HERBAS DA NOITE
UNHA GUÍA EXPRESIONISTA DAS HERBAS DE SAN XOÁN.
DORES PEREIRA E PAULA LAGO
Herbas da noiteEsta pequena guía das herbas de San Xoán non ten máis intención cá de recoller os usos populares e propiedades das herbas que se apañan na véspera desta data máxica. Esta idea nace da constatación de que a medida que pasan os anos vaise perdendo esta tradición e, con ela, os nomes das plantas, e as plantas mesmas, ao iren desaparecendo as depositarias (pois maior...
Sinopse
Herbas da noite
Esta pequena guía das herbas de San Xoán non ten máis intención cá de recoller os usos populares e propiedades das herbas que se apañan na véspera desta data máxica. Esta idea nace da constatación de que a medida que pasan os anos vaise perdendo esta tradición e, con ela, os nomes das plantas, e as plantas mesmas, ao iren desaparecendo as depositarias (pois maiormente son mulleres) desta humilde pero entrañable sabedoría.
Eu fun polo monte con elas de pequena e gardo memoria desas tardes en que descubrir o "tromentelo", o "fento en crus" ou os poexos era unha alegre, divertida e enriquecedora aventura. Máis tarde fun quen de recoñecer arrecendos que me trasladaron a esas tardes despreocupadas e felices e alimentaron a miña memoria visual e olfactiva.
Comentarios
Queres ser o primeiro en comentar este libro?Artículos relacionados