TRES EN RAIA

TRES EN RAIA

MARTÍNEZ OCA, XOSÉ MANUEL

16,70 €
IVE incluído
En breve
Editorial:
BAÍA EDICIÓNS
Ano de edición:
2022
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9995-385-4
Páxinas:
266
Encadernación:
Rústica
Colección:
BAIA NARRATIVA

Tres en raia é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro.
A enfermidade de Guillerme propicia, despois de décadas de separación, o reencontro con Antonio e Gabriel e o punto de partida para coñecermos a historia da súa amizade nun Ourense, convertido aos nosos ollos, máis que nun mero espazo físico onde dan os seus primeiros pasos iniciáticos para a vida adulta, nun auténtico personaxe que evoluciona e se deteriora (coma eles), até o momento da súa separación definitiva a raíz do falecemento inesperado en Compostela de María, auténtico punto de unión (o taboleiro do xogo) dos tres amigos.
É o relato dun tempo feliz en Ourense, de aprendizaxe á vida, de lecturas en común que permanecen no seu recordo e que co tempo se relacionan cos seus particulares devires existenciais. Tamén un relato dunha evolución vital na que a insatisfacción, marcada por unha culpa que, como un crime, non chegan a esquecer nin a resolver, vai ser o resultado das súas particulares condenas.

Artículos relacionados

  • O NADADOR
    CHEEVER, JOHN
    En stock

    22,00 €

  • HISTORIAS DE BARBANTIA
    Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da “intelixencia natural” da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades “arredor de nós” ao longo do ano. E vai para vinte. Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír...
    En stock

    17,50 €

  • AMANTE EXPRESIONISTA, O
    MENE, ALEX
    O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, A China, O Xapón, Suíza e O Canadá. O libro constitúe unha reflexión sobre a paternidade desde dous puntos de vista: a do pai e a do fillo. O amant...
    En stock

    17,50 €

  • PEL DE CORDEIRO
    COSTAS, LEDICIA
    Catarina pertence a unha estirpe de bruxas. Herda da súa avoa o oficio e afonda nos segredos das plantas medicinais. Críase nunha consulta demencial, onde acoden enfermos con todo tipo de doenzas. Nos últimos anos da Inquisición, no medio da fame e a miseria, elas son o máis semellante a un doutor que existe en Merlo, pero cunha diferenza: son necesarias pero tamén odiada...
    En breve

    19,50 €

  • MAMÁ, SORRÍ SEMPRE
    ANA CELA NEIRA
    O contido nestas páxinas son pasaxes da historia persoal da xornalista Ana Cela. Experiencias propias para falar con propiedade da ansiedade e da depresión. Para iso, hai que estar mergullado nese pozo, todo o demais son teorías e opinións que, en esencia, non serven para nada. Primeiro, porque tenden a ridiculizar e subestimar estas doenzas da alma e, segundo, porque un no...
    En stock

    14,00 €

  • NARRATIVA REUNIDA 1991-2001
    VILLALTA, LUISA
    Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). Estas tres obras, fulcrais na construción da personalidade intelectual e creativa de Luísa Villalta, son unha mostra do seu compromiso coa escrita e a sociedade que lle tocou vivir, onde, como ela dixo, “as...
    En stock

    21,90 €

Outros libros do autor

  • COMO PAXARO CAÍDO NO NIÑO
    MARTÍNEZ OCA, XOSE MANUEL
    Como consecuencia da morte de súa nai, a protagonista vese inmersa nunha inesperada loita interior que a leva, sen querelo, a analizar a súa vida, a relación coa nai e o anhelo do pai.Nesta novela saen á luz as contradicións que calquera muller pode chegar a ter a respecto das relacións de poder entre xéneros, contradicións que é necesario asumir para acadar a propia s...
    En breve

    12,15 €