Saltar contido
Grial 234 (Abril-Maio-Xuño 2022)

Grial 234 (Abril-Maio-Xuño 2022)

Quen Desafía o Patriarcado? Respostas Violentas e Contraargumentos

Varios

Na madrugada do 2 de xullo de 2021, na cidade da Coruña, un mozo chamado Samuel Luiz foi, primeiro perseguido pola rúa e despois brutalmente golpeado por un grupo de persoas ata causarlle a morte. O asasinato, considerado desde o primeiro intre un caso de violencia homófoba, conmocionou o país e, á fin, abriu un debate que a Galicia do século XXI só beireara timidamente ata ese...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Materia:
Galicia
Colección:
Grial
13,00 €
IVE incluído
Reservar
Engadir a favoritos Notificar dispoñibilidade

Sinopse

Na madrugada do 2 de xullo de 2021, na cidade da Coruña, un mozo chamado Samuel Luiz foi, primeiro perseguido pola rúa e despois brutalmente golpeado por un grupo de persoas ata causarlle a morte. O asasinato, considerado desde o primeiro intre un caso de violencia homófoba, conmocionou o país e, á fin, abriu un debate que a Galicia do século XXI só beireara timidamente ata ese momento, quizais vítima dun substrato violento ancorado na propia estrutura da nosa cultura que agroma de xeito virulento diante da visibilización de identidades diversas, compromisos alternativos aos discursos dominantes, e formas de vida contrarias á heteronormatividade que sustenta o concepto tradicional de familia, alicerce dunha moral maioritaria na Galicia actual.

A intolerancia, a incapacidade para aceptar formas de vida diferentes, é unha das causas principais deste agromar da violencia que este monográfico axuda a pensar en termos non estrictamente subxectivos. A violencia aparece así como a negación da liberdade dos outros, do seu dereito para facer a súa vida, e maniféstase a través da intimidación, da ameaza, explícita ou tácita, da invisibilización, que é tanto como negar o dereito a participar na vida pública como diferentes, e a negación do espazo público, que agora se revela tamén como propiedade da maioría social. É a lóxica dos guetos. Así, non ao chou, a violencia exércese contra quen cuestiona as normatividades aparentemente invisíbeis que son os alicerces do consenso social: aquel que destrúe as certezas imaxinarias das identidades sociais que herdamos. A agresión ao diferente, que a asasinato de Samuel Luiz condensou, é a consecuncia última dun mal comunitario que nin é irracional nin xorde de individuos illados, senón que ten as súas raíces na linguaxe, na estrutura social, e, polo tanto, nun consentimento tácito de formas de desigualdade e inxustiza, microinvisibilizacións e microagresións que vemos e escoitamos todos os días.

A negación da autonomía do diferente, da liberdade para ser el/ela/ele para ocupar os espazos "públicos" coa que, de feito, convivimos mirando cara a outro lado, lonxe de amosarse como propia de sectores ultras, insensíbeis ou pouco formados da sociedade galega, resulta ser transversal, e maniféstase en todos os ámbitos: en sectores intelectuais (xerando e lexitimimando o relato violento), políticos (con certo medo ás accións lexislativas, que son as que poden levar a loita contra a violencia ás políticas públicas) e nos medios de comunicación (no tratamento pseudoaséptico, irracionalista ou subxectivista destes tipos de violencia), unhas prácticas que atopan a súa xustificación discursiva en complexas redes de opinión e crenzas con diversas arestas en distintos factores socioculturais, mais que se alicerzan en todos os casos no patriarcado como estrutura que reacciona violentamente contra os elementos capaces de desestabilizalo.

As páxinas que seguen tratan de expor o problema e de fornecer de elementos para o debate a partir dalgúns deses factores, que seleccionamos como unha achega posíbel sen vontade de exhaustividade, por outra banda imposíbel dadas as características desta publicación. A todas as persoas que colaboraron neste pequeno monográfico, propúxoselles a pregunta que rolda as reflexións antes mencionadas: se o patriarcado se sente atacado, de onde procede o desafío? Como lexitima o patriarcado —uniformador, totalitario— o seu discurso diante da crecente visibilización desafiante da diferenza?

Entendemos que é precisa unha reflexión sosegada, desde unha filosofía rigorosa arredor da diversidade, coma a que propón Carme Adán, así como unha nova conceptualización arredor da diferenza nunha cultura, a galega, fortemente condicionada polo sobredimensionamento do discurso sobre unha única identidade, a nacional, que a miúdo deixou de lado a reflexión sobre outras conformacións do eu e dos eus, eses que constrúen a identidade colectiva. Na raíz desa conformación do pacto social é no que se fixa a xuíza Paz Filgueira, a partir da construción política e xurídica do Estado de Dereito, para resumir o tratamento xurídico doutra das formas de violencia patriarcal, a machista.

Asemade, detectamos que a linguaxe como construto, lonxe de ser consecuencia, ten moito que ver coas causas da aceptación colectiva dos discursos violentos e a súa propagación, especialmente nun tempo onde a velocidade para o espallamento dese tipo de simplificacións discursivas é enorme a causa da internet. Nesa liña escribe Rexina Vega, nunha reflexión que se pode poñer en relación coas fórmulas artísticas desde as que reconstruír eses discursos, nomeadamente o literario, como demostra Danny Barreto, no seu percorrido pola literatura galega dos últimos anos arredor da diversidade sexual. As ficcións, coma sempre, ofrecen alternativas posíbeis á realidade, solucións creativas, reflexións imposíbeis na inmediatez da actualidade, e afondamentos no trauma persoal e colectivo que non procederían no descoñecemento diario.

