Saltar al contenido principal
Ósos de Santo

Ósos de Santo

Xosé Manuel Del Caño

Ósos de santo, no rego encetado con Un tiro para Méndez Ferrín e outras historias, nútrese de relatos, textos e situacións de agora mesmo, acabados de saír do forno, que aparecen ao lado de retallos doutros que foron agromando ao longo das últimas catro décadas. Todos teñen como denominador común, unha vez máis, a fascinación que sentiu e sente X.M. del Caño, polos grandes escr...

Editorial:
Edicións Embora
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-17824-85-3
Páxinas:
142
Encadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA(NOVELA)
16,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Ósos de santo, no rego encetado con Un tiro para Méndez Ferrín e outras historias, nútrese de relatos, textos e situacións de agora mesmo, acabados de saír do forno, que aparecen ao lado de retallos doutros que foron agromando ao longo das últimas catro décadas. Todos teñen como denominador común, unha vez máis, a fascinación que sentiu e sente X.M. del Caño, polos grandes escritores galegos. Atendendo ao título, non poderían faltar os ósos de santo. Cada disciplina, cada ámbito, cada sector ten os seus valores, mitos e primeiras figuras; o seus anseios, frustracións, éxitos e derrotas. Tamén as súas reliquias.

Artículos relacionados

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

O Libro Dos Anatemas

O Libro Dos Anatemas

Eudoxia, Val

O primeiro libro de Val Eudoxia abre as carnes do patriarcado, extrae da dor e a opresión materia viva que brilla neste monllo de relatos que abraian e estremecen. «O Libro dos anatemas non só denuncia a violencia relixiosa e social exercida sobre as mulleres, senón que a transforma en materia simbólica, en alegoría feroz e en insurrección literaria». Do prólogo de Emma Pedreir...

19,00 €

A Cámara Das Marabillas

A Cámara Das Marabillas

Oruña, María

O crime perfecto tamén pode ser unha obra de arte. O novo misterio da raíña do thriller. Máis de 1.500.000 lectores. No maxestoso Palacio Dourado, situado no centro de Madrid, o máis selecto do mundo da arte reuniuse para a inauguración de Pentimento, un museo que amosa reproducións de obras de arte icónicas no contexto no que se exhibiron por primeira vez. Amanda Mendoza, a an...

23,95 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Outros libros do autor

Un Tiro para Méndez Ferrín e Outras Historias

Un Tiro para Méndez Ferrín e Outras Historias

Xosé Manuel Del Caño

O prestixio deste libro fascinante non está en desvelar certas intimidades, nin en amosar o xeito, ás veces un pouco torpe, co que se desenvolven as persoas que admiramos cando andan pola parte máis mundana das súas vidas. ...

16,00 €