Saltar al contenido principal
Desenfundo a Pistola

Desenfundo a Pistola

Alfaya, An

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permane...

Editorial:
Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.
Ano de edición:
2026
ISBN:
979-13-992849-2-8
Páxinas:
86
Encadernación:
Rústica
18,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permaneceu oculto.

A través de imaxes de poderosa carga simbólica e da presenza de figuras como Lilith, Eva, Hipatia, Frida Kahlo, Malala ou Rosalía de Castro, a autora tece un diálogo entre a experiencia persoal e a memoria colectiva, reivindicando a forza de todas aquelas muleres que decidiron erguer a cabeza fronte ao medo.

Este libro é un acto de denuncia, pero tamén de reparación. Unha poesía que interpela, emociona e convida a mirar de fronte unha realidade incómoda sen renunciar á esperanza de transformar o mundo.

An Alfaya (Vigo, 1964) é unha das voces máis recoñecidas da literatura galega contemporánea. Cunha sólida traxectoria como narradora e autora de literatura infantil e xuvenil, publicou máis de cincuenta obras, varias delas premiadas e traducidas a outros idiomas, entre as que destacan A sombra descalza, Illa Soidade, Araquente, Muros de aire, O home de negro, O grupo ou Irracionais. Lectora apaixonada e creadora incansable, concibe a escrita como un espazo de exploración de emocións e da condición humana. Desenfundo a pistola supón o seu primeiro poemario para persoas adultas e a súa obra máis íntima, persoal e descarnada.

Artículos relacionados

Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Peixes de Luz

Peixes de Luz

Ferradáns, Miriam

Kalandraka Editora, S. l.

Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o c...

15,00 €
Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

Edicións Malafera

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €
50 Poemas de Luz

50 Poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Alvarellos Editora

Un dos principais desexos de Luz era que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos. Estes cincuenta poemas están reunidos precisamente con este obxectivo. A profesora Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección de cincuenta dos seus mellores poemas. Escritos ao longo de case oitenta a...

16,90 €
Poetas Do Ribeiro

Poetas Do Ribeiro

Aa.vv., Aa.vv.

Ir Indo Edicions, S. a.

Obra colectiva que reúne poemas e textos de autores vencellados á comarca, como Estevan Faián, Xesús Alonso Montero, Carlos Abeledo Maristany, Nesto Fernández, Adela Figueroa Panisse, Armando González López, Paula Rodríguez Bouzas e Eladio Rodríguez Fernández. Contido: Trátase dunha recompilación e antoloxía poética que dialoga coa identidade, a memoria, a paisaxe e a tradición...

20,00 €
Alaska

Alaska

Suarez, Castillo

Editorial Galaxia, S. a.

Houbo un momento en que á voz lírica destes poemas lle saíron gromos de flores pola boca; das coxas, glaciares. Mesmo tivo o estómago atravesado por siluros. Servíndose da familia léxica do frío e evidenciando a súa condición de mamífera, a autora de Alaska toma o nome dun antigo hotel da N-I para poetizar arredor da actuación do tempo sobre os espazos e sobre as relacións huma...

17,10 €

Outros libros do autor

Irracionais. (Costa Oeste)

Irracionais. (Costa Oeste)

Alfaya, An

Editorial Galaxia, S. a.

Irracionais é unha novela que convida á reflexión sobre o respecto á diversidade fronte á intransixencia de quen rexeita as distintas identidades. A obsesión do neurólogo Vicente Barbosa polo número áureo, coa complicidade da publicista Alexia Velasco e do cirurxián plástico Bruno Rodas, lévaos a tramar un plan macabro cuxa cerna agroma da discriminación sexual e de xénero. O s...

15,50 €
O Corazon Das Casas

O Corazon Das Casas

Alfaya, An

Editorial Galaxia, S. a.

15,00 €
O Grupo

O Grupo

Alfaya, An

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador? Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello do...

14,50 €
Illa Soidade

Illa Soidade

Alfaya, An

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Lucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio. Illa Soidade é unha novela iniciática que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e ...

15,50 €
A Sombra Descalza

A Sombra Descalza

Alfaya, An

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nun...

15,50 €