Cómpre asumir que é preciso responsabilizarse da violencia e de non interpretala nin en termos irracionalistas, como pulsións instintivas, nin puramente psicoloxizantes ou patolóxicas,senón como efecto dunha lóxica social inxusta e desigual. Son estes conceptos, xustiza, igualdade e, dende logo, liberdade, os que poden axudar a entender o que está en xogo na aceptación social o contido político e a responsabilidade de cada un no proceso de lexitimación destas violencias. Cómpre tamén construír politicamente a liberdade e defender o dereito das persoas que se identifican con sexualidades ou xéneros non heteronormativos a facer a súa vida, de gozar dos espazos públicos e da cultura común e non vivir a súa identidade como trauma ou conflito. Queda un traballo por facer, en realidade, que consiste en desfacer, paradoxalmente, a normalización desde a mocidade de actitudes agresivas e violentas, dos silencios, das linguaxes e das formas de identidade normativa que acaban condicionando as vidas dos outros que non poden ser vividas xa de forma libre e xusta. No caso de Samuel Luiz, esa forza silente que lexitima a violencia acabou esnaquizando a golpes o seu corpo unha noite na Coruña.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

Apapachoa. (Iii Premio de Ensaio Camiño de Santiago 2025)

García Jiménez, Enrique

Editorial Galaxia, S. a.

A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...

17,50 €
Vento de Marzo

Vento de Marzo

Barro Múñoz-Ortiz, Teresa

Laiovento, S. l.

Nacida no litoral coruñés, onde os temporais do Orzán imprimen carácter e memoria, Teresa Barro debuxa en Vento de marzo. Caderno de memoria unha travesía vital que percorre nove décadas de mundo (1936-2026). Da infancia na Galiza da posguerra silenciosa, áspera, vixiada pola ditadura ás aulas de Santiago e Madrid, a autora reconstrúe o espertar dunha conciencia que atopou na l...

19,95 €
O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
A Batalla Do Futuro

A Batalla Do Futuro

Garcia Turnes, Beatriz

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega. Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resiste...

38,00 €
Unha Historia de nós

Unha Historia de nós

Diego Dios, Pablo

Editorial Galaxia, S. a.

Que pasaría se a historia máis fascinante nunca antes contada estivese diante túa Que pasaría se che falase do primeiro reino de Europa, da primeira escritora de Occidente, dun meigo que acabou sendo bispo, de mosteiros agochados no bosque onde se custodiaban aneis máxicos, dun pobo en rebelión que derrubou fortalezas e inxustizas, dun tempo onde todo un reino cabía nun castelo...

19,50 €
Un País de Eucaliptos

Un País de Eucaliptos

Carbajo Centeno, Primitivo Francisco

Morgante

O eucalipto é moito máis ca unha árbore. È industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. È promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas. Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitose ...

20,00 €

Outros libros do autor

Da Fala Ao Prelo (Anexos Brag 12)

Da Fala Ao Prelo (Anexos Brag 12)

Varios

Real Academia Galega

Agora que a Real Academia Galega cumpre 120 anos de vida é unha boaocasión para darmos a coñecer parte do valioso material bobliográfico que seconserva na nosa institución, presentando un catálogo alfabético dos libros e dosfolletos existentes na Biblioteca da Academia que foron publicados entre os anos1800 e 1936 e que conteñen textos escritos en galelo ou ben que tratan dalin...

18,00 €
Chumba la Cachumba

Chumba la Cachumba

Varios

Ekaré S. l.

"Cuando el reloj marca la una, los esqueletos salen de la tumba". Hora tras hora crece el alboroto en el cementerio hasta que el reloj vuelve a marcar la una y los esqueletos vuelan a la luna. Una divertida manera de aprender a leer la hora gracias a la fiesta visual que brindan las ocurrentes ilustraciones. ...

9,50 €
Grial 248. Outubro Novembreo Decembro 2025

Grial 248. Outubro Novembreo Decembro 2025

Varios

Editorial Galaxia, S. a.

A aparición de Internet, a Rede de Redes (WWW), na segunda metade do pasado século, inaugura un novo tempo na economía, na produción cultural, nos fluxos de comunicación, nas relacións entre os pobos e entre as persoas, no ámbito particular (privado) e no político, no científico e na creación artística, no pensamento, no lecer, nas relacións comerciais, na educación, nos serviz...

15,00 €
Grial 249 (Xan. feb. mar. 2026)Ramónotero Pedrayo,Guia de Galicia

Grial 249 (Xan. feb. mar. 2026)Ramónotero Pedrayo,Guia de Galicia

Varios

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Otero Pedrayo, unha homenaxe xusta. Patricia Arias Chachero. Xesús Alonso Montero dicía que Ramón Otero Pedrayo era un autor "oceánico", e tiña razón. Cando faltan poucas semanas para que se conmemore o quincuaxésimo aniversario do seu pasamento, e hai meses que o Parlamento de Galicia declarou, por unanimidade, o 2026 como Ano Oteriano, continúan aparecendo documentos qu...

15,00 €
Estudos de Onomástica Galega Viii. A Onomástica e a Cultura Popular
20,00 €
2003. Dicionario Da Lingua Portuguesa
43,80 €