guerra é o seu horizonte ético. Celso Emilio Ferreiro no frontispicio, poemas alimentados de rabia e remorso, neles hai nomes e apelidos e a cualidade básica, política, da compaixón.

***

A ollada de EIP'HNH sabe que o mundo é ancho e terríbel. Sabe que o mundo non remata en si mesmo: a poesía como antídoto contra o solipsismo. A historia condénsase e o poema combate con honor contra a actualidade. “Saberás que cada tempo / debe erguerse contra si mesmo”, escribe Irene Pin en Exharhia.

***

A ollada de EIP'HNH atoutiña. Dubida, intenta. Non impón. Indetermínase. Contrario á lóxica do lucro, á procura dunha solidariedade alén do humanitarismo, arrasado pola enerxía cegadora da vida material -rostros, un campo de refuxiados, o terrorismo neoliberal, o propio corpo solitario-, en fuga respecto da hipocrisía organizada, dá no beco sen saída en que se atopa o movemento real que abroga o estado de cousas existente. Pero a vella toupeira sempre segue a fozar e iso nutre, tamén, o poema.

***

Ningún corazón indemne, ningún contarse contos. A poeta traza tamén unha crónica da derrota das nacións. Grecia funciona como disparador. É concentración de ruínas do liberalismo realmente existente e núcleo da Europa culpábel, alfombra pola que o imperialismo se desprega e o intre en que todo estoupa. Sobre ese campo de batalla, os poemas testemuñan, fan constar. Arremeten. Inscriben unha experiencia e póñena en cuestión. Sen medo ao prosaísmo, sen medo a que ninguén nin nada entre e saia deles. Os poemas respiran, son carne da carne.

***

Hai na A ollada de EIP'HNH unha conciencia en crise e ese é talvez o fundamento da poesía. Nada resulta seguro, ás verdades pola incerteza. Porén, existe a presenza do outro e a súa imprecación moral. Existen as condicións obxectivas da acumulación e a pel ferida. Existen o país natal e a desaparición da chuvia e a terra de ninguén. Os centros sociais autoxestionados e o frío histórico. Tres flores sen nome coñecido ao bordo do cantil. A destrución do horizonte e un azul tan intenso que manca. Existe o mar, inconcibíbel, e ao norte, os anacos rotos dun espello. A poesía, ao cabo, tamén é un reconto de danos. É a linguaxe cando se atreve a responder á pregunta de Virxilio e afirmar, así, que o sol engana.

Daniel Salgado

Artículos relacionados

  • REMAR
    En stock

    13,00 €

  • ATRAVESAR O DON
    FERN NDEZ DAVILA, FRANCISCO
    En stock

    13,00 €

  • VENDOCHE UN POEMA
    ALONSO, FRAN
    Teñen algo que ver a poesía e a publicidade A publicidade invade as nosas vidas, omnipresente. O que pode sorprender é que a publicidade bota man constantemente de moitos recursos propios da poesía. Ás veces, mesmo emprega a propia poesía para dirixirse a nós e tratar de convencernos. A partir da relación entre poesía e publicidade, Fran Alonso convídanos a explorar e...
    En stock

    13,50 €

  • EPIGRAMAS CON REPAROS
    MÉNDEZ NIETO, ELISEO
    En stock

    12,50 €

  • ANTES PASÁBASE POR AQUI
    ARIAS LÓPEZ, SONIA
    Nacida en Vidul (Paradela, Lugo, 1984) Sonia Arias López é unha escritora en lingua galega e castelá. Ten publicado os libros Parque de atracciones, Campos de batalla, Manchas de frío e Los zapatos del lobo ademais de diversas colaboracións en revistas e xornais de Galicia.Mediante unha elaborada e precisa linguaxe poética, Antes pasábase por aquí aborda e universaliza ...
    En stock

    12,00 €

  • ILUMI NOU NOS O LU ME
    En stock

    12,00 €