HISTORIA DA EDUCACIÓN E DA CULTURA EN GALICIA (SÉCULOS IV-XX)

HISTORIA DA EDUCACIÓN E DA CULTURA EN GALICIA (SÉCULOS IV-XX)

PERMANENCIAS E CAMBIOS NO CONTEXTO CULTURAL E EDUCATIVO EUROPEO

COSTA RICO, ANTÓN

65,95 €
IVE incluído
4-8 días
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Ano de edición:
2004
Materia
Galicia
ISBN:
978-84-9782-220-6
Páxinas:
1248
Encadernación:
Rústica
Colección:
Universitaria

Esta impresionante obra do profesor Antón Costa Rico analiza e valora o rico e múltiple pasado educativo e cultural de Galicia desde a súa romanización e cristianización até o presente, á luz e no contexto da historia cultural e educativa europea. Importantes personaxes, institucións educativas e culturais, iniciativas e obras intelectuais e literarias saen á luz nuns casos, ou son examinadas no cadro da sociedade galega e nos contextos hispano e europeo, cando é oportuno. Unha obra que constitúe unha detida análise dos procesos educativos e culturais en Galicia no tempo da historia antiga, durante a alta e baixa Idade Media, no renacemento, ao longo do Antigo Réxime e da Ilustración, así como os dous últimos séculos da historia de Galicia. A materia de estudo, as súas formas, os libros e os textos, as idades escolares, a biblioteca, as institucións, os intercambios dos galegos con Europa e América, o papel da Igrexa Católica entre nós, os conflitos culturais, a incoporación dos avances e das reformas científicas, isto é, unha visión poliédrica do que fomos desde o ángulo educativo e cultural; unha historia social do coñecemento en Galicia, co trasfondo da historia cultural e educativa europea.
Prologada por Xosé Ramón Barreiro Fernández e por Agustín Escolano Benito, a obra componse de dez capítulos, cun extraordinario acompañamento de notas críticas e de referencias bibliográficas, unha antoloxía de textos literarios e pedagóxicos acaídos e amplos índices analíticos, onomásticos, toponímicos, de obras e de institucións citadas no texto, máis unha biografía xeral.
Unha obra fundamental de estudo, de referencia e de consulta obrigada, sobre a nosa historia cultural e educativa, elaborada con criterio académico e tamén marcadamente didáctico, de interese para profesores de todos os niveis educativos, estudosos, curiosos e lectores no campo da historia, da literatura e a filoloxía, a filosofía e a educación.

Artículos relacionados

  • GALICIA, UN MAR CON HISTORIA
    DUBERT, ISIDRO
    Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar. O mar situou o país na cerna da historia europea e do mar chegaron mudanzas que mesmo afectaron á vida cotiá das xentes do interior. Neste libro abórdase a importancia de Galicia nas rutas marítimas que trouxeron a fenicios, gregos e romanos até ás súas costas. Igualmente, a participación do vello reino na reacti...
    En stock

    22,95 €

  • 50 ANOS DE ABRIL NA GALIZA
    CARLOS PAZOS-JUSTO: ROBERTO SAMARTIM (EDS.)
    A 25 de Abril de 1974, o Movimento das Forças Armadas, coroando a longa resistência do povo português e interpretando os seus sentimentos profundos, derrubou o regime fascista. Libertar Portugal da ditadura, da opressão e do colonialismo representou uma transformação revolucionária e o início de uma viragem histórica da sociedade portuguesa. Preâmbulo da Constitui...
    En stock

    16,00 €

  • GALIZA MATER, RAÍS ANTERGA. MANUEL RODRIGUES LAPA
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    "Á Galiza de sempre, raíz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro". Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrigues Lapa antepuxo á súa monumental edición das 'Cantigas d'escarnho e maldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses' (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto da traxectoria de Editorial Galaxia. Henrique Mont...
    En stock

    17,20 €

  • SOIDADES DO ALFABETO:CRIPTOETNOGRAFIA.(MORGANTE)
    SOLLA, CARLOS
    En breve

    20,00 €

  • VERSO E ACORDE
    POMBO, ALBERTO
    Por que se buscaron a literatura galega e a música tras o golpe de Estado de 1936 Como naceu a música infantil galega Onde se sitúan as orixes do pop galego Por que a finais dos 70 o folk foi recoñecido como música celta Que papel xogaron as orquestras que tocan no campo da festa Como é a literatura galega musicada Como se conformaron na Galiza o rock, o punk, o bravú ou...
    En stock

    20,95 €

  • A BURACA DAS CHOIAS
    GARCIA GARCIA, SONIA MARIA
    La exploración de A Buraca das Choias, en la sierra de O Courel, es uno de los más importantes hitos de la espeleología en Galicia en los últimos cuarenta años.A Buraca das Choias ha sido durante mucho tiempo "la cueva deseada". Varios grupos espeleológicos y de buceadores han intentado adentrarse en las entrañas de la montaña a través del ojo de cerradura que conforma...
    En stock

    26,00 €