Saltar contido

Libros de Narrativa en galego 1287 resultados

Cayo Hueso

Cayo Hueso

Amantegi, Oihane

Rodolfo e Priscila

"A tempada de lagostas comeza en Cayo Hueso a principios de agosto. Vén sendo así dende que o mundo e mundo". E sempre é motivo de celebración. Virgil, crítico musical, chega á illa un martes, atraído polo engado dos ritmos sureños. Maudey chega o sábado coa súa banda de jazz para cantar durante as festas. Os dous axiña se coñecen, se desexan e namoran. Ou non, pois é difíci...

18,00 €
Morrer Sabendo Poucas Cousas

Morrer Sabendo Poucas Cousas

Barcelo, Joan Enric

Aira

Homes derrotados polo desamor, xubilados que estrañan recoñecemento, a historia nunca contada do máis rebelde creador de realities... Joan Enric Barceló crea un universo cheo de contrastes, malentendidos, momentos gloriosos entre o patetismo e o ridículo. Nos once relatos que compoñen este libro hai unha galería de personaxes inesquecibles en situacións aparentemente cotiás, pe...

19,00 €
Á Hora Sinalada

Á Hora Sinalada

Catoira, Rafael

Hércules Ediciones, S. a.

A emigración foi ata hai pouco unha viaxe natural dos galegos. Detrás do verde intenso dos fentos e dos toxos, detrás do verde gris das ondas do océano, os emigrantes buscaron en América e logo nos países prósperos da Europa do século XX, os lugares aos que os empurrou a necesidade de mellora económica e a adversidade das circunstancias sociais. No pulo da épica de enfrontarse ...

18,00 €
Annete, Unha Epopea

Annete, Unha Epopea

Weber, Anne

Aira

Contar a vida de Anne Beaumanoir é contar a historia do século XX (versaletas). Unha muller que loitou na Resistencia francesa con só 19 anos. Que desafiou as ordes cando lles salvou a vida a dous adolescentes xudeus. Que cando os alxerianos se ergueron contra o colonialismo francés, preferiu pórse do lado dos seus supostos inimigos independentistas, malia que iso supuxese ir a...

19,00 €
Saga Dos Groenlandeses. Saga de Erik o Roxo

Saga Dos Groenlandeses. Saga de Erik o Roxo

Portela, Elias

Rinoceronte Editora

20,00 €
Nós Estamos Ben, Non ?

Nós Estamos Ben, Non ?

Vilar Landeira, Ramón

Espiral Maior

Estas crónicas da sociedade que se nos vai das mans foron publicadas en La Voz de Carballo como material de valor e agora recobran nova vida en forma de libro. Adquieren outra dimensión e convértese en relatos intemporais. Solidificaron. O tempo deulles un pouso e un peso de profundidade literaria. Seguen sorprendendo por moito que se lean do dereito ou do revés. E son, sobre t...

18,00 €
66

66

Queipo, Xavier

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Xavier Queipo, un dos narradores galegos que máis se ten prodigado na narrativa breve, celebra o seu 66 aniversario con esta colección de sesenta e seis relatos breves, aos que engade un limiar esclarecedor. A primeira parte do libro, «Relatos atópicos», recolle contos no sentido estrito, aínda que con sorpresas; «Gabinete de curiosidades» fai lembrar as prosas das súas entrega...

21,95 €
Odio. (Premio Xose Neira Vilas Literatura Xuvenil 2025)

Odio. (Premio Xose Neira Vilas Literatura Xuvenil 2025)

Romero De Avila, Gabriel

Editorial Galaxia, S. a.

Premio Neira Vilas de Literatura Xuvenil 2025. Todo apunta ao comezo dunha nova guerra entre humanos e droides nas Terras de Poñente. Neo Vigo, a cidade dos neons e os rañaceos antigravitatorios, aínda lembra a bomba atómica que estourou sobre o estadio de Balaídos hai dez anos e que terminou coa revolta da Nai Computadora. Pero agora hai un influencer que se dedica a reavivar ...

15,50 €
Medio Sol Amarelo

Medio Sol Amarelo

Ngozi Adichie, Chimamanda

Rinoceronte Editora

Medio sol amarelo ambiéntase nun momento clave da historia contemporánea africana: o da loita de Biafra por conseguir a independencia de Nixeria, a finais da década de 1960, e a guerra civil a que deu lugar. Este conflito cambiará a vida de Olanna, que abandona a comodidade da capital nixeriana para vivir nunha cidade pequena e poeirenta con Odenigbo, profesor universitario de ...

23,00 €
Sarela

Sarela

Tojo, Marga

Edicións Positivas, S. l.

Unha xornalista de volta en Compostela, un trompetista, o cadáver dunha muller no río Sarela, unha forense que foi psiquiatra, unha aparición, unha compañeira, un amor, moito desexo, demasiadas superviventes, unha trama de corrupción e de violencia sexual, un feixe de homes necios e varios fíos dos que tirar. ...

