UN GORRO RUSO

UN GORRO RUSO

PÉREZ DÍAZ, CLAUDIO / PÉREZ MORATILLA, CLAUDIA

16,95 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Ano de edición:
2023
Materia
Galicia
ISBN:
978-84-1110-295-7
Páxinas:
120
Encadernación:
Rústica
Colección:
Memoria

O 23 de xullo de 1936, cando as tropas rebeldes entraron en Ribadeo, os irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto viron como se esvaían os seus soños de xuventude: a defensa da República e do Estatuto de Galicia remataron bruscamente para eles e as súas vidas esnaquizáronse. Manuel, que era médico, cruzou o río ata As Figueiras (Asturias), onde sufriu un calvario de guerra, cárcere, torturas, condenas, represión e un exilio interior compartido durante anos pola súa familia. Claudio fuxiu ao monte, lonxe de Ribadeo, en Frieira, onde permaneceu agochado un tempo; conseguiu chegar a Nova York e alí residiu durante quince anos antes de regresar á súa casa. Cun emotivo ton memorialista, Claudio Pérez Díaz e a súa filla Claudia Pérez Moratilla narran en «Un gorro ruso» os acontecementos vividos por estes dous irmáns familiares seus, activos participantes da política galeguista de Ribadeo. Esta é a historia dunha familia, coas súas lembranzas e sentimentos únicos, pero a un tempo compartidos e similares a outros relatos dos que sufriron as consecuencias de defender a República e perder a guerra.

Artículos relacionados

  • DA CALZADA AO CASCO VELLO DE VIGO
    LAMAS, JORGE
    Sen saír do Vigo histórico, máis alá do que os vigueses chamamos «Casco Vello» tamén hai historia. Dende onde se ergueron as antigas murallas do século XVII e cara ao leste, onde se xuntaron as parroquias históricas de Santiago de Vigo e Santa María de Vigo, houbo moita actividade humana dende hai máis de dous mil anos. Para coñecer ese pasado e as súas pegadas no ...
    En stock

    21,50 €

  • APROXIMACIÓN HISTÓRICA ÁS PARROQUIAS DE NOIA
    MANUELA PÉREZ MATO
    O territorio parraquial rural foi o marco social, administrativo, onde se desenvolveu a vida do campesiñado galego ata os tempos actuais. A parroquia é a estrutura administrativa máis inmediata ao pobo rural, funcionando coma elemento de cohesión nun marco elemental de convivencia, agrupando as distintas aldeas e lugares en eventos comúns. ...
    En stock

    16,00 €

  • GRIAL 237
    VARIOS
    FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO: TESTEMUÑO E COMPROMISOMALORES VILLANUEVAA Real Academia Galega escolleu a Francisco Fernández del Riego como o persoeiro homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. O que fora presidente da institución durante o período de 1997-2001, impulsara esta festividade que soñara en tempos da república, como deixa constancia nun artigo de 1933 ...
    En stock

    13,50 €

  • OS LOBARIÑAS FEIXOO
    RAMOS RODRÍGUEZ, PERFECTO
    Gregorio Lobariñas Feixoo é unha das figuras máis descoñecidas e atractivas da nosa historia cultural. Este inquisidor de Crecente escribiu As Galegadas, de a cabalo entre os séculos XVI e XVIII, obra hoxe perdida, mais escrita en lingua galega en plenos Séculos Escuros. Antonio Jacinto Lobariñas Feixoo, un dos seus parentes, nacido en Filgueira (Crecente) no século XVI...
    En stock

    19,95 €

  • SACHO DE SEDA
    PÉREZ, ABRAHAM
    En stock

    10,00 €

  • OSEIRA. EL ESPLENDOROSO RENACER DE SU ABADIA EN LA
    LIMIA GARDON, FRANCISCO JAVIER
    En stock

    18,72 €