Saltar al contenido principal
Triquiñons

Triquiñons

Ruibal Argibay, Jose

No centenario do nacemento de José Ruibal, recupérase a obra narrativa que en galego escribe un autor que, desde un teatro en acción simbolista contra o franquismo, sería recoñecido internacionalmente no último terzo do século XX. Rematada en 1956, o orixinal de Triquiñóns sufriu de diversas vicisitudes que frustraron a súa publicación por causa dunha censura que tamén persegui...

Editorial:
Editorial Galaxia, S. a.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-500-8
Páxinas:
220
Colección:
Literaria
20,50 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Sinopse

No centenario do nacemento de José Ruibal, recupérase a obra narrativa que en galego escribe un autor que, desde un teatro en acción simbolista contra o franquismo, sería recoñecido internacionalmente no último terzo do século XX.
Rematada en 1956, o orixinal de Triquiñóns sufriu de diversas vicisitudes que frustraron a súa publicación por causa dunha censura que tamén perseguiu a súa dramaturxia. Por medio de varias historias que se cruzan nos peores día do 36, ambiéntase nunha retagarda bélica dunha indefinida parroquia que agacha o seu Xeve natal, onde unha serie de personaxes son tristes protagonistas da utilización dun terror que racha cos equilibrios dunha sociedade que queda inmersa no sufrimento.
Nestas narracións percórrense realidades que van desde a negación da lingua galega, a presenza imperativa da relixión, a leva obrigatoria, o traballo forzado ata o abuso e explotación das mulleres. Obra que, de publicarse no seu tempo, convertería a Ruibal nun pioneiro na temática da Guerra Civil na nosa literatura.

Información de seguridad

  • Cargando la información ...

Artículos relacionados

Arxentina Inmensa

Arxentina Inmensa

Alcalá, Xavier

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca...

31,00 €

Os Tres Nomes Da Sartegua

Os Tres Nomes Da Sartegua

Mancebo, Alberto

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un f...

19,95 €

Buscando a Dalia

Buscando a Dalia

Fernandez, Miguel Anxo

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) é doutor en Comunicación Audiovisual, profesor na Universidade de Vigo, investigador e teórico cinematográfico. Exerce a crítica de cinema e televisión en La Voz de Galicia e está vinculado, desde finais dos anos setenta, ao desenvolvemento do audiovisual galego, polo que recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o Premio de Honra F...

21,50 €

O Elixido

O Elixido

Perreault, Catherine

Isabelle vive co seu fillo Éli, o elixido, un neno con trastorno do espectro autista severo que apenas pode comunicarse e que terá que vivir nun centro. A súa nai esconxura a rabia e a pena pola separación cunha narración arrebatada, luminosa e violenta que transmite, pura e poderosa, toda a forza dun amor incondicional. Primeira novela de Catherine Perreault, un éxito de críti...

19,00 €

O Derradeiro Gimlet

O Derradeiro Gimlet

Ameixeiras, Diego

Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, men...

18,50 €

Nós, os Tolos

Nós, os Tolos

Castelo Martínez, Tania

«Nós, os tolos» narra en primeira persoa o día a día de Marta, terapeuta ocupacional nun equipo de saúde mental comunitaria que percorre o rural galego atendendo persoas con trastornos mentais graves. A través de historias como as de Berta, Modesto, Uxía, Aldara, Anxo, Samuel, Milagres ou Darío, a obra mostra vidas marcadas pola dor, o estigma e o illamento, pero tamén pola te...

15,50 €