Saltar al contenido principal
Grial 248. Outubro Novembreo Decembro 2025

Grial 248. Outubro Novembreo Decembro 2025

Comunicacion e Novas Tecnoloxias

Varios

A aparición de Internet, a Rede de Redes (WWW), na segunda metade do pasado século, inaugura un novo tempo na economía, na produción cultural, nos fluxos de comunicación, nas relacións entre os pobos e entre as persoas, no ámbito particular (privado) e no político, no científico e na creación artística, no pensamento, no lecer, nas relacións comerciais, na educación, nos serviz...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Materia:
Galicia
ISBN:
978-92-0-019283-8
15,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

A aparición de Internet, a Rede de Redes (WWW), na segunda metade do pasado século, inaugura un novo tempo na economía, na produción cultural, nos fluxos de comunicación, nas relacións entre os pobos e entre as persoas, no ámbito particular (privado) e no político, no científico e na creación artística, no pensamento, no lecer, nas relacións comerciais, na educación, nos servizos, na información, caracterizado todo pola aceleración, o intercambio permanente de ideas e produtos, e pola supresión de fronteiras (polo menos de fronteiras físicas). Se aceptamos que unha cultura é fundamentalmente un espazo de comunicación e que entendemos por sociedade, en canto que agrupamentos humanos, son produtos da comunicación, ou, dito doutra maneira: non existirían sen comunicación; se consideramos que a comunicación, en calquera das súas formas, é consubstancial á propia vida, mesmo á vida biolóxica, anterior á existencia dos seres humanos (as plantas, os seres unicelulares tamén se comunican, necesitan comunicarse para subsistir), entenderemos a relevancia deste Foro e a importancia de considerar a tecnoloxía, isto que agora denominamos TIC (tecnoloxías da información e a comunicación, que algúns aínda presentan como "novas tecnoloxías"), entenderemos a importancia de considerar a tecnoloxía no marco do tempo que nos toca vivir e, sobre todo, pensando no futuro que poidamos habitar, onde nos últimos tempos entra tamén en xogo a Intelixencia Artificial, que está na cerna da actualidade. Todo isto repercute en nós, en Galicia, como sociedade e cultura. Ao redor destes, e doutros temas relacionados, faise referencia neste número 248 de Grial, que pon colofón ao ciclo dos Foros Grial - Galicia 2050, que se celebraron neste ano do 75 aniversario de Editorial Galaxia. Para o monográfico, sección central do número, contouse cun panel de relevantes plumas perfectamente coñecedoras do campo que tratamos: Manuel Gago aborda o tema co seu artigo "Oportunidades e desafíos para a cultura galega na nova Internet. Da MetaGalicia á intelixencia artificial"; Silvia Vázquez Lorenzo en "Galicia online. Repensar a identidade cultural fronte á omnipresenza dixital"; María Yáñez Anllo con "Os medios galegos no ámbito dixital. O reto da relevancia social na cultura do algoritmo"; e pecha Alberto Quian Pampín co traballo titulado "Galicia: cara a unha nación dixitalmente soberana". A este monográfico únense as seccións habituais na revista, onde salienta a achega de Henrique Monteagudo na sección "Documentos", con "Tres cartas de Castelao a Rodolfo Prada (1937 e 1939)", que serve tamén para pechar o Ano Castelao

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

O Camiño de Santiago: Doce Sèculos de Historia

Garrido, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa ex...

17,50 €
Unha Historia de nós

Unha Historia de nós

Diego Dios, Pablo

Editorial Galaxia, S. a.

Que pasaría se a historia máis fascinante nunca antes contada estivese diante túa Que pasaría se che falase do primeiro reino de Europa, da primeira escritora de Occidente, dun meigo que acabou sendo bispo, de mosteiros agochados no bosque onde se custodiaban aneis máxicos, dun pobo en rebelión que derrubou fortalezas e inxustizas, dun tempo onde todo un reino cabía nun castelo...

19,50 €
Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

Editorial Galaxia, S. a.

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €
Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Do San Lucas ó San Xoán. Once Horas Composteláns

Otero Pedrayo, Ramon

Editorial Galaxia, S. a.

Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...

22,00 €
Un País de Eucaliptos

Un País de Eucaliptos

Carbajo Centeno, Primitivo Francisco

Morgante

O eucalipto é moito máis ca unha árbore. È industria, é mercado global, é propaganda, é conflito político e social. È promesa de rendibilidade e tamén síntoma dun modelo forestal que marcou profundamente o territorio galego nas últimas décadas. Neste ensaio narrativo e documentado, o autor percorre montes, arquivos, datos estatísticos e conversas de campo para desmontar mitose ...

20,00 €
O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

O Consello de Galiza. Política Galega no Exilio

Villares, Ramón

Editorial Galaxia, S. a.

Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os te...

32,00 €

Outros libros do autor

Da Fala Ao Prelo (Anexos Brag 12)

Da Fala Ao Prelo (Anexos Brag 12)

Varios

Real Academia Galega

Agora que a Real Academia Galega cumpre 120 anos de vida é unha boaocasión para darmos a coñecer parte do valioso material bobliográfico que seconserva na nosa institución, presentando un catálogo alfabético dos libros e dosfolletos existentes na Biblioteca da Academia que foron publicados entre os anos1800 e 1936 e que conteñen textos escritos en galelo ou ben que tratan dalin...

18,00 €
Chumba la Cachumba

Chumba la Cachumba

Varios

Ekaré S. l.

"Cuando el reloj marca la una, los esqueletos salen de la tumba". Hora tras hora crece el alboroto en el cementerio hasta que el reloj vuelve a marcar la una y los esqueletos vuelan a la luna. Una divertida manera de aprender a leer la hora gracias a la fiesta visual que brindan las ocurrentes ilustraciones. ...

9,50 €
Grial 249 (Xan. feb. mar. 2026)Ramónotero Pedrayo,Guia de Galicia

Grial 249 (Xan. feb. mar. 2026)Ramónotero Pedrayo,Guia de Galicia

Varios

Editorial Galaxia, S. a.

Ramón Otero Pedrayo, unha homenaxe xusta. Patricia Arias Chachero. Xesús Alonso Montero dicía que Ramón Otero Pedrayo era un autor "oceánico", e tiña razón. Cando faltan poucas semanas para que se conmemore o quincuaxésimo aniversario do seu pasamento, e hai meses que o Parlamento de Galicia declarou, por unanimidade, o 2026 como Ano Oteriano, continúan aparecendo documentos qu...

15,00 €
Estudos de Onomástica Galega Viii. A Onomástica e a Cultura Popular
20,00 €
Descubre la Huella (Juego de Parejas-Memoria)

Descubre la Huella (Juego de Parejas-Memoria)

Varios

Mtm Editores Sl (Metafísica del Tercer M

22,00 €
2003. Dicionario Da Lingua Portuguesa
43,80 €