A INDUSTRIA DO SEXO E DO PEIXE EMPANADO

A INDUSTRIA DO SEXO E DO PEIXE EMPANADO

PIERRAT, EMMANUEL

10,00 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
EDITORIAL HUGIN E MUNIN
Ano de edición:
2014
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-942005-0-2
Páxinas:
134
Encadernación:
Rústica
Colección:
Vólvense os paxaros contra as escopetas

Cansas da precariedade do seu oficio de pescadoras e limita-das por unha sexualidade vilega con escasas alternativas, as xemelgas bretoas Gaëlle e Gwenaëlle, con dezaoito anos acabados de facer, acordan viaxar a París co obxectivo de se internaren nas prácticas sexuais da modernidade. Será Yann, un seu curmán afastado, o que se encargue de lles facer de cicerone polos máis senlleiros antros do vicio, aínda que as expectativas de ambas as irmás non han resultar doadas de satisfacer. Ben lle acaería a esta historia a etiqueta de novela de formación se non fose porque subverte o concepto máis clásico, pois este bou patroneado por mans femininas navega polas augas da Bretaña arquetípica, da pesca, do sexo, da pornografía e das parafilias, na procura de coñecementos empíricos.

Fábula e sátira social con truculentos episodios eróticos e un ton que abala entre o cómico e o florido, o relato integra ademais unha visión irónica sobre o sexo e a sociedade, abrindo un conxunto de incisivas suxestións que complican calquera clasificación. A industria do sexo e do peixe empanado non atoparía mellor acubillo ca nesta colección que dispara contra o manido.

Artículos relacionados

  • O MILITANTE
    EIRÉ LÓPEZ,AFONSO
    A verdade tranquiliza ou desacouga?Martiño Domínguez, destacado militante nacionalista e líder sindical, dez anos despois de deixar a política activa por desavinzas, volve ter un cargo importante: presidente da Comunidade de Propietarios da rúa do Con nº 68 da cidade da Oliva.Desde o seu novo posto descríbenos os problemas sociais da veciñanza e lembra os principais epi...
    En stock

    24,00 €

  • O XOGO DE ESCHER
    ESTEBAN, MANUEL
    Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, indistinguibles da vida real. Pero no xogo de Escher algúns xogadores conseguen chegar máis alá das aparencias. «O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción. Ou, talvez, unha novela histórica. Ou unha reflexión sobre o problema de demarcación...
    En stock

    17,50 €

  • MINIA, AMOR DOE
    ESTÉVEZ LÓPEZ,JOSÉ
    Por fin cortei as cadeas, por fin escapei do xugo dun matrimonio que acababa coa miña saúde física e mental. De verdade, facédeme caso, nuna é tarde para tomar unha decisión deste tipo a facer as reparacións e reformas necesarias.O peor dos malos tratos é normalizalos, convertelos en habitables, ver esa relación tóxica como unha relación natural, coa que hai que lida...
    En stock

    18,00 €

  • OS MALAGANA
    GIOVANNI VERGA
    Na vila de Aci Trezza, en Catania, vive a laboriosa familia de pescadores Toscano, alcumada os Malagana. Do noutrora extenso clan, só fican o viúvo ´Ntoni, o seu fillo Bastianazzo, Maruzza, a muller deste, e mais a súa pequena prole.Nesta súa obra mestra, Verga relátanos a historia de varias xeracións dunha familia de pescadores sicilianos que se esforzan por alcanzar un...
    En stock

    17,50 €

  • O NADADOR
    CHEEVER, JOHN
    En stock

    22,00 €

  • HISTORIAS DE BARBANTIA
    Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte. Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír...
    En stock

    17,50 €