Saltar al contenido principal

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA, S.A. 890 resultados

Begoña Caamaño. Xornalismo para a Cidadanía. De Vigo a Compostela

Begoña Caamaño. Xornalismo para a Cidadanía. De Vigo a Compostela

Porteiro, María Xosé

Begoña Caamaño foi unha periodista comprometida co xornalismo independente e veraz, militante e social, especializada en información laboral, internacional, política social e cultural. Firme defensora dos dereitos das mulleres e da igualdade de xénero, participou activamente no movemento feminista. María Xosé Porteiro, desde a súa perspectiva de compañeira de profesión e amiga,...

25,70 €

O Salmon Do Ulla

O Salmon Do Ulla

Piñeiro, Miguel / Torres, Alberto

Cada ano, o nobre salmón remonta os ríos galegos para completar o seu ciclo vital, entre eles o Ulla, cos seus afamados coutos salmoneiros. Os xornalistas e escritores, Miguel Piñeiro e Alberto Torres, ofrécennos un percorrido histórico desde mediados do século pasado, cando Galicia aínda vivía o esplendor da cultura do salmón, ata hoxe, onde se analizan cuestións de senlleira ...

24,50 €

Domingo Garcia Sabell a Voz e a Palabra

Domingo Garcia Sabell a Voz e a Palabra

Teresa Garcia-Sabell Tormo

A partir dunha serie de cadernos, escritos entre 1957 e 1980, aos que Domingo García-Sabell denominaba Xornal, complementados coas conversas que Siro López Lorenzo mantivo con el ao longo de 1993, neste libro trázanse as liñas que caracterizaron, unha personalidade de variadas facetas. Nestas páxinas maniféstase a voz e a palabra do eminente médico e destacado membro da xeració...

23,50 €

Do Baile Da Gaita a Muñeira

Do Baile Da Gaita a Muñeira

Alonso, Julio

Julio Alonso ofrécenos un estudo da muiñeira, froito da súa tese de doutoramento, dentro do contexto global que propicia a súa conformación como elemento simbólico de carácter identitario, desde a aparición das primeiras fontes escritas ata a súa consolidación como xenuína representante da música galega. Neste pormenorizado traballo analízanse os mecanismos que levaron á consol...

27,40 €

Un Pais Ilustrado. As Cubertas de Galaxia

Un Pais Ilustrado. As Cubertas de Galaxia

Husein, Hayat

Deseñar unha cuberta, é, ao final, responder a un encargo moi concreto, vestir un libro para que fale antes de ser aberto. Todo comeza nun papel en branco, que non é só unha superficie baleira, senón un espazo cheo de preguntas. Que historia conta? A quen se dirixe? Que ton debe ter esa primeira mirada? A partir de aí execútase a idea sabendo que non será lineal nin perfecta á ...

22,50 €

Nenapinguin

Nenapinguin

Landesa, Daniel

VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2025Imaxinas subir a unha árbore e que o todo cambie para sempre? Ata o teu nome?Aínda que xa era unha cativa impresionante, o día que comezou a chamarse Nenapingüín a súa vida cambiou para sempre dun modo que nunca puido chegar a imaxinar. ...

13,15 €

Elas Duas (Premio Alvaro Cunqueiro de Novela 2025)

Elas Duas (Premio Alvaro Cunqueiro de Novela 2025)

Rei Nuñez, Luis

Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025Unha profesora que ama a música e unha alumna que ama os xardíns sometidas ás intermitencias dun ir e vir sentimental que as endurece.Este libro é a reconstrución dunha historia de pequenos segredos e un grande amor entre mulleres que se empeñarán en ser donas de si mesmas, antes de soñarmos sequera con que iso podía soñarse.Estamos na Gali...

22,80 €

Polo Avieiro de Dona Emilia

Polo Avieiro de Dona Emilia

Meixome, Carlos

Avieiro, hidrotopónimo nacido da farturenta creatividade de Emilia Pardo Bazán, fundindo de Avia e Arenteiro, sérvelle ao autor para imaxinar o seu propio e difuso territorio, co Carballiño no centro, para percorrelo da man da que denomina ?triloxía pardobazaniana do Avieiro? (El cisne de Vilamorta, Los pazos de Ulloa e La madre naturaleza) e ofrecernos unha manchea de memorias...

32,50 €

A Miña Amizade con Castelao e Outros Escritos

A Miña Amizade con Castelao e Outros Escritos

Otero Pedrayo, Ramon

Estas páxinas, en edición de Patricia Arias Chachero, pretenden contextualizar a sólida amizade que uniu a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a Ramón Otero Pedrayo a través dunha recompilación de escritos dispersos, onde o señor de Trasalba deixa ver a súa fonda admiración polo escritor, artista e político de Rianxo, que serve para enlazar o Ano Castelao 2025 co Ano Oteriano 2...

22,50 €

Tras Da Mirada de Jose Suarez

Tras Da Mirada de Jose Suarez

Sendon, Olaia

A obra de José Suárez renace neste álbum ilustrado como encontro entre fotografía e creación gráfica.Cada ilustración recorda que mirar é descubrir o que non se ve á primeira vista. ...

