Saltar al contenido principal
Merlin e Familia

Merlin e Familia

Cunqueiro, Alvaro

Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permane...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-485-8
Páxinas:
148
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
17,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo. Un universo único na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta novela, que desde o momento da súa publicación supuxo un fito no tocante á renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, adobiada dun fino sesgo humorístico, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián. O libro fundacional da narrativa de Cunqueiro, poboado de personaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas prodixiosas.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Cara a Times Square

Cara a Times Square

Gonsar, Camilo

Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...

19,00 €

Miniaturas e Outras Dimensións

Miniaturas e Outras Dimensións

Alvarez Caccamo, Xose Maria

Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das Miniaturas contrastan cos máis extensos do apartado Outras dimensións. O tempo comprimido das Miniaturas expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida histor...

16,50 €

O Lapis Do Carpinteiro

O Lapis Do Carpinteiro

Rivas, Manuel

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles...

19,50 €

A Primeira Dama

A Primeira Dama

Romero Suárez, Julio

Michelle Obama decide percorrer unha parte da ruta xacobea, alá polo 2010, mentres o seu esposo, dende a Casa Branca, dirixe o destino do seu país e tamén de gran parte do mundo. Na peregrinación, acompáñana unha serie de personaxes (escolta, intérprete, secretaria...).A primeira dama experimenta as ensinanzas do Camiño, reflexionando sobre as súas propias impresións, á par dos...

12,00 €

Espigas Queimadas

Espigas Queimadas

Rañales, Pablo J.

Os corpos violentados de Alba e Rafael trastocan a cotiandade de Piornedo, unha bucólica casa rural situada nas profundidades dos Ancares. Son, despois de sete días atrapados na súa habitación, unha muller esnaquizada a puñadas e un home colgado no baño. ...

15,00 €

Boundaries Road

Boundaries Road

F. Santomé, Cecilia

Boundaries Road é unha marca no mapa da periferia anódina de Londres. Un sitio coma outro calquera ata que á porta do número 62 aparece Cecilia, que necesita un cuarto para alugar, e Natalie e Tom, que buscan unha inquilina temporal, a acollen sen pensalo demasiado. Nesa casa fermosa, exótica e fascinante, todos eles serán felices ata que unha crise insospeitada estale. Anos de...

18,95 €

Outros libros do autor

De Santos y Milagros

De Santos y Milagros

Cunqueiro, Álvaro

"De santos y milagros" es una antología temática que reúne una ampliay variada serie de textos que el genial escritor gallego ÁlvaroCunqueiro publicó en diferentes periódicos y revistas desde losinicios de la guerra civil hasta su muerte. Lo hagiográfico ymilagroso fue una constante sobre la que Cunqueiro regresó una y otravez a lo largo de su obra, mostrando a través de ella t...

20,00 €

A Cociña Galega

A Cociña Galega

Cunqueiro, Alvaro

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Neste segundo volume voltamos á cociña de Cunqueiro, un libro básico da historia d...

21,55 €

Al Pasar de los Años Articulos Periodisticos 1930-1981

Al Pasar de los Años Articulos Periodisticos 1930-1981

Cunqueiro, Alvaro

Según cálculos aproximados, Álvaro Cunqueiro publicó a lo largo de medio siglo cerca de veinte mil artículos. El periodismo fue su modus vivendi y más de una vez confesó su inclinación a «transformar la noticia más urgente en literatura».Buena muestra de ello son los doscientos artículos seleccionados por Miguel González Somovilla para esta Antología periodística que pretende i...

50,00 €

Herba de Aquí e de Acolá

Herba de Aquí e de Acolá

Cunqueiro, Álvaro

Un feixe de poemas do mellor Cunqueiro foron recollidos neste libro, que amosa unha vez máis a modernidade da súa escritura. Gárdanse nas súas páxinas pezas mestras, nun conxunto que resultou clave na modernización da lírica galega a partir dos anos 80. ...

17,50 €

Os Outros Feirantes

Os Outros Feirantes

Cunqueiro, Álvaro

Retratos ao miúdo, coma os que se adoitaban facer nas feiras, Os outros feirantes é un libro escrito con maxia verbal e, ao tempo, con autenticidade. No fondo destas páxinas latexa o pálpito vivo dunha Galicia chea de humor e enxeño. Retratos que teñen como modelo a xente inventada ou mesmo tirada da realidade do país, ou ambas as cousas á vez. ...

20,65 €

Xente de Aquí e de Acolá

Xente de Aquí e de Acolá

Cunqueiro, Álvaro

Un dos xéneros literarios que Álvaro Cunqueiro cultivou con gran mestría e acerto foi o retrato. Personaxes con vida propia coma o picapreitos Somoza de leiva, que tiña un can que só lle ladraba á parte contraria, ou Leiras de Parada, que adormecía os capóns léndolles artigos de prensa. Xente nosa, verdadeira, recreada con maxistral dominio da arte literaria. ...

20,65 €

Outros clientes tamén mercaron

Deixe a Súa Mensaxe Despois Do Sinal

Deixe a Súa Mensaxe Despois Do Sinal

Portabales Santomé, Arantza

As historias poden contarse de moitas formas. Mais poucas tan orixinais coma esta, deslumbrante, que nos propón Arantza Portabales neste segundo libro logo do éxito sen discusión da súa anterior novela, Sobrevivindo. Un mollo de voces que deixan mensaxes nun contestador. Historias de moitas almas que imos construíndo a medida que escoitamos o que se deixa nun aparello, frío, qu...

22,10 €