Saltar contido
Marxinalia

Marxinalia

Xabier Paz

Xabier Paz publica o seu primeiro libro de poemas andados os cincuenta anos. Desde aquela publica outros catro poemarios callando a súa traxectoria creativa coma un inzamento da conciencia poética dende o eu lírico subxectivo até a conciencia expandida, de alento transhistórico e transcultural. "...cando falo dun poeta maduro non me refiro a que Xabier Paz domine o instrumental...

Editorial:
Medulia Editorial S. l.
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-10324-41-1
Páxinas:
456
Encadernación:
Rústica
24,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

Xabier Paz publica o seu primeiro libro de poemas andados os cincuenta anos. Desde aquela publica outros catro poemarios callando a súa traxectoria creativa coma un inzamento da conciencia poética dende o eu lírico subxectivo até a conciencia expandida, de alento transhistórico e transcultural.



"...cando falo dun poeta maduro non me refiro a que Xabier Paz domine o instrumental da mecánica do verso, do poema; refírome a que ten un mundo, e que a poesía, nel, forma parte dunha interrogación, dunha pescuda e que é por iso polo que o fascínio que sobre nós exerce a medida música dos seus versos procede non da calidade do ornamento, senón dun estraño, dun ascético rigor, que é severa vontade de coñecemento... a busca dunha estética en sentido cultural, antropolóxico, un paso máis nese seguir contándose a conciencia, é a compaixón polos esforzos dos outros -vivos ou mortos- que teñen axudado a facérmonos como somos: o recoñecemento dunha herdanza". (Rafael Chirbes no seu prólogo a Filoxenia do sangue).



No presente volume recóllese a totalidade da obra poética publicada xuntando unha adealla de case medio cento de poemas inéditos o que permite a recuperación actualizada da vertente poética do autor.

Artículos relacionados

Peixes de Luz

Peixes de Luz

Ferradáns, Miriam

Kalandraka Editora, S. l.

Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o c...

15,00 €
Terra Baixo As Uñas

Terra Baixo As Uñas

Aleixandre, Marilar

Editorial Galaxia, S. a.

Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma cor...

14,50 €
Forma Crúa de Vida

Forma Crúa de Vida

Cid, Rosendo

Editorial Galaxia, S. a.

Escrito desde a necesidade de entender os mecanismos do humano, e plasmado por quen posúe a intuición, a intelixencia e a perspicacia precisas para desentrañalos (ou inventalos), Forma crúa de vida é un libro de espírito aforístico e aproximación surrealista que indaga na individualidade como un construto imaxinario ou social. ...

18,20 €
Desenfundo a Pistola

Desenfundo a Pistola

Alfaya, An

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

Desenfundo a pistola é un poemario que afronta sen concesións a violencia, a desigualdade e as feridas que o patriarcado grava no corpo e na memoria das mulleres. Cunha voz poética intensa e depurada, An Alfaya constrúe un itinerario de resistencia onde a dor convive coa dignidade, a rabia coa esperanza e o silencio coa necesidade de nomear o que durante demasiado tempo permane...

18,00 €
Irreversible

Irreversible

Sanchez, Oscar

Edicións Malafera

"comprendédeme só no irreversible,neste punto á marxe onde toda cousa é allea"Autor: Óscar SánchezIlustrador: Óscar Sánchez ...

17,00 €
O Milagre Da Pera no Tempo.

O Milagre Da Pera no Tempo.

Díaz Estévez, Suso

Diputación Provincial de Ourense

O milagre da pedra no tempo é un canto de amor, devoción e asombro ante un dos grandes tesouros do noso patrimonio: o templo visigótico de Santa Comba de Bande e a memoria mítica de San Trocado. Coincidindo co centenario da súa declaración como Monumento Nacional, o poeta Suso Díaz Estévez constrúe unha arquitectura de palabras e silencios que latexa coa forza dos séculos, as a...

15,00 €

Outros libros do autor

A Filla de Lucrecia

A Filla de Lucrecia

Xabier Paz

Belagua Ediciones y Comunicación, S. l.

>Lucrecia de León (Madrid, 1567) deu a luz a súa filla nos calabozos toledanos da Inquisición. Con este pé histrórico, coma noutras ocasións, Xabier Paz escribe a posíbel historia de Alba, filla de Lucrecia. A peripecia de dúas mulleres sinaladas pola xustiza é a loita por sobrevivir nas estremas. A vontade ferreña da nai e as súas habelencias, quer de adiviña quer de parteira,...

20,00 €
Antroposofía Xeral

Antroposofía Xeral

Xabier Paz

Medulia Editorial S. l.

Xabier Paz ofrécenos nos seus poemas ensaísticos unha reflexión que quere ser chamada da nosa condición animal vestida de cultura, traxe imposto, e do logos, contraditoria ferramenta que, de tan humana, nos arreda da Vida. Un chamado trashistórico para reivindicar o que de común temos os humanos: pulsións, instintos... Antes de inventármonos os Deuses, as mans erguidas leváron...

14,90 €