CANCIÓN DE SOLPOR

CANCIÓN DE SOLPOR

LEWIS GRASSIC GIBBON / CELIA RECAREY(TRAD.

15,50 €
IVE incluído
En breve
Editorial:
IRMÁS CARTONÉ
Ano de edición:
2018
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-948421-0-8

Canción de solpor é un deses textos que teñen marcado xeracións na súa lingua orixinal e que as Irmás Cartoné estamos certas de que pode facelo tamén na nosa lingua. Escollida en 2005 como a mellor obra da literatura escocesa, esta espléndida novela publicada por Lewis Grassic Gibbon en 1932 ofrécenos un apaixonante canto de amor á terra e un cru relato dun mundo e dunha forma de vida que esmorecen.



Centrándose en Chris Guthrie, unha moza que, ante a disxuntiva entre a dura vida labrega no rural escocés e o mundo atraente pero remoto dos libros e a educación, escolle permanecer na súa comunidade, Grassic Gibbon mergulla o lector nun magnífico relato do convulso paso dunha era á seguinte. Pois, nun tempo no que a mecanización comeza a mudar o traballo do campo, a irrupción da Primeira Guerra Mundial sacode a vida de Chris e da súa comunidade mudándoo todo para sempre.

Artículos relacionados

  • A POSIBILIDADE DE CHAMARLLE CASA
    ORRIOLS, MARTA
    Tina, veterana correspondente de televisión no Líbano, decide volver á casa, en Catalunya, logo dunha crise persoal. A volta ao ámbito familiar, onde a esperan unha nai distante, unha irmá perfeccionista e un pai que empeza a sufrir os danos da demencia, será máis difícil do agardado. A nostalxia por dous amores que a rodean tampouco axudarán a empezar de cero. Marta O...
    En stock

    19,95 €

  • O MILITANTE
    EIRÉ LÓPEZ,AFONSO
    A verdade tranquiliza ou desacouga?Martiño Domínguez, destacado militante nacionalista e líder sindical, dez anos despois de deixar a política activa por desavinzas, volve ter un cargo importante: presidente da Comunidade de Propietarios da rúa do Con nº 68 da cidade da Oliva.Desde o seu novo posto descríbenos os problemas sociais da veciñanza e lembra os principais epi...
    En stock

    24,00 €

  • O XOGO DE ESCHER
    ESTEBAN, MANUEL
    Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, indistinguibles da vida real. Pero no xogo de Escher algúns xogadores conseguen chegar máis alá das aparencias. «O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción. Ou, talvez, unha novela histórica. Ou unha reflexión sobre o problema de demarcación...
    En stock

    17,50 €

  • AS TRES VIDAS E AS CATRO MORTES DE ROBERTO SEOANE
    SERAFIN PARCERO
    En stock

    24,90 €

  • A FORZA ESCURA
    COUPERUS, LOUIS
    Arredor de 1900, o neerlandés Otto van Oudijck desempeña o cargo de gobernador da provincia de Labuwangi, unha vila costeira ficticia próxima a Surabaia, na illa de Xava. Con esta obra Louis Couperus exerceu unha crítica ben temperá, penetrante e explícita, do colonialismo, dos europeos “que se instalan nunha terra que lles é hostil”. Para o autor, que toma partido po...
    En stock

    20,10 €

  • MINIA, AMOR DOE
    ESTÉVEZ LÓPEZ,JOSÉ
    Por fin cortei as cadeas, por fin escapei do xugo dun matrimonio que acababa coa miña saúde física e mental. De verdade, facédeme caso, nuna é tarde para tomar unha decisión deste tipo a facer as reparacións e reformas necesarias.O peor dos malos tratos é normalizalos, convertelos en habitables, ver esa relación tóxica como unha relación natural, coa que hai que lida...
    En stock

    18,00 €