15,00 €
Amar/Azar

Amar/Azar

Fraiz, Javier

Editorial Galaxia, S. a.

O que por lóxica debería suceder talvez non aconteza. O que semella improbable pode pasar. O azar é coma un deus e compórtase coma o diaño. A diferenza entre morrer e vivir, entre ter e perder, entre querer e volver, redúcese aos detalles. De Ourense a París, da felicidade dunha voda ao dó e o loito, do convencemento ás dúbidas, do amor ao azar. ...

17,65 €
A Casa Do Calello

A Casa Do Calello

Messina, Maria

Irmás Cartoné

Antonietta, filla dun labrego endebedado, casa con don Lucio, un usureiro acredor de seu pai. A súa irmá máis nova, Nicolina, acompáñaa no seu traslado á cidade para que non se sinta soa na súa nova vida, pero o que nun principio ía ser unha curta estadía convértese nunha longa e abafante convivencia en que ambas as irmás se ven sometidas á férrea autoridade de don Lucio. ...

15,00 €
Cacharelas e Marusías de Pedra

Cacharelas e Marusías de Pedra

Villar Ferreiro, Majo

Ir Indo Edicions, S. a.

19,00 €
Ensaios Sobre o Efemero

Ensaios Sobre o Efemero

Vaqueiro, Vitor

Editorial Galaxia, S. a.

Os relatos que compoñen Ensaios sobre o efémero- título que abana entre a ironía e a veracidade- fican marcados pola concisión e o intento de síntese, estruturados en tres agrupamentos - Anais, Biografías, Relatorios- que percorren unha ampla singradura ao longo da Historia protagonizados por personaxes ficticios e reais de variadas culturas, dende a Antigüidade clásica ata ope...

18,50 €
Detrás Da Cancela

Detrás Da Cancela

Miller, Charlotte

Discursiva

Un pasaxeiro é atopado morto nun tren e, inda que, a primeira vista, semella unha morte natural, pronto xurdirá a sospeita de asasinato. Entrementres, non moi lonxe de alí, na apracible viliña na que a vítima pasara as súas últimas horas, comeza a rexurdir un escuro segredo que leva máis de corenta anos soterrado. O inspector Jarek Doria terá que descubrir se ambos os feitos es...

18,00 €
O Vento

O Vento

Scarborough, Dorothy

Irmás Cartoné

Tras quedar orfa e sen recursos aos dezaoito anos, Letty Mason ten que abandonar o seu cómodo fogar en Virxinia para se instalar no rancho do seu primo Beverly, o seu único parente, en Sweetwater (Texas). No tren de camiño á súa nova residencia, coñece a Wirt Roddy, un peculiar personaxe que lle desaconsella o lugar. Letty trata de enfrontarse a este cambio con optimismo, pero ...

18,50 €
Antoloxía Do Conto Galego de Tradición Oral

Antoloxía Do Conto Galego de Tradición Oral

Harguindey, Henrique / Barrio, Maruxa

Editorial Galaxia, S. a.

22,60 €
Cando Marchan As Luces

Cando Marchan As Luces

Blanco Pose, Amalia

Editorial Galaxia, S. a.

Este libro afonda na fraxilidade de existir, na loita invisible entre a mente e o corpo, nunha espiral de ecos que non calan. Non é un estudo nin unha análise, só a deriva dun pensamento que se enlea en si mesmo, ancorado entre a memoria e o esquecemento. Lúa, unha rapaza de 16 anos nada en Barcelona, sofre de depresión tras a morte do seu pai. A súa vida convértese nun labirin...

16,85 €
Morte en Kingston Road

Morte en Kingston Road

Alcañiz Lorenzo, Carmen

Baía Edicións

Anos despois da morte da súa única irmá, Susan Clark segue tentando soportar a perda o mellor que pode. O baleiro que deixa Ruth é inmenso, e a vida de Susan é menos que ideal. Ás portas dos corenta, e estancada nun traballo que detesta, bota en falta o apoio da súa irmá, que era o piar da súa familia. Desencantado co seu traballo, o detective Mike Solano está a piques de deixa...

21,00 €
Fora de Foco

Fora de Foco

Pato, Cristina

Editorial Galaxia, S. a.

Marieta Carracedo é unha xornalista de Madrid que se obsesiona co traballo e coa vida da fotógrafa neoiorquina Basil Cancela, unha artista que no mellor momento da súa carreira resolve retirarse da vida pública e desfacerse da súa obra. Marieta desexa atopar as razóns que levaron a Basil a tomar unha decisión tan complexa e, polo camiño, emprende unha viaxe persoal que a leva a...

17,75 €
Eva Tomando o Sol

Eva Tomando o Sol

Castro, Francisco

Editorial Galaxia, S. a.

