Saltar al contenido principal

Libros de Narrativa en galego 1260 resultados

¿Por que Deus Faría a Brétema. Narrativa Reunida

¿Por que Deus Faría a Brétema. Narrativa Reunida

Vergara Vilariño, Fiz

Aínda que Fiz Vergara Vilariño é coñecido principalmente pola súa calidade poética, en ¿Por que Deus faría a brétema Narrativa reunida, Iago Rodríguez Yáñez recolle o máis salientable da súa interesante produción en prosa (trinta relatos e unha novela que non chegou a rematar), a gran maioría descoñecida. Son narracións na súa fala louzariña, con pezas entre infantís con fondo ...

22,10 €

Días Felices con Fábia

Días Felices con Fábia

Cermeño, Xosé

Días felices con Fábia é unha historia de sedución e enganos que transcorre no Porto. Un realizador de televisión en horas baixas chega para facer un documental sobre a acuicultura dos polbos e coñece a Fábia, unha bióloga que vai remover case todo na súa vida. As historias de amor empezan sempre cunha mentira. Sabémolo, e facemos coma se non o soubésemos. Deixamos que todo sig...

22,55 €

Tes Cinco Minutos #3

16,45 €

Escola de Mulleres

Escola de Mulleres

López Silva, Inma

Escola de mulleres é unha novela sobre unha fuxida. A súa protagonista foxe da dor, da perda, dunha realidade incerta, da gaiola de ouro que os homes queren construír para pechala e admirala, da opresiva camisa de forza das convencións sociais. E para acadalo emprega a ironía e o seu propio corpo como armas, como camiño cara a unha redención que sospeita imposible. E así a súa ...

23,40 €

Lembranzas Dun Mestre Subversivo

Lembranzas Dun Mestre Subversivo

Medina Dacasa, Xacobe

Natalia descobre o pasado familiar cando o seu pai, Manuel, cae enfermo e a súa nai, María, lle conta, en longas conversas, as circunstancias que ambos os dous viviron desde mozos. Manuel é un profesor de filosofía rebelde, que afronta a súa enfermidade con optimismo e está marcado por un pasado antifranquista que o levou a procurar seguridade fóra de España. Os problemas coa f...

14,90 €

Anatol e Dous Mais

Anatol e Dous Mais

Riestra, Blanca

Para os tres protagonistas, cada día era unha bebida burbullante e agridoce, un calvario cheo de chistes e de paxaros e, ás veces, dun pracer incomprensible. Paula posúe todos os defectos propios dunha iluminada, co grao exacto de depravación e de desamparo. Gustavo é mullereiro, narigudo e estudoso: adora o sol, os mendigos e as tendeiras. Anatol é baixiño e chámase Pepe e, co...

17,20 €

A Beleza Debe Morrer

A Beleza Debe Morrer

Corbillon, Mercedes

Así é Venecia, soño e calixe, cidade encantada e panterlo para as lembranzas e as fantasías dos amantes, dos solitarios e dos extraviados. Venecia como espello que reflicte o amor ata que remata escachando en mil anacos, recriminacións e remorsos. Venecia como tránsito cara á incerteza do futuro. E unha muller madura, na compaña da súa nai, percorre as súas pontes e canais para...

21,40 €

Schlumpf, Erwin: Homicidio

Schlumpf, Erwin: Homicidio

Glauser,Fiedrich

Schlumpf, Erwin: Homicidio, publicada en 1936, é a primeira das cinco novelas que protagoniza Studer. Nela xa queda moi ben presentada a poderosa figura do sarxento, cuxas aventuras nos van revelando unha Suíza descoñecida, moi afastada do tópico do chocolate, o queixo e os reloxos.Esta novela considérase a fundadora da tradición da novela policial en alemán. Isto explica que o...

14,96 €

Tabiba

Tabiba

Porteiro, Maria Xose

Disque do amor ao odio só hai un chanzo. Con Tabiba, María Xosé Porteiro mergúllanos nun mundo de paixóns contraditorias que oscilan entre ambos sentimentos. Nos escenarios desta novela, desde o Alto Atlas ata o desesto de Sahel, da Mariña luguesa ata Londres e desde calquera outro lugar do mundo ata Barcelona, aniñan seres á procura do esencial e do transcendente, da razón e d...

18,00 €

O que Queda de nós

O que Queda de nós

Mayoral, Marina

O que queda de nós ofrece xuntas as dúas versión da historia de dous seres que a vida separou e que se amaron sempre. (Unha árbore, un adeus, 1988; Ao pé do magnolio, 2004). Marina Mayoral narra a historia de Laura e Paco e amósanos unha reflexión sobre ese sentimento misterioso que chamamos amor: "Un sentimento escolleito que moi poucos chegan a vivir, aínda que todo o mundo p...

22,10 €

In Articulo Mortis

In Articulo Mortis

Garcia Mañan, Luis Manuel

Despois da morte de Manuel Blanco Romasanta no presidio de Ceuta en 1863, o cura e capelán do Penal, que o atendeu "in articulo mortis", decide colgar a sotana encabuxado por distintas razóns. Pasados os anos, transformado en xuíz, é destinado á Audiencia de Ourense, onde se atopa coa historia de M. B. R. e decide estudar o proceso e determinar a razón pola que o reo manifestab...

17,60 €

O Libro Do Futbol

O Libro Do Futbol

Varios

Dicía Eduardo Galeano que o fútbol é a única relixión que non ten ateos. E aínda aqueles que deostan este deporte non poden renegar das moitas veces que de nenos correron entusiasmados detrás dun balón dándolle patadas nunha rúa ou nun descampado. Unha improvisada cancha foi o feliz territorio da infancia de moitos de nós. Sobre ela forxáronse inesperadas alianzas e naceron gra...