19,00 €

Fontenla Leal

Fontenla Leal

Lopez Fernandez, Jaime / Gomez Echemendia, Sixto

Un émulo pacífico de Breogán, a alma de Galicia en Cuba, José Fontenla Leal (Ferrol, 1864 - A Habana, 1919), home autodidacta, feito a si mesmo, con poucos estudos, mais cunha intelixencia innata que lle permitía convencer e aglutinar, tiña unha idea clara e unha vontade de ferro que converteu o amor á súa terra en feitos duradeiros. Bandeira, Himno, Academia? débense, en boa m...

24,00 €

Volveredes Brindar por Min. Unha Biografía de Begoña Caamaño

Volveredes Brindar por Min. Unha Biografía de Begoña Caamaño

Romani, Ana / Nogueira, María Xesús

A partir de arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos, apuntamentos e pegadas en soportes singulares, Ana Romaní e María Xesús Nogueira ofrécennos "unha" biografía de Begoña Caamaño, para chegar a unha obra, a unha peripecia vital, que fala da xornalista que foi, das preocupacións que sedimentaron o seu traballo e a súa...

15,40 €

Memorias Dunha Terra

Memorias Dunha Terra

Castroviejo, Xoe Maria

Memorias dunha terra (1973) é unha colección de relatos que recollen as lembranzas dun escritor xa maduro, que, desde a altura dos anos, evoca con melancolía, pero sen amargura, o tempo feliz da nenez e a primeira mocidade. Escritos cunha prosa brillante e de gran plasticidade, elaborados con vellas vivencias que a literatura transforma nunha arte sinxela e gozosa, amable e tra...

16,90 €

Operación Morcego

Operación Morcego

Mendez, Mara

O noivo da súa irmá é un vampiro! Ester teno claro e non pensa quedar cos brazos cruzados. Xunto á súa cuadrilla e o seu inseparable gato, Millo, emprende unha misión ultra secreta. Cos petos cheos de allos e auga bendita, este grupo de "expertos" tratará de destapar a verdade. Acompaña a Ester e Millo nesta divertida e entolecida aventura. Logrará pararlle os pés antes de q...

15,80 €

Historia Dun Neno

Historia Dun Neno

Otero Pedrayo, Ramon

A Historia dun neno conta os primeiros anos de vida do escritor Ramón Otero Pedrayo, desde o seu nacemento ata o ingreso no instituto. Recolle simpáticas lembranzas dos amigos da infancia, da casa familiar de Ourense, das primeiras experiencias na escola e das visitas á aldea de Trasalba. ...

10,20 €

Os Libros Censurados por Franco

Os Libros Censurados por Franco

Xosé Manuel Dasilva

Xosé Manuel Dasilva, investigador de contrastada traxectoria no estudo da censura editorial durante a ditadura, recompila en Os libros censurados por Franco un amplo mostrario de expedientes dos censores de obras orixinais en galego e de traducións para o galego, que permite compoñer o retrato fidedigno da actuación represiva do réxime franquista, de par que nos ofrece os avata...

25,10 €

A Distancia Do Século

A Distancia Do Século

Ánxel Huete

Os poemas de A distancia do século interpretan, en diálogo coas voces e referencias que fundamentan o mundo do autor, a experiencia da memoria e do presente a través dun singular estilo de condensada, elegante e suxestiva verbalización. ...

17,50 €

Arredor Do Xacobeo. Discursos Das Académicas e Académicos Numerarios Da Academia

Arredor Do Xacobeo. Discursos Das Académicas e Académicos Numerarios Da Academia

Aa.vv.

A Academia Xacobea nace no ano 2017 incorporando académicos e académicas de distintas universidades de Galicia, do resto de España e de Europa. Promovemos a súa creación oito persoas coñecedoras do Camiño de Santiago e da súa importancia histórica na construción europea, conscientes da necesidade de contar cunha institución independente, de dereito público e sen ánimo de lucro,...

32,80 €

Na Noite Estrelecida

Na Noite Estrelecida

Cabanillas, Ramon

En 1926, Ramón Cabanillas deu ao prelo, na editorial Lar, Na noite estrelecida, recreación poética dos mitos da Materia de Bretaña desde a óptica galega, nun tempo en que se procuraba dotar a nosa cultura dun pasado mítico a través de símbolos compartidos por outras culturas atlánticas: Merlín, Escalibur, Galahaz, o Santo Grial... Nesta edición, Xosé Ramón Pena achéganos, un sé...

14,40 €

A Noiva Cuántica

A Noiva Cuántica

Cid Cabido, X.

Nas rúas da cidade de San Francisco xa non hai xente amable con flores no cabelo, como dicía aquela vella canción. Malia sabelo ben, Paul Rothko aventúrase nun estraño traballo como acompañante de singles contratado pola axencia Good Friend. Seguímolo durante os seus excepcionais servizos, vémolo pasar dunha clienta a outra e mesmo facerse cargo dunha nena de sete anos con máis...