Un famoso escritor retírase ao rural galego coa idea de rematar alí os seus días. O que non espera é que o amor, en toda a súa intensidade, co seu sexo desbordante, se lle apareza. Ao seu espírito e ao seu corpo. Unha novela que tamén se interroga sobre o sentido da literatura, dos libros e, no fondo, da vida, onde Francisco Castro fala de amor e de sexo cando somos vellos. Por...

17,25 €
O Nadador no Mar Secreto

O Nadador no Mar Secreto

Kotzwinkle, William

Rinoceronte Editora

Johnny e Diane Laski esperan o seu primeiro fillo nunha recuada localidade do Canadá. Porén, todo se complica ao chegaren á sala de partos.Este breve libro conta a historia dun difícil nacemento dende o punto de vista do pai, quen narra con naturalidade os sentimentos que esperta a chegada dunha nova vida e a delgada liña que separa a vida da morte. ...

12,00 €
Indiana

Indiana

Sand, George / Dupin, Amantine Aurore

Editorial Galaxia, S. a.

Indiana (París, 1832) é a primeira novela que Amantine Aurore Dupin escribe baixo o pseudónimo de George Sand, onde denuncia as condicións de vida das mulleres casadas en Francia ao longo da primeira metade do século XIX. A autora crea, con audacia, a personaxe de Indiana, unha fermosa rapaza crioula, arredada dos estereotipos, e, a través da súa historia, aborda temas tabú e i...

24,00 €
Libro Das Contrarias

Libro Das Contrarias

Agra, Agustin

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. Fá...

17,50 €
As que Non Dormen Nash

As que Non Dormen Nash

Redondo, Dolores

Aira

Na sima de Lagarrea aparece o cadáver de Andrea Dancur, que levaba tres anos desaparecida e por cuxo asasinato cumpría condena Salomé Aduriz, a ex parella da nai da moza asasinada. A doutora Nash Elizondo, chamada polos medios «a psicóloga dos mortos», recibe a encarga de investigar que sucedeu de verdade con Andrea, que sucedeu de verdade no val do Baztan. Mais outro misterio ...

22,90 €
Tamarindo

Tamarindo

Queipo, Xavier

Aira

Arquipélago de St. Kitts e Nevis. Un home recupera a liberdade xusto no momento no que a súa memoria empeza a esclarecer que foi del nos últimos anos. Unha treboada está a piques de azoutar as illas e a súa vida. Xavier Queipo recupera un personaxe das súas obras Malaria sentimental e Os kowa nunha obra sobre a amizade e a traizón. «Unha trama envolvente e fascinante», dixo d...

18,00 €
Washington Square

Washington Square

James, Henry

Editorial Galaxia, S. a.

Washington Square publicouse por primeira vez por entregas na revista inglesa Cornhill (xuño-novembro de 1880) e como novela en decembro dese mesmo ano. A obra, protagonizada por unha fea e parva Catherine (en palabras da protagonista), afonda nas relacións familiares dunha rica vinculeira cando o atractivo Morris Townsend pousa os seus ollos nela con intencións matrimoniais. O...

21,05 €
Vantaxes e Inconvenientes de Case Todo

Vantaxes e Inconvenientes de Case Todo

Cermeño, Xose

Editorial Galaxia, S. a.

Este é un libro de prosas breves escrito para persoas escépticas e perplexas. E non só para elas. Son benvidos a estas páxinas amantes da lectura a quen lles guste ir peteirando un pouco de aquí e un pouco de acolá, deixándose levar e sorprender. Vantaxes e inconvenientes de case todo fala de libros, de cidades, de cociñas, de xentes ilustres, de persoas anónimas, de paisaxes e...

16,45 €
Memorias de Cara B

Memorias de Cara B

Fernandez Domonte, Fernando A.

Elvira Editorial

Nestas Memorias de Cara B reúnense vinte e cinco relatos, todos baseados en feitos reais, contados en primeira persoa por quen os viviu, ben como protagonista, actor secundario ou mera testemuña. Non se narran neles sucesos transcendentes, senón vivencias curiosas —cotiás ou sobrevidas— que lle poderían pasar a calquera. Pero o autor enxéñase para, dalgún xeito, converter en ca...

24,00 €
A Garza Alucinada.

A Garza Alucinada.

Aa.vv.

Alvarellos Editora

Nove orixinais relatos breves que foron premiados no Certame Manuel Murguía do Concello de Arteixo. Diferentes e sedutoras propostas narrativas que transitan entre a realidade e a ficción. Escriben: Ignacio Silva, Natalia Alonso Ramos, Francisco Rozados "Rochi", Roberto Rodríguez González, Agustín Agra, Inma Núñez, Antía Yáñez, Óscar Reboiras e Clara do Roxo. ...

18,50 €