A ESFINXE DE AMARANTO

A ESFINXE DE AMARANTO

RIVEIRO COELLO, ANTÓN

21,80 €
IVA incluido
En breve
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Año de edición:
2003
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-8288-645-9
Páginas:
308
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Literaria

O autor de As rulas de Bakunin, coa que obtivera un impresionante éxito entre os lectores, cóntanos agora a cativadora historia dunha familia con orixes no Oriente e na raia seca galega a través das voces das mulleres que, máis que vivila, tiveron que padecela. Velaquí unha novela de lectura apaixonante, na que a prosa coidada, rítmica e engaioladora de Riveiro Coello acada ese punto álxido que apreixa e emociona o lector. Inesquecible polos seus personaxes, subxugante pola trama, maxistral pola sabia utilización dos recursos da narración, A esfinxe de amaranto vai descubrindo pouco a pouco ante o lector os segredos e as intrigas que, agochados de xeración en xeración, conforman a historia dunha estirpe con orixes no Oriente e na nosa raia seca. A novela preséntanos un extraordinario abano de personaxes creados coa materia viva da verdade. Desde a figura case mítica do fundador da familia, un portugués cun escuro pasado na colonia chinesa de Macau, ata Rosa, herdeira dos saberes culinarios transmitidos de xeración en xeración, a Verónica, última representante dunha saga de mulleres que loitan con todas as súas forzas por sobrevivir sen renegar da súa propia personalidade. A través deses personaxes imos participar nunha historia que comeza na actualidade, a carón das dunas de Corrubedo, na marabillosa paisaxe da praia do Vilar. Antón Riveiro Coello sitúa nunha noite, e na que ha ser unha última cea, o núcleo a partir do cal imos ir descubrindo a verdadeira historia. Inesquecible e emocionante procura no tempo e nas paixóns, A esfinxe de amaranto afonda nas raigames perdidas da vergonza e do remorso. Cunha prosa coidada, transparente e viva que consegue transmitir ao lector o alento dese pasado case mítico para constatar a conmoción reparadora da memoria.

Artículos relacionados

  • O MILITANTE
    EIRÉ LÓPEZ,AFONSO
    A verdade tranquiliza ou desacouga?Martiño Domínguez, destacado militante nacionalista e líder sindical, dez anos despois de deixar a política activa por desavinzas, volve ter un cargo importante: presidente da Comunidade de Propietarios da rúa do Con nº 68 da cidade da Oliva.Desde o seu novo posto descríbenos os problemas sociais da veciñanza e lembra os principais epi...
    En breve

    24,00 €

  • O XOGO DE ESCHER
    ESTEBAN, MANUEL
    Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, indistinguibles da vida real. Pero no xogo de Escher algúns xogadores conseguen chegar máis alá das aparencias. «O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción. Ou, talvez, unha novela histórica. Ou unha reflexión sobre o problema de demarcación...
    En stock

    17,50 €

  • O NADADOR
    CHEEVER, JOHN
    En stock

    22,00 €

  • HISTORIAS DE BARBANTIA
    Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte. Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír...
    En stock

    17,50 €

  • AMANTE EXPRESIONISTA, O
    MENE, ALEX
    O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, A China, O Xapón, Suíza e O Canadá. O libro constitúe unha reflexión sobre a paternidade desde dous puntos de vista: a do pai e a do fillo. O amant...
    En stock

    17,50 €

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiada...
    En stock

    19,50 €

Otros libros del autor

  • HOTEL CARIOCA (I PREMIO A.CUNQUEIRO NOVELA 2022)
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    I PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE NOVELA 2022 Verán de 1982. Helena ten 13 anos e os domingos lelle á avoa as cartas que envía o seu tío favorito, Leandro, que marchou ao Brasil e xa nunca volveu. Un día chega unha que informa da súa morte nun accidente de tráfico en Río de Xaneiro. A familia sospeita que foi asasinado e fala con Helena para lle facer unha encarga insólita...
    En stock

    26,00 €

  • DÍAS DE INTEMPERIE
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra. Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraí-so dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus ...
    En stock

    16,00 €

  • O PARAÍSO DOS INOCENTES
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    PREMIO TORRENTE BALLESTER 2019 Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo está dividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde, a activista Amira loita por informar o mundo desde dentro da guerra e visita un orfo rescatado baixo os cascallos; no lado do réxime, Isam, un químico que traballa nunha fábrica de xabón, teme a notificación do Goberno para ...
    En stock

    22,00 €

  • OS ELEFANTES DE SOKÚROV
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    Na súa nova novela, Antón Riveiro Coello conta a historia de Janis, quen na Compostela de 2012 se enfronta a un difícil presente, o da crise económica, ao tempo que sente a necesidade de coñecer o seu pasado, as razóns dunha existencia da que non alb ...
    En stock

    24,70 €

  • AS RULAS DE BAKUNIN
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    As rulas de Bakunin nace do gromo da sensibilidade dos derrotados e os perdedores. Antón Riveiro Coello, un dos escritores galegos actuais de meirande pulo narrativo, fai con esta novela un acto restitutorio e tamén de rebeldía. Recuperar a memoria dos heroes silenciosos que loitaron pola liberdade: velaquí a vida de Camilio Sabio Doldán, un vello anarquista case centenari...
    En stock

    20,50 €

  • ACORDES NÁUFRAGOS
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    Libro de retatos, fantásticos os máis deles, enfiados pola traxedia do naufraxio e tocados case sempre pola vea amorosa e sentimental dos seus protagonistas. Textos que evocan e recrean non só feitos históricos, coma o afundimento do vapor correo Santa Isabel na ría de Arousa en 1921, senón tamén lendas do río Limia, o amor tráxico dunha santeira cubana ou mesmo os tra...
    En breve

    15,60 €