AA.VV
As Torres ou granxa de Meirás , construída en 1893 , van concentrar e representar tempos despois , a partir de 1938 , ese moito poder inxusto e sempre obsceno de algúns . Antano , en 1907 , uns poucos políticos e empresarios galegos buscando o seu logro persoal e o suposto beneficio para Galicia, decidiron regalarlle cunha forzada subscrición popular a habitada illa de Cortegada ó rei para que o monarca construíse un palacio real onde vir no verán . Para iso foron mercando e sacando os donos da illa para deixala libre . Finalmente , o rei Afonso XIII de Borbón quedou coa illa, pero construíu o novo palacio de verán , A Magadalena , en Santander . " Así paga o demo a quen o serve "...