SANTA INÉS

SANTA INÉS

CONDE, LORENA

12,00 €
IVE incluído
Non dispoñible neste momento
Editorial:
URUTAU
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-85-7105-167-6
Encadernación:
Rústica

_sobre este livro
A feroz Santa Inés

Palabra feita corpo, moldeada a pé de escena, de creadora a creadora coa firmeza dun compromiso valente de exploración que non se detén no papel. Convite libertario a un diálogo creativo atravesado dunha poética precisa, icónica e afiada.

Invoca Lorena Conde o son dunha gruta fonda, os ecos da auga que pinga a pinga van inundando o estatismo dun cadro aparentemente relixioso. Por aquí transita a feroz Santa Inés, o año de Deus, lembranza da muller lánguida, competencia dun corpo en proxecto coa imaxinería dun santoral, o retrouso dun amor que non coñece lindes, a ladaíña de ser boa de ser boa de ser boa.

A que deixa abertas todas as moradas, todos os xardíns, Inés-Santa-Inés, a do interior inabarcable, convertida en aspirante a unha santidade laica para a que este mundo non está afeito. Teremos que chamarlle fe, teremos que chamarlle devoción e adaptar o éxtase da muller de vidro, prometida de si mesma. Deternos a observar as marxes dunha mística escollida, chea de silencio e soidade.

A feroz Santa Inés coa afouteza de ser libre, camiñando sobre la, sen reparar na grea de lobos que fan do camiño un matadoiro cheo de ouveos sedentos, que olen sen descanso o territorio dun corpo inabarcable de corazón flamíxero. Imaxes turbadoras cargadas dunha simboloxía que acabamos por sentir como propia.

Gena Baamonde

Artículos relacionados

  • A CANTIGA DA BURATA
    MIGUEL ANXO MURADO GARCÍA
    […] Unha prosa que atranca a lectura automática e provoca distanciamento e gozo estético reflexivo. Non se trata de pasar o tempo cunha trama entretida, senón de reparar no xogo proposto, irónico, simulador quer da linguaxe quer dos tópicos xornalísticos e académicos. Non importa descoñecer algúns termos, a lectura non é un exame; é un xogo instrutivo, un quefacer g...
    En stock

    17,90 €

  • A MIÑA VIDA NOUTRO LUGAR
    ROSA SUÁREZ REDONDO
    Mercedes volveu de EUA embarazada dunha filla,Indira, á que nunca lle desvelou a identidade do seu pai. Tres décadas transcorren entre esa viaxe de ida e volta de Ribadomar a Denver, para cursar estudos universitarios, e a de Indira, quen segue as pegadas da súa nai e regresan de América con información inesperada e reveladora. Con prosa sinxela e ritmo áxil, cun chi...
    En stock

    13,00 €

  • O QUE NON TEN PREZO
    PACHO BLANCO, XOSÉ M.
    Se hai algo que nos diferencia dos animais é a capacidade de soñar, de sermos mellores. Esta historia pescuda na esencia do ser humano, dende Galicia ata a India, transitando por todos os lugares que poidamos imaxinar e empapándose de todas as vidas para entender o que realmente nos une. Porque un billete de cor púrpura pode cambiar o mundo, ou polo menos tentalo. Un mundo...
    En stock

    16,50 €

  • A NOITE DO OSO
    TOMÉ, ABEL
    É 1984. Despois de tanto tempo, a xornalista Alexandra Moure regresa dende a capital á súa vila natal para acudir ao enterro do seu avó. Os días que pasa na casa familiar son unha continua revelación para ela, onde comeza a ser consciente dos feitos que a comunidade construíu durante anos, ocultos tras o silencio. Historias de nazis, da guerra, da mitoloxía, da morte… ...
    En stock

    19,00 €

  • A SOIDADE DO INQUISIDOR
    BLANCO, ALBERTE
    Durante o último terzo do século XVI, chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela rumores sobre prácticas pouco acordes coa doutrina católica no condado de Monterrei. O licenciado Xoán de Freixedo será o encargado de dirixirse á comarca do sueste ourensán para iniciar unha pescuda co fin de aclarar a natureza dos rumores. A aparición duns cadáveres de mulleres nova...
    En stock

    19,50 €

  • DE PORTEIRO XOGUEI EU
    PEDRO LENZ
    Nos anos oitenta do século XX, nunha vila típica de Suíza, un xonqui a quen todo o mundo coñece como Porteiro acaba de cumprir unha condena e quere reconstruír a súa vida. Mentres intenta coñecer as circunstancias exactas en que tivo lugar o seu ingreso na cadea, descobre, desconcertado, que nada é o que parecía ser. Der Goalie bin ig, de Pedro Lenz, publicouse en 2010...
    En stock

    16,95 €

Outros libros do autor