ANATOL E DOUS MAIS

ANATOL E DOUS MAIS

RIESTRA, BLANCA

16,30 €
IVE incluído
En breve
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Ano de edición:
2023
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-1176-005-8
Páxinas:
148
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria

Para os tres protagonistas, cada día era unha bebida burbullante e agridoce, un calvario cheo de chistes e de paxaros e, ás veces, dun pracer incomprensible.
Paula posúe todos os defectos propios dunha iluminada, co grao exacto de depravación e de desamparo. Gustavo é mullereiro, narigudo e estudoso: adora o sol, os mendigos e as tendeiras. Anatol é baixiño e chámase Pepe e, como todos os seus amigos en Santiago, quere ser escritor.
Este libro fala do sagrado e o terrible, fala das inocentes alegrías da vida que, como dicía Kierkegaard, non teñen máis ca un defecto: a súa mesma inocencia. Non é soamente un paseo polo efémero da xuventude, é a historia doutra “educación sentimental”, torpes, ás veces tenra. Hai que familiarizarse coa lama, porque só na lama crecen rosas.
E desta cidade húmida que se che mete nos ósos e remata sendo unha enfermidade chea de musgo.

Artículos relacionados

  • O NADADOR
    CHEEVER, JOHN
    En stock

    22,00 €

  • HISTORIAS DE BARBANTIA
    Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte. Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír...
    En stock

    17,50 €

  • AMANTE EXPRESIONISTA, O
    MENE, ALEX
    O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, A China, O Xapón, Suíza e O Canadá. O libro constitúe unha reflexión sobre a paternidade desde dous puntos de vista: a do pai e a do fillo. O amant...
    En stock

    17,50 €

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiada...
    En breve

    19,50 €

  • MAMÁ, SORRÍ SEMPRE
    ANA CELA NEIRA
    O contido nestas páxinas son pasaxes da historia persoal da xornalista Ana Cela. Experiencias propias para falar con propiedade da ansiedade e da depresión. Para iso, hai que estar mergullado nese pozo, todo o demais son teorías e opinións que, en esencia, non serven para nada. Primeiro, porque tenden a ridiculizar e subestimar estas doenzas da alma e, segundo, porque un no...
    En stock

    14,00 €

  • NARRATIVA REUNIDA 1991-2001
    VILLALTA, LUISA
    Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). Estas tres obras, fulcrais na construción da personalidade intelectual e creativa de Luísa Villalta, son unha mostra do seu compromiso coa escrita e a sociedade que lle tocou vivir, onde, como ela dixo, “as...
    En stock

    21,90 €

Outros libros do autor