SANTA INÉS

SANTA INÉS

CONDE, LORENA

12,00 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
URUTAU
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-85-7105-167-6
Encuadernación:
Rústica

_sobre este livro
A feroz Santa Inés

Palabra feita corpo, moldeada a pé de escena, de creadora a creadora coa firmeza dun compromiso valente de exploración que non se detén no papel. Convite libertario a un diálogo creativo atravesado dunha poética precisa, icónica e afiada.

Invoca Lorena Conde o son dunha gruta fonda, os ecos da auga que pinga a pinga van inundando o estatismo dun cadro aparentemente relixioso. Por aquí transita a feroz Santa Inés, o año de Deus, lembranza da muller lánguida, competencia dun corpo en proxecto coa imaxinería dun santoral, o retrouso dun amor que non coñece lindes, a ladaíña de ser boa de ser boa de ser boa.

A que deixa abertas todas as moradas, todos os xardíns, Inés-Santa-Inés, a do interior inabarcable, convertida en aspirante a unha santidade laica para a que este mundo non está afeito. Teremos que chamarlle fe, teremos que chamarlle devoción e adaptar o éxtase da muller de vidro, prometida de si mesma. Deternos a observar as marxes dunha mística escollida, chea de silencio e soidade.

A feroz Santa Inés coa afouteza de ser libre, camiñando sobre la, sen reparar na grea de lobos que fan do camiño un matadoiro cheo de ouveos sedentos, que olen sen descanso o territorio dun corpo inabarcable de corazón flamíxero. Imaxes turbadoras cargadas dunha simboloxía que acabamos por sentir como propia.

Gena Baamonde

Artículos relacionados

  • HISTORIAS DE BARBANTIA
    Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte. Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír...
    En stock

    17,50 €

  • AMANTE EXPRESIONISTA, O
    MENE, ALEX
    O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, A China, O Xapón, Suíza e O Canadá. O libro constitúe unha reflexión sobre a paternidade desde dous puntos de vista: a do pai e a do fillo. O amant...
    En stock

    17,50 €

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiada...
    En stock

    19,50 €

  • MAMÁ, SORRÍ SEMPRE
    ANA CELA NEIRA
    O contido nestas páxinas son pasaxes da historia persoal da xornalista Ana Cela. Experiencias propias para falar con propiedade da ansiedade e da depresión. Para iso, hai que estar mergullado nese pozo, todo o demais son teorías e opinións que, en esencia, non serven para nada. Primeiro, porque tenden a ridiculizar e subestimar estas doenzas da alma e, segundo, porque un no...
    En stock

    14,00 €

  • NARRATIVA REUNIDA 1991-2001
    VILLALTA, LUISA
    Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). Estas tres obras, fulcrais na construción da personalidade intelectual e creativa de Luísa Villalta, son unha mostra do seu compromiso coa escrita e a sociedade que lle tocou vivir, onde, como ela dixo, “as...
    En stock

    21,90 €

  • AO SUR DA LIBERDADE
    COSTAS, XOSÉ-HERNIQUE
    En stock

    19,00 €

Otros libros del autor

  • VELLOUCAS & MINCHAS
    CONDE, LORENA
    En stock

    15,50 €

  • FESTAS DE GARDAR: DÍPTICO PARA A RESISTENCIA
    CONDE, LORENA
    En stock

    16,50 €

  • AS PUNTAS DA LOUZA
    CONDE, LORENA
    Este libro é unha homenaxe ás mans que traballan e ás que traballan coas mans. Unha ferramenta contra a opresión que se dá por evidente, que se acepta sen protestar. Un berro, unha cantiga, unha oración para esconxurar o poder da Máquina, para convocar a Liberación. Premio de Poesía Cidade de Ourense 2020. Forma parte da colección ?Fina Rei? de poesía feminina. ...
    En breve

    13,00 €