Saltar al contenido principal
Alén Da Desventura (Ilustrado)

Alén Da Desventura (Ilustrado)

Alcalá, Xavier

Alén da desventura, obra que gañou o Premio Blanco Amor en 1998, recolle os relatos dun mariño inglés, Isaac Moore, e dun misioneiro español, o padre Sineiro, e achéganos intrigas e aventuras por terras e mares ignotos na época da Ilustración, xentes e pobos arrastrados polos conflitos entre as grandes potencias navais e debates aínda hoxe non resoltos. Unha trepidante historia...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-9151-901-0
Páxinas:
356
Encadernación:
Rústica
Colección:
Literaria
25,05 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Alén da desventura, obra que gañou o Premio Blanco Amor en 1998, recolle os relatos dun mariño inglés, Isaac Moore, e dun misioneiro español, o padre Sineiro, e achéganos intrigas e aventuras por terras e mares ignotos na época da Ilustración, xentes e pobos arrastrados polos conflitos entre as grandes potencias navais e debates aínda hoxe non resoltos. Unha trepidante historia trazada con paixón de artesán e co magnífico oficio de narrador de Xavier Alcalá, acompañada agora coas ilustracións dos personaxes máis representativos, realizadas polo recoñecido debuxante Siro, que completan o pracer da lectura dun libro especial que cativa coa fascinación dunha prosa viva e actual. Sen dúbida, unha gran novela.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Vidas para Lelas

Vidas para Lelas

Fernández, César Fernández

Neste libro de relatos, os seus personaxes teñen as súas vidas moi marcadas pola época que lles toca vivir e polo sorprendente e azaroso da mesma. Dende un varredor portuario até un concertista de guitarra, loitan por facerse un oco na escuridade dun sistema que sutilmente garda un sitio inamovíbel para cada un. ...

13,00 €

Notas Ao Pé de Páxina

Notas Ao Pé de Páxina

Estévez Gantes, Xurxo

Un resumo do libro? Tres frases curtas e corenta e oito Notas ao pé de páxina, polas que circulan feministas, o Imperio romano, a Táboa Redonda e Bob Dylan, alén do lumpemproletariado, a Real Academia e os Mártires de Carral, os celtas, a queimada, a Divina Comedia e anacos da Historia da Galiza. Tamén, como non, a CIA, os ianomamis, os rusos e a Conferencia Episcopal. E non po...

19,00 €

Ocaso e Fascinación

Ocaso e Fascinación

Baltasar, Eva

A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar. Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas relacións laborais. ...

19,00 €

Maña, Cando Sexamos Luns

Maña, Cando Sexamos Luns

Nuñez, Xaquin

Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendi...

19,50 €

Que Quede entre nós

Que Quede entre nós

Pereira, Josefa Suárez

Ambientada na priemeira metade do século XX, Que quede entre nós é un relato cunha clara pegada poética uqe busca honrar e, dalgún xeito, resarcir o sufrimento de quen loitou nunha batalla allea. A historía entrelázase coas vivenvias de Pepa, nacida nas Edreiras (Concello de Zas), onde comeza o debullar dunha vida que, para min, merece ser contada. Mais serán as lectoras e...

13,00 €

Conventículo

Conventículo

Moreda, , Eva

A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. ...

19,00 €

Outros libros do autor

Comandantes e Familiares. (Biblioteca Xavier Alcala)

Comandantes e Familiares. (Biblioteca Xavier Alcala)

Alcala, Xavier

1961. Na Habana, Nieves Docampo non dá esquecido o seu amor coruñés, mais acepta a oferta simpática dun dos seus pretendentes, cardiólogo famoso e declarado ?imprescindible? polo sistema castrista. A partir do casamento, as relacións da emigrante multiplícanse e chegan ata o núcleo profundo dos mayimbes. Para Fidel, Raúl, Celia Sánchez, o Che e outros comandantes, pasa a ser La...

23,70 €

A Capital Do Mundo

A Capital Do Mundo

Alcala, Xavier

1957. Un adulterio ferinte, un amor tolo, imposible, impulsan a unha rapaza coruñesa a emigrar. Nova York, A capital do mundo, sempre atraera a Nieves Ocampo e cara alá marcha cunha parada previa na Habana. Ese alto na ruta, inicialmente curto, devirá en peripecia vital nunha viaxe por un mundo inimaxinable ata ese momento da Historia. A emigración é tema principal na obra de X...

23,70 €

A Nosa Cinza

A Nosa Cinza

Alcalá, Xavier

Unha das obras máis populares da narrativa galega é "A nosa cinza". Xavier Alcalá (Miguelturra, 1947) relembra o mundo da infancia a través do seu protagonista, un rapaz que medra durante os anos da posguerra. Os días da escola, a adolescencia, coas súas inseguridades e medos, o espertar dos sentimentos amorosos e a descuberta do valor da amizade cóntanolos o autor coa frescura...

21,55 €

A Nosa Cinza

A Nosa Cinza

Alcala, Xavier

Unha das obras máis populares da narrativa galega Xavier Alcalá (Miguelturra, 1947) relembra o mundo da infancia a través do seu protagonista, un rapaz que medra durante os anos da posguerra. Os días da escola, a adolescencia coas súas inseguridades e medos, o espertar dos sentimentos amorosos e a descuberta do valor da amizade cóntanolos o autor coa frescura e autenticidade do...

21,00 €