21,50 €

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Trinta Anos de Poesia Critica 1936-1966. Estudo e Escolma

Alonso Montero, Xesus / Edicion Ramon Nicolas

Case sesenta anos despois de que a censura franquista prohibise a publicación de Trinta anos de poesía crítica, 1936-1966, antoloxía poética e de contido social compilada por Xesús Alonso Montero en 1967, recuperamos, na edición de Ramón Nicolás, un texto imprescindible para que profesores e alumnos "e outros letraferidos", entendan unha das estratexias das que se servía o fran...

15,00 €

As Humidades

As Humidades

Tome, Alba

A infancia pode ser un paraíso perdido ou o primeiro inferno. Cando a violencia se instala no fogar, a casa deixa de ser refuxio e convértese nun territorio de medo que marca para sempre a vida futura.Nesta historia, un pai que aspira a medrar na política local constrúe unha nova imaxe pública mentres tenta enterrar o pasado. Na sombra, a avoa e as pequenas tecen unha alianza s...

22,60 €

Catro Viaxes de Elena Fahlbusch

Catro Viaxes de Elena Fahlbusch

Guede, Damián

A través da súa mirada, Ana, axudante de dirección, achéganos á rodaxe da película Catro viaxes de Elena Fahlbusch, onde conviven intérpretes singulares, algunhas circunstancias desagradables e mesmo a memoria doutra filmación vinte anos atrás, tamén con Roberto como director.O guión, así como o modo de ser dalgúns dos integrantes do elenco, lévanos a unha reflexión sobre o uso...

20,60 €

Reencontro

Reencontro

Uhlman, Fred

Reencontro é a historia da amizade entre dous mozos de dezaseis anos separados pola barbarie nazi.Hans é fillo dun médico xudeu e Konradin é un aristócrata descendente dunha das familias máis antigas de Alemaña. As súas afinidades e o seu xeito de ver as cousas convérteos en amigos íntimos, pero cando Hitler chega ao poder, Konradin entra nas filas nazis e Hans ten que marchar ...

12,90 €

O Transgredir Das Ondas

O Transgredir Das Ondas

Paula Carballeira

Nesta obra dramática, Paula Carballeira percorre a vida e obra de Begoña Caamaño a partir dun podcast titulado "O transgredir das ondas", onde a xornalista Xoana Barreiro recolle diferentes testemuñas e voces para reconstruír a faceta máis insubmisa e desobediente de Begoña Caamaño, a do sorriso calmo, a da voz nas ondas, a da escrita e a protesta necesaria. ...

12,80 €

Asasinato no Muiño Do Cura (Os Crimes de Loeiro 2)

Asasinato no Muiño Do Cura (Os Crimes de Loeiro 2)

Portabales, Arantza

Tras Asasinato na Casa Rosa, Arantza Portabales regresa cun novo caso da agora detective Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araujo.Volvemos a Loeiro, onde en 1984 acontece unha matanza no muíño do Cura que trae as súas consecuencias ata o presente, cando, unha muller, Alba Mariño, chega á vila na procura de repostas sobre un pasado que lle roubaron e do que descoñece ...

21,80 €

A Nena que Perdeu un Zapato Na Lama

A Nena que Perdeu un Zapato Na Lama

Nicolás, Ramón

Este é un libro pouco ortodoxo, talvez como era a propia Begoña Caamaño, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026. Éo, porque nestas páxinas aparece a voz de Morgana, que nos revela os anos da infancia da escritora que tanto influíron nela, período de formación onde o barrio do Calvario ocupa un lugar primordial a través da súa historia, das súas xentes e dos acontece...

16,00 €

Agora Non e Antes.

Agora Non e Antes.

Baamonde, Anton

Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila le Galicia doutra maneira. Combater os clixés, transformar o modo en que nos imaxinamos, abandonar as retóricas da pasividade, enfocar o país dun modo máis plausible, é o que propón este libro. Galicia está acabando a gran transformación que se produciu no último medio século e, á vez, entrando nun momento crucial da súa h...

23,60 €

Trazo Dobre

Trazo Dobre

Sanchez Abeal, Patricia

O trazo aquí é dobre porque o grafito sinala imaxe e reflexo. Quen escribe sábese limiar, ábrese en canal e en ponte, desprega un mantel limpo sobre o vello mapa de Europa. Nesta mesa sen fronteiras, as historias entrecrúzanse, as linguas son bífidas. Falar aquí non pode ser unha liña continua; é máis ben unha cuestión de afecto, unha tarefa de aproximación. ...

14,30 €

Eu Son de Aqui e de Ala

Eu Son de Aqui e de Ala

Andres, Tamara

Eu son de aquí e de alá vai á procura de Matilde Lloria (1912-2002), poeta que viviu de a cabalo entre Valencia e Galicia, e que na España do século XX cultivou unha produción poética en valenciano, galego e castelán. Enfiando as voces de diferentes persoas convertidas aquí en personaxes, Tamara Andrés comparte a súa indagación arredor dunha autora alófona e migrante. É esta un...

15,50 €