Saltar contido
Indiana

Indiana

Sand, George / Dupin, Amantine Aurore

Indiana (París, 1832) é a primeira novela que Amantine Aurore Dupin escribe baixo o pseudónimo de George Sand, onde denuncia as condicións de vida das mulleres casadas en Francia ao longo da primeira metade do século XIX. A autora crea, con audacia, a personaxe de Indiana, unha fermosa rapaza crioula, arredada dos estereotipos, e, a través da súa historia, aborda temas tabú e i...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-417-9
Páxinas:
344
Encadernación:
Rústica
24,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Indiana (París, 1832) é a primeira novela que Amantine Aurore Dupin escribe baixo o pseudónimo de George Sand, onde denuncia as condicións de vida das mulleres casadas en Francia ao longo da primeira metade do século XIX.
A autora crea, con audacia, a personaxe de Indiana, unha fermosa rapaza crioula, arredada dos estereotipos, e, a través da súa historia, aborda temas tabú e inmorais naquel intre, coma o adulterio e o desexo feminino.
Á parte de cuestionar o modelo do matrimonio convencional e explorar os temas do amor, a liberdade e a emancipación feminina, George Sand ofrece un estudo da sociedade e os costumes da súa época, ademais de retratar o contexto histórico e político da convulsa Francia do momento, que combina cunha intriga sentimental. O seu estilo recorre a unha linguaxe poética na descrición das paisaxes e as emocións, ademais de dotar os personaxes de gran profundidade psicolóxica.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €
Dos Afectos, o Río

Dos Afectos, o Río

Ruvira, Sofía

Editorial Galaxia, S. a.

Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus. Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se enfrontou ao poder e que chegou a converterse nun símbolo para a veciñanza. Pero invest...

18,80 €

Outros libros do autor

L'orco

L'orco

Sand, George

Nordica Libros

Conocida bajo el alias de George Sand, Amantine Aurore Dupin fue una escritora de espíritu rebelde y libertario, una de las voces que más influyeron en la literatura de su tiempo. «Estábamos, como tantas veces, reunidos bajo el emparrado. Era una noche de tormenta, el aire era denso y el cielo rebosaba de nubes negras surcadas por continuos relámpagos. Guardábamos un melancóli...

9,95 €