VERSOS PARA ALÉN DA PONTE

VERSOS PARA ALÉN DA PONTE

XOSÉ DE CEA

12,00 €
IVE incluído
Non dispoñible neste momento
Editorial:
URUTAU
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-65-87076-40-9
Encadernación:
Rústica

«Teño medo de cruzar a ponte. Teño medo de cruzar a ponte ». No medio da brétema con que a morfina, o haloperidol e o fentanilo acariñaban a conciencia de miña mai na planta de coidados paliativos do Hospital Lucus Augusti, estas palabras xurdidas da súa boca moribunda abriron unha raiola de ferinte lucidez. Tras varios anos nos que a morte avanzou coa lentitude dunha apisoadora, devastando o seu corpo nunha longa serie de operacións cirúrxicas e terapias químicas e radioactivas, aquela frase tiña a forza incontestable dos arquetipos junguianos. Di Juan Eduardo Cirlot, no seu Dicionario de símbolos, que «…o paso da ponte é a transición dun estado a outro, en diversos niveis (épocas da vida, estados do ser), pero a outra beira, por definición, é a morte». Miña mai non sabía quen eran Jung ou Cirlot e, probablemente, nunca escoitara palabras como arquetipo; pero naqueles días falou con asiduidade cos seus devanceiros mortos e deu os pasos para afrontar aquel último desafío. Estes versos escribíronse antes, durante e despois deste episodio nas nosas vidas, brutal e definitivo como unha amputación; irrevogable tamén, como unha ponte.

Artículos relacionados

  • A VIXILIA DO BOSQUE
    ÁLVAREZ TORNEIRO, MANUEL
    Neste outro título inédito e de aparición póstuma fai o autor simultáneos os anos dunha soa existencia, estremecida e sensible, cos séculos todos do mundo, que bulen nas copas das árbores mentres as súas raíces descansan no infinito. Ocorre, ese encontro da sensibilidade coa verdade, na hora en que o bosque flota entre o sono e o real agasallándolle epifanías a quen ...
    En stock

    14,00 €

  • EN CONCRETO
    VILLALTA, LUISA
    En stock

    22,00 €

  • ENTRE NÓS E O EO
    PIN E CANDO,BEATRIZ E ANTÓN
    En stock

    13,00 €

  • BLANCA MANZANA
    ÁNGELA GAVILÁN
    En stock

    14,90 €

  • O CANTAR DAS MIÑOCAS
    LOPEZ VEIGA, ROBERTO
    En stock

    14,90 €

  • XANA IRIARTE (AMALIA)
    JOSÉ ESTÉVEZ LÓPEZ
    En stock

    13,00 €

Outros libros do autor

  • DENDE A MIÑA BARRICADA DE SOFÁS E CANAPÉS
    XOSÉ DE CEA
    Comtemplar como todo se esfarela, como o mundo se esborralla depredado pola praga humana, ser espectador dunha tarde e preguiceira apocalipse dende a comunidaden dun fogarn ben mantido no primeiro mundo. Facelo até quen algo racha nos adentros, unha demencia transitoria que impele a cavar trincheiras baixo as alfombras, que deixa a un espido fronte a unha incerteza radical, li...
    En stock

    14,90 €