Saltar al contenido principal
Un País de Eucaliptos

Un País de Eucaliptos

«Ouro Verde» e Bosque Perdido

Carbajo Centeno, Primitivo Francisco

O eucalipto é moito máis ca unha árbore. È industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. È promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas. Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitose ...

Editorial:
Morgante
Ano de edición:
2026
Materia:
Galicia
ISBN:
978-84-19040-68-8
Páxinas:
252
Encadernación:
Rústica
Colección:
MORGANTE
20,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

O eucalipto é moito máis ca unha árbore. È industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. È promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas. Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitose iluminar as estruturas de poder que sosteñen o monocultivo eucaliptal. Desde a orixe histórica das plantacións industriais ata o seu encaixe na economía financeirizada da celulosa; desde a influencia política ata o impacto na biodiversidade, nos lumes, no patrimonio cultural e na xestión comunal. O libro combina análise económica, crítica política, memoria cultural e crónica persoal nunha viaxe polos claros e polas sombras do chamado «ouro verde».

Artículos relacionados

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

Villares, Ramón

Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os te...

32,00 €

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

50 Anos. Conflito Lingüístico e Ideoloxía Na Galiza de Francisco Rodríguez

Vv.aa., Vv.aa.

Cincuenta anos de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza son unha oportunidade excelente para reler un ensaio fundamental no conxunto da traxectoria intelectual -coherente, rigorosa e comprometida- de Francisco Rodríguez Sánchez. A súa obra -proxecto no que pensamento crítico e vontade de intervención son constantes dunha pulsión vital, mesmo sufrindo duras represalias- non...

15,00 €

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

O Inspector de Educación Manuel Díaz Rozas 1894-1984

Costa Rico, Antón

O inquedo inspector de educación primaria Manuel Díaz Rozas (1894-1984), que exerceu en Galicia desde 1920, inscribiuse na atmosfera que preludiaba a chegada da II República. Foi presidente da sección de Pedagoxía do SEG, defendeu a autonomía política de Galicia e a galeguización escolar e foi, logo de Xohán Vicente Viqueira, quen quizais simbolice mellor os avatares e os impul...

24,40 €

Memória Histórica e Identidade Nacional

Memória Histórica e Identidade Nacional

Velasco Souto, Carlos Francisco

Recolhe-se neste livro um feixe de trabalhos focados na história contemporânea da Galiza, nomeadamente em dous campos: por um lado, no da questom identitária do nosso país, vinculada à construçom de um sistema literário e umha historiografia nacionais; e, por outro lado, no das relaçons sociais, da conflitualidade e das luitas de classe na Galiza e no vizinho Portugal, igualmen...

17,95 €

Tui, 1900-1036

Tui, 1900-1036

Meixome, Carlos / Paz Antón, Xosé Ramón / Alonso Fernández, Bieito

A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou "peineta" que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron ...

26,00 €

Outros libros do autor

A Marcha Da Paz Secuestrada

A Marcha Da Paz Secuestrada

Carbajo Centeno, Primitivo Francisco

22,00 €

Salgheirón

Salgheirón

Carbajo Centeno, Primitivo Francisco

20,00 €