A Revolución Dos Vagalumes
O Dereito a Soñar Sen Medo
Rivas, Manuel
Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...
Sinopse
Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a consigna máis canalla: «La guerra è bella!».
Onde se foron de vacacións as conciencias? «A revolución dos vagalumes» denuncia o conformismo das elites servís, intelectuais e mediáticas, e desarma os negacionismos. As palabras queren volver escoitar e dicir. Resistir ante este feísmo inmoral. Exercer o dereito a soñar sen medo. A humanidade comparte coa natureza unha esperanza sustentable, un reduto sagrado: a pulsión creativa, xerminal. Unha constelación do espertar.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Información de seguridad
- Cargando la información ...
Artículos relacionados
Outros libros do autor