Saltar contido
Vidas Senlleiras

Vidas Senlleiras

Cabana, Darío Xohán

Coa súa habitual destreza de narrador, Darío Xohán Cabana ofrécenos nestas Vidas senlleiras cinco magníficos relatos que reconstrúen a vida singular de cinco personaxes, cinco heroes solitarios e epopeicos marcados por unha desmesurada vocación ou por un irrefreable destino. Un militante comunista que foxe da barbarie franquista; un Rubén transformado en Robinsón de auga doce; ...

Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S. a.
Ano de edición:
2005
ISBN:
978-84-9782-300-5
Páxinas:
144
Encadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
20,95 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Coa súa habitual destreza de narrador, Darío Xohán Cabana ofrécenos nestas Vidas senlleiras cinco magníficos relatos que reconstrúen a vida singular de cinco personaxes, cinco heroes solitarios e epopeicos marcados por unha desmesurada vocación ou por un irrefreable destino. Un militante comunista que foxe da barbarie franquista; un Rubén transformado en Robinsón de auga doce; unha muller mariñeira con catro fillos, viúva da Guerra Civil, que se defende a tiros... son algúns dos inesquecibles personaxes deste libro, individuos empuxados por unha forza descoñecida que defenden o seu propio orgullo no medio dunha natureza implacable.
Con arrecendos á literatura de Álvaro Cunqueiro e de Italo Calvino, Darío Xohán Cabana parte da tradición oral para tecer estes relatos nostálxicos onde o realismo e a fantasía estreitan as súas mans case imperceptiblemente, creando mundos dunha maxia engaiolante e poderosa.
III PREMIO CIDADE DE LUGO

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

A Boca Do Río

A Boca Do Río

Lema, Alberto

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Na Galicia da posguerra, a burguesía franquista quere facerse dona da terra, da auga e da memoria do país. «A boca do río» é unha novela que afonda nos abusos dos colaboradores da ditadura e amosa que o seu discurso de «reconstruír e modernizar» non era máis que unha coartada para promover inmensos negocios privados. Sen maniqueísmos nin leccións de historia disfrazada, esta o...

22,50 €
A Revolución Dos Vagalumes

A Revolución Dos Vagalumes

Rivas, Manuel

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Como no peor pesadelo de ciencia ficción, unha Maquinaria de Facer Desacougar tomou o mando do rumbo do planeta. Unha apisoadora de aceleración retrógrada. A descivilización. A atmosfera intoxicouse cun «mal de aire», un pesticida do pensamento, un herbicida das palabras, un novo DDT cos ingredientes do Despotismo, a Depredación, e un Terror semántico que volve proclamar a cons...

18,50 €
Madriña

Madriña

Tizón, Antonio

Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.

No mesmo día de abril de 2010 aparecen os corpos de Ramiro Gallego Tenreiro e do delincuente coñecido como O Globero en Vigo: un no cemiterio de San Epitafio e outro enterrado nun descampado do barrio de Eirís. Estes sucesos abren un caso que define esta novela policiaca galega. O comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e a súa filla Clara, incorporada recentemente ao Corpo de ...

25,00 €
O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

O Club de Lectura Da Fin Do Mundo

Monteagudo, Xosè

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

A directora dun complexo residencial intenta manter as normas de convivencia. Fronte dela, cada residente actúa conforme ás súas ideas, nunha sociedade onde as persoas se liberan dos roles tradicionais predeterminados polos vínculos. Os personaxes de «O club de lectura da fin do mundo» comezan a sentirse libres de ataduras familiares por primeira vez nas súas vidas. A unha idad...

21,50 €
Hamnet (Galego)

Hamnet (Galego)

O'farrell, Maggie

Rinoceronte Editora

Na década de 1580, unha parella que vivía en Henley Street, Stratford, tivo tres fillos: Susanna, e Hamnet e Judith, que eran xemelgos. O neno, Hamnet, morreu en 1596, aos once anos. Catro anos despois o pai escribiu unha obra de teatro titulada Hamlet.Maggie O'Farrell parte deste episodio real da vida dun dos meirandes autores da literatura universal para contarnos unha histor...

24,00 €
Dos Afectos, o Río

Dos Afectos, o Río

Ruvira, Sofía

Editorial Galaxia, S. a.

Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus. Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se enfrontou ao poder e que chegou a converterse nun símbolo para a veciñanza. Pero invest...

18,80 €

Outros libros do autor

Galván en Saor

Galván en Saor

Cabana, Darío Xohán

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas. Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, homenaxe ós antigos mesteres da narrativa cabaleir...

19,95 €
O Castrón de Ouro

O Castrón de Ouro

Cabana, Darío Xohán

Editorial Galaxia, S. a.

Tristán ten ansias de liberdade. Con esa equipaxe de desexos, inicia unha viaxe na que ha atopar ao Castrón de Ouro, un mítico personaxe que, coma o protagonista deste libro, tamén fixo da liberdade a súa bandeira. ...

13,50 €
As Viaxes Do Príncipe Azul

As Viaxes Do Príncipe Azul

Cabana, Darío Xohán

Editorial Galaxia, S. a.

Ás veces un non ten ganas de ser o que é. Neste caso trátase dun príncipe farto de ser príncipe pero con ganas de andar entre libros, conversar comodamente e ir pasando o tempo. Os pais están horrorizados, pensando que esas maneiras do fillo non son propias da súa condición. Así que o mandan polo mundo adiante a facer currículum. O príncipe Cerúleo, que así se chama, non terá m...

12,75 €
Semente de Mencer. Obra Poética I. 1970-2006

Semente de Mencer. Obra Poética I. 1970-2006

Cabana, Darío Xohán

Alvarellos Editora

Reúne los quince libros publicados en vida del autor en una edición, estudio y notas a cargo de Anxo Angueira. ...

37,00 €
Cabalgada Na Brétema

Cabalgada Na Brétema

Cabana, Darío Xohán

Editorial Galaxia, S. a.

Coma un carballo, a obra poética de Darío Xoán Cabana (Roás 1952) abrangue e é expresión dun mundo que pola intensidade da verba se fai extenso, inesgotable. Cabalgada na brétema é un libro que contén mortos e melancolía, historia e terra, e cólera. Un rei líbrase das cadeas con que o enterraron hai mil anos, e revoa a patria. Un labrador antifarnquista vai ficando enviso na le...

13,60 €
O Cervo Na Torre

O Cervo Na Torre

Cabana, Darío Xohán

Edicións Xerais de Galicia, S. a.

Segundo as propias declaracións do autor: Eu decateime de que o meu era escribir sempre o mesmo libro, un libro composto de moitos libros que en verdade son só capítulos. Este " capítulo " é distinto dos outros en bastantes cousas. Por exemplo nas estratexias narrativas, no uso inevitable do presente histórico, na complexidade dunha narración que pretendín disimular baixo unh...

20,50 €