Saltar al contenido principal
Un Curso con Carlos Oroza

Un Curso con Carlos Oroza

Fernandez Domonte, Fernando A.

Durante os anos da súa vida bohemia en Madrid, o gran poeta oral Carlos Oroza (Viveiro, 1923û Vigo, 2015) compartiu piso por uns meses con Fernando A. Fernández Domonte, quen a través dos dez breves, divertidos e reveladores relatos que conforman este libro, nos achega ao particular xeito que o poeta tiña de encarar a vida; ao seu proverbial carácter rebelde e contraditorio, de...

Editorial:
Editorial Elvira. Mundo Detrás Do Marco S. l.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-127382-7-8
Páxinas:
87
Encadernación:
Rústica
14,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

Durante os anos da súa vida bohemia en Madrid, o gran poeta oral Carlos Oroza (Viveiro, 1923û Vigo, 2015) compartiu piso por uns meses con Fernando A. Fernández Domonte, quen a través dos dez breves, divertidos e reveladores relatos que conforman este libro, nos achega ao particular xeito que o poeta tiña de encarar a vida; ao seu proverbial carácter rebelde e contraditorio, desapego polas cousas materiais e provocativo sentido do humor. O aspecto máis humano de Carlos Oroza, por veces soberbio, por veces humilde e desvalido, sempre hipercrítico e descoidado, preguiceiro no día a dia, pero temperamental e preocupado cando se trataba de subirse a un escenario, queda reflectido nestas páxinas, nas que tamén se descobren algunhas das lideiras máis íntimas e cotiás do poeta.

Artículos relacionados

Comerás Flores

Comerás Flores

Solla Sobral, Lucía

Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrirá que unha casa pode gardar dentro de si un inferno. O debú de Lucía Solla Sobral gaña público e admiración día tras día pola súa gran capacidade de relatar unha situación moi ...

19,95 €

Maña, Cando Sexamos Luns

Maña, Cando Sexamos Luns

Nuñez, Xaquin

Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendi...

19,50 €

Ocaso e Fascinación

Ocaso e Fascinación

Baltasar, Eva

A protagonista desta novela está a piques de perder a casa. Está a piques de perder o traballo. Está a piques de perder a súa dignidade como ser humano e a esperanza. Pero a protagonista desta novela vaise resistir a claudicar. Eva Baltasar volve demostrar que a alta literatura pode ollar temas tan actuais coma a crise no acceso á vivenda e o abuso nas relacións laborais. ...

19,00 €

Que Quede entre nós

Que Quede entre nós

Pereira, Josefa Suárez

Ambientada na priemeira metade do século XX, Que quede entre nós é un relato cunha clara pegada poética uqe busca honrar e, dalgún xeito, resarcir o sufrimento de quen loitou nunha batalla allea. A historía entrelázase coas vivenvias de Pepa, nacida nas Edreiras (Concello de Zas), onde comeza o debullar dunha vida que, para min, merece ser contada. Mais serán as lectoras e...

13,00 €

Vidas para Lelas

Vidas para Lelas

Fernández, César Fernández

Neste libro de relatos, os seus personaxes teñen as súas vidas moi marcadas pola época que lles toca vivir e polo sorprendente e azaroso da mesma. Dende un varredor portuario até un concertista de guitarra, loitan por facerse un oco na escuridade dun sistema que sutilmente garda un sitio inamovíbel para cada un. ...

13,00 €

Conventículo

Conventículo

Moreda, , Eva

A Nena visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña. Lonxe de Lucián, a vila onde se criaron, ambas atoparán novos vínculos entre si e coas persoas e ambientes que van coñecendo. Unha obra de gran brillo literario na que Eva Moreda demostra os seus dotes para captar a esencia da lingua galega oral e a súa capacidade de innovación expresiva. ...

19,00 €

Outros libros do autor

Memorias de Cara B

Memorias de Cara B

Fernandez Domonte, Fernando A.

Nestas Memorias de Cara B reúnense vinte e cinco relatos, todos baseados en feitos reais, contados en primeira persoa por quen os viviu, ben como protagonista, actor secundario ou mera testemuña. Non se narran neles sucesos transcendentes, senón vivencias curiosas —cotiás ou sobrevidas— que lle poderían pasar a calquera. Pero o autor enxéñase para, dalgún xeito, converter en ca...

24,00 €

Contos Da Beiramar

Contos Da Beiramar

Fernandez Domonte, Fernando A.

19,80 €