LINGUAXES DIXITAIS

LINGUAXES DIXITAIS

VIDAL, CLARA

12,00 €
IVE incluído
Non dispoñible neste momento
Editorial:
URUTAU
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-85-7105-046-4

«Hai un dobre sentido en todo / o que me roza os labios». É así como fica aberta a porta de dobre folla que permite a entrada a Linguaxes dixitais, o primeiro poemario de Clara Vidal (A Coruña, 1992). Un conxunto de textos que se bifurca en dous corpos de poemas do mesmo xeito con que o trazo da lingua bífida se divide, igual que se vertebra este percorrido. Desde o equívoco á polisemia, a linguaxe das xemas convértese en algo táctil mais tamén comestible e que ten que ver co agro e co leito, unha serie de tese e antítese que bambea o poemario dun lado ao outro no elástico equilibrio da lingua: ser da terra e firme ou do aire e evanescente. Empregando unha linguaxe corporal precisa que equipara o pracer de nomear a crear a terra no primeiro día do mundo, a autora funda o corpo, os corpos, sinala o punto exacto do agro no que xermolar; a súa fala entra en contacto cos labores da terra e o devalo das lúas para falar do lugar pero tamén do eu, do nós e do desexo. A lingua feita para dominar a terra e esta que crea unha esixencia de lixar as mans para traducila a palabras. A linguaxe musical, por outra banda, constrúese no aire e para non ficar. A emoción pairando a poucos centímetros dos corpos tombados, como unha estratosfera na que se vai formando, a base de construcións efémeras, unha paisaxe de palabras rutilantes e necesarias xa que, como di a autora, «non ten sentido falar se non me entendes».

Este de Clara Vidal é un poemario de textos perpendiculares a si mesmos, que medran desde a raíz que o eu cravou no chan desde os primeiros versos e que vai facendo colleita de símbolos a través da posesión da linguaxe. Porque nomear cada obxecto é metelo na boca e posuílo dun xeito total e primixenio, coma se estes versos estivesen escritos coa lingua física, o órgano, a musculatura toda da boca, en exercicios de ximnasia e forza poética de nivel superior.

Emma Pedreira

Artículos relacionados

  • XANA IRIARTE (AMALIA)
    JOSÉ ESTÉVEZ LÓPEZ
    En stock

    13,00 €

  • CARTAS DE CONXO
    XURXO ALONSO
    Dúas irmás, as Távora, envían cartas contando o que está a suceder ao seu redor nos primeiros días da Guerra Civil. Un destes escritos é interceptado pola Garda Civil e elas acaban ingresadas no Manicomio de Conxo, en Compostela. A partir de aquí Xurxo Alonso tece unha historia, en verso, que podería ter acontecido en calquera lugar de Galcia. ...
    En stock

    16,50 €

  • OS EOAS
    PONDAL, EDUARDO
    Nunca publicados en vida do seu autor, Os Eoas –cuxa versión derradeira data de 1913-1914– veñen conformar o gran proxecto épico concibido por Eduardo Pondal. A figura de Cristovo Colón –a quen o autor bergantiñán, segundo as teses de García de la Riega e Constantino Horta, presenta como galego de nación– e mais a descuberta de América constitúen, daquela, o eixe ...
    En stock

    19,50 €

  • O ÚNICO E VERDADEIRO DEUS DAS COUSAS QUE ESTÁN FEITAS UN CRSITO
    L. PARÍS, SAMUEL
    En stock

    15,00 €

  • A TETA SOBRE O SOL
    NOVO, OLGA
    Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocac...
    En stock

    12,95 €

  • MÉDICA DE GARDA
    BEGOÑA GRAÑA
    "As páxinas que seguen servirán para manter ó lector, coma o título Médica de Garda indica, en garda, presentes no recordo para non repetir tanto os erros coma os sentimentos dos sanitarios que estiveron preto dos doentes naquelas datas. Nestas páxinas están, a carón das angustias, as dúbidas, os medos, a frustración, o sufrimentos e a morte..., a beleza que só conse...
    En stock

    11,90 €