17,60 €

A Quadratura Do Círculo

A Quadratura Do Círculo

Adela Figueroa Panisse

Nesta coletânea de contos referem-se diferentes histórias que têm como quadro ambiental Lugo. Sâo três relatos independentes, mas que tratam de temas relativos á esta cidade em diversos tempos. Aconteceres que poidam ter sucedido noutra cidade qualquer, nomeadamente da Galiza. ...

17,90 €

O Cego de Pumardedon

O Cego de Pumardedon

Del Riego, Paco

16,00 €

Viva a Comuna!

Viva a Comuna!

Meixide, Carlos

«Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade. Novela de longo alento, ambiciosa e emocionante, nas súas páxinas cobran vida personaxes irrepeti...

24,95 €

Nomes Propios

Nomes Propios

Pérez Recarey,Celestino

En NOMES PROPIOS recóllense relatos breves, onde o protagonismo recae nas mulleres, nos homes e lugares onde se desenvolven estas historias.Nalgúns deles, nárranse momentos relacionados co amor nas súas diversas formas, pero tamén vivencias traumáticas como a enfermidade ou o fracaso profesional. Noutros, prodúcese un achegamento ás nosas lendas e feitos fantásticos que poden t...

12,00 €

Ninguén e Compañia

Ninguén e Compañia

G. Aneiros,Alberto

Ningén e compaña principia cun conto, a modo de prólogo, que satiriza as xerarquías literarias estabelecidas actualmente, que priman os productos novelísticos sobre os textos de narrativa breve ou minimalista.O libro consta de dúas partes: o relato inicial da primeira inclúe tres contos dun mesmo narrador que nos vai mostrando algúns personaxes peculiares do mundo do espectácul...

13,00 €

A Petición de Auli

A Petición de Auli

Ramón Torrado Romero

Un home solitario ao que o amor lle foi esquivo, e o seu sobriño Auli, un rapaz de once anos observador e intelixente, inician unha viaxe xuntos.Non é fácil para os protagonistas desta emotiva novela de Ramón Torrado Romero, dous seres perdidos, faltos de afecto e con escasa fe no ser humano, estar en sintonía, pero as experiencias comúns e o tempo compartido irán derrubando os...

15,00 €

Beowulf

Beowulf

Bravo García, Antonio

Estamos ante una traducción al castellano -expresada en verso alejandrino- del poema épico Beowulf (probablemente del s. VIII) cuyo manuscrito se encuentra en la British Library de Londres. Se trata de una traducción literal, verso a verso, de modo que la versión castellana coincide en la mayoría de las líneas métricas con el texto del mismo verso anglosajón. Se conserva la est...

10,00 €

Non Temerás os Coches Amarelos

Non Temerás os Coches Amarelos

Villar, Marta

A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta máis do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e...

19,95 €

A Monxa e o Grumete

A Monxa e o Grumete

Pardo De Neyra, Xulio

Aló onde os meandros do Miranda habitan nas branquias das troitas, o ar da Terra Brava insiste en cicatrizar os pousos do alustro que fixeron dunha pel o mapa da melancolía máis atonal, Pedro e María de Miranda Ribadeneyra aprenderon a construír á vez os seus máis lícitos devezos, malia que os lóstregos da inmundicia tratasen de lles esgazar os lamentos. É esta a pintura dun re...

20,55 €

A Inmoral Doutora Cons

A Inmoral Doutora Cons

Roberto Fernández Álvarez

O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar. Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu. A tensión entre tradición e progreso a través da Medicina. Drama...

22,90 €

A Gran Novela Galega

A Gran Novela Galega

Cequeliños, Cesar

20,00 €

O Sangue Dos Camiños

O Sangue Dos Camiños

Ramón Caride Ogando

18,00 €

Funánbulas

Funánbulas

Charo Valcárcel

Os relatos de Funánbulas están protagonizados por mulleres que se ven obrigadas a facer arriscados equilibrados na perigosa fronteira da violencia, a inxustiza, a soidade, a cordura, a vinganza.... Hai mulleres que non son mulleres, hai outras que só so ...

12,00 €

Piñeiro o Aviador e o Sr. Verne

15,00 €

Amor de Tango

Amor de Tango

Queizán, María Xosé

En «Amor de tango» María Xosé Queizán presenta unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo. É a novela das traballadoras que espertaron á vida naquela urbe pionei...

18,95 €

Vémonos Mañá

Vémonos Mañá

Monteagudo, Xosé

A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai medio século. Ese mesmo día, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na súa casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da súa xuventude. Agora pretende velo para oír dos seus labios as explicacións que leva demasiado tempo agardando. «Vémonos mañá» é o r...

19,50 €

Lobos Doentes

Lobos Doentes

Tizón, Antonio

Ao pé da Torre de Hércules aparece o cadáver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o enderezo de tres prostíbulos. Este será o primeiro dunha serie de crimes que remiten a diferentes autorías que semellan ter un só punto en común: a aplicación da lei do talión. Esta novela, na que o policía Sánchez Pereiro se transforma noutro dos moitos lobos e loba...

20,50 €

Moza Falangueira Procura Lingua Materna

Moza Falangueira Procura Lingua Materna

Evans-Corrales,Carys

"O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade a través do son das plabras". Así define este particular libro de memorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingüistica, profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos ...

16,95 €