Saltar contido
Morte en Kingston Road

Morte en Kingston Road

Alcañiz Lorenzo, Carmen

Anos despois da morte da súa única irmá, Susan Clark segue tentando soportar a perda o mellor que pode. O baleiro que deixa Ruth é inmenso, e a vida de Susan é menos que ideal. Ás portas dos corenta, e estancada nun traballo que detesta, bota en falta o apoio da súa irmá, que era o piar da súa familia. Desencantado co seu traballo, o detective Mike Solano está a piques de deixa...

Editorial:
Baía Edicións
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-9995-463-9
Páxinas:
320
Colección:
Narrativa
21,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Anos despois da morte da súa única irmá, Susan Clark segue tentando soportar a perda o mellor que pode. O baleiro que deixa Ruth é inmenso, e a vida de Susan é menos que ideal. Ás portas dos corenta, e estancada nun traballo que detesta, bota en falta o apoio da súa irmá, que era o piar da súa familia.
Desencantado co seu traballo, o detective Mike Solano está a piques de deixar o seu posto na comisaría de Thames Valley. Os seus compañeiros critican a súa falta de carácter, polo que antes do seu traslado a unha pequena cidade no sur do país, quere demostrarlles a todos, e a si mesmo, que segue sendo o brillante detective de outrora. Para iso, proponse resolver un caso que lle anda pola cabeza desde hai tempo: a morte da doutora Ruth Webber. Solano está convencido de que o que se considerou no seu día como un suicidio non foi tal e, para tratar de probalo, decide contactar con Susan Clark, a irmá pequena da vítima, e solicitar a súa axuda para reabrir o caso.

Artículos relacionados

A Miseria

A Miseria

Quintia, Xerardo

Editorial Galaxia, S. a.

PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2026 No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta nove...

17,10 €
A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €