Saltar al contenido principal
A Capital Do Mundo

A Capital Do Mundo

Alcala, Xavier

1957. Un adulterio ferinte, un amor tolo, imposible, impulsan a unha rapaza coruñesa a emigrar. Nova York, A capital do mundo, sempre atraera a Nieves Ocampo e cara alá marcha cunha parada previa na Habana. Ese alto na ruta, inicialmente curto, devirá en peripecia vital nunha viaxe por un mundo inimaxinable ata ese momento da Historia. A emigración é tema principal na obra de X...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2024
ISBN:
978-84-1176-317-2
Páxinas:
368
23,70 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

1957. Un adulterio ferinte, un amor tolo, imposible, impulsan a unha rapaza coruñesa a emigrar. Nova York, A capital do mundo, sempre atraera a Nieves Ocampo e cara alá marcha cunha parada previa na Habana. Ese alto na ruta, inicialmente curto, devirá en peripecia vital nunha viaxe por un mundo inimaxinable ata ese momento da Historia.
A emigración é tema principal na obra de Xavier Alcalá. Tras relatar vivencias propias en "La Habana flash", entrou a fondo na Revolución de Cuba con "Verde oliva" dando voz á "axente Mariana", galega loitadora pola liberdade. Con "A capital do mundo" retorna á escena revolucionaria, onde Nieves recolle, ao seu xeito, o testemuño de Mariana. É a primeira parte de Mayimbes —os irmáns Castro e as elites do réxime—, entre os que sobrevive a protagonista.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Diario Do Paraíso

Diario Do Paraíso

Dahlgren, Marta

Iria ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable como criada para todo. Ela, e o seu irmán, que é xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Xan poidan sobrevivir. Este é o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre. A primeira novela de Marta Dahlgren revive ...

19,95 €

Porto Escondido

Porto Escondido

Oruña, María

Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado durante décadas. O que comeza como unha investigación aparentemente rutineira convértese nunha trama complexa onde pasado e presente se entrelazan con precisión milimétrica. Unha historia de misterio, memoria e tensión narrativa que marcou un antes e un despois na carreira da autora e que, dez anos...

22,95 €

A Terceira Luz

A Terceira Luz

Keegan, Claire

Durante un verán, na Irlanda rural de comezos dos anos oitenta, unha nena é deixada polo seu pai ao coidado duns parentes a quen apenas coñece. A nai da nena está embarazada e teñen moitos fillos. Na casa dos Kinsella, en cambio, non hai ningún neno. Pero esa non é a única diferenza entre o seu fogar e e a nova casa que a acolle. Todo alí parece, de feito, moi distinto. E a nen...

18,00 €

A Boca de Krishna

A Boca de Krishna

Pena, Xosé Ramón

Esta é a historia de dous irmáns fascinados polas estrelas desde nenos. Ernesto Estévez hase converter nun astrofísico de sona mundial, investigador de novas galaxias; Clara Estévez convencerase de que aí fóra hai vida extraterrestre que inflúe decisivamente no devir da súa familia. Xosé Ramón Pena volve a ollada cincuenta anos atrás para contarnos a microhistoria recente de Ga...

19,95 €

Cáncara

Cáncara

Alonso, Fran

Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post». A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe ...

17,95 €

O Mundo Do Tarabelo

O Mundo Do Tarabelo

Monfadal,Luciano Do

Tarabelo naceu en maio de 1975 e finou en decembro de 1990. Viviu na aldea de Abrente cunha familia de labregos e pola noite ou pola mañá, dende a súa cama de palla, vainos relatando feitos do seu día a día. Tamén nos transmite algunhas conversas que se daban naqueles tempos e, por suposto, moitos contos de lareira.É como unha bitácora, só que en vez de escribilo no camarote do...

15,00 €

Outros libros do autor

Comandantes e Familiares. (Biblioteca Xavier Alcala)

Comandantes e Familiares. (Biblioteca Xavier Alcala)

Alcala, Xavier

1961. Na Habana, Nieves Docampo non dá esquecido o seu amor coruñés, mais acepta a oferta simpática dun dos seus pretendentes, cardiólogo famoso e declarado ?imprescindible? polo sistema castrista. A partir do casamento, as relacións da emigrante multiplícanse e chegan ata o núcleo profundo dos mayimbes. Para Fidel, Raúl, Celia Sánchez, o Che e outros comandantes, pasa a ser La...

23,70 €

A Nosa Cinza

A Nosa Cinza

Alcalá, Xavier

Unha das obras máis populares da narrativa galega é "A nosa cinza". Xavier Alcalá (Miguelturra, 1947) relembra o mundo da infancia a través do seu protagonista, un rapaz que medra durante os anos da posguerra. Os días da escola, a adolescencia, coas súas inseguridades e medos, o espertar dos sentimentos amorosos e a descuberta do valor da amizade cóntanolos o autor coa frescura...

21,55 €

Alén Da Desventura (Ilustrado)

Alén Da Desventura (Ilustrado)

Alcalá, Xavier

Alén da desventura, obra que gañou o Premio Blanco Amor en 1998, recolle os relatos dun mariño inglés, Isaac Moore, e dun misioneiro español, o padre Sineiro, e achéganos intrigas e aventuras por terras e mares ignotos na época da Ilustración, xentes e pobos arrastrados polos conflitos entre as grandes potencias navais e debates aínda hoxe non resoltos. Unha trepidante historia...

25,05 €

A Nosa Cinza

A Nosa Cinza

Alcala, Xavier

Unha das obras máis populares da narrativa galega Xavier Alcalá (Miguelturra, 1947) relembra o mundo da infancia a través do seu protagonista, un rapaz que medra durante os anos da posguerra. Os días da escola, a adolescencia coas súas inseguridades e medos, o espertar dos sentimentos amorosos e a descuberta do valor da amizade cóntanolos o autor coa frescura e autenticidade do...

21,00 €

Outros clientes tamén mercaron

Pirotecnia

Pirotecnia

Ramos, Alberto

Cando a Pirotecnia QuiGarSA estoura, parte da súa cuberta aterra a case dous quilómetros de distancia e a onda expansiva absorbe o aire que a rodeaba. E o aire é o que lles falta aos homes e mulleres protagonistas desta novela coral, onde asistimos aos efectos que tan tráxico suceso causa na familia propietaria da pirotecnia, nos veciños da vila, na opinión pública e na clase p...

16